jueves, 28 de enero de 2016

A EGAP publica o Plan de Formación 2016.


RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2016 pola que se publica o Plan de formación do persoal das administracións e entes públicos da Comunidade Autónoma, das entidades locais e da Administración de xustiza de Galicia, así como do persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas, para o ano 2016.
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016

viernes, 22 de enero de 2016

Os tres días de vacacións por cada período non lectivo de Semana Santa e Nadal no II Convenio Colectivo do PAS Laboral da Uvigo.



CCOO lembra que no art. 26 do vixente II Convenio Colectivo do PAS Laboral reflíctese o dereito a tres días de vacacións por cada período non lectivo de Semana Santa e Nadal. Na posterior modificacion do articulado do Convenio mantívose ese dereito e só despois das medidas excepcionais adoptadas pola Universidade ao amparo do Real Decreto Ley 20/2012 a Xerencia suprimiu 3 dias de vacacions.


CCOO, seguirá traballando na  procura da recuperacion deste dereito acadado para todo o PAS da Universidade logo de longas e arduas negociacións precedidas por una folga laboral de 56 dias.

Aprobación do plan de formación da EGAP para 2016.

Aprobado polo Consello Reitor da EGAP o plan ofrecerá aos empregados públicos, máis de 23.000 prazas formativas. Está prevista a convocatoria de 516 edicións formativas, un 12% máis ca no 2015, e 23.148 prazas, un 10% máis ca no 2015. A EGAP convocará 27 edicións formativas e 1700 prazas para o PAS das universidades galegas.

martes, 19 de enero de 2016

3º Aboamento parcial da paga extra decembro 2012

Como xa sabedes, conforme o disposto na Instrución da Xerencia de data 5 de xaneiro de 2016 sobre a recuperación da paga extraordinaria de decembro de 2012 deixada de percibir, segundo o previsto na lei de orzamentos de Galicia para o ano 2016 (D.O.G. 31/12/2015) as cantidades serán abonadas no primeiro trimestre do ano 2016

Presentacion do informe El sistema universitario español. Datos y Cifras. Curso 2014-2015.

O informe anual Datos y Cífras del Sistema Universitario Español conten información relevante referida á educación universitaria en España. Este informe aporta datos da actividade docente e investigadora das universidades e información relativa a os estudantes universitarios.
Inclúese tamén información relacionada co ámbito económico das universidades. Podense consultar os prezos públicos universitarios establecidos polas comunidades autónomas no último curso académico e as liquidacións orzamentarias das universidades públicas, ademáis dos indicadores máis relevantes relacionados con esta información. Asimesmo, podese coñecer información sobre as plantillas docentes e de persoal de administración das universidades, con referencia ao número, sexo, edade, nacionalidade, sexenios ou movilidade.
España e o terceiro país da OCDE que menos invirte en becas de universitarios.
Fonte: La Voz de Galicia

lunes, 18 de enero de 2016

Constitución do novo Comité de Empresa do PAS Laboral de Pontevedra.

Hoxe quedou constituído o novo Comité de Empresa do Pas Laboral de Pontevedra da Universidade de Vigo como resultado do proceso electoral do 10 de decembro. Acordouse a constitución do organo de representación e do cargos unipersoais do mesmo:

Presidente: Marcos Estévez Orge.
Vicepresidenta. Marisa Magaz Ledo.
Secretaria: Margarita Turnes Negreira.
Vicesecretario: Alfonso Bascoy Fernández.

Dende CCOO agradecemos axs compañeirxs que cesaron o seu traballo e adicación e quedamos ao dispor de todos vós para poder exercer con éxito a representación que nos confiastes en aras da consecución dos nosos obxectivos, que non son poucos. 

Grazas pola vosa confianza.



Convocatoria de reunión ordinaria para a constitución do novo Comité de Empresa do PAS Laboral de Pontevedra.

Hoxe   está prevista e convocada unha reunión Ordinaria do Comité de Empresa do PAS L. de Pontevedra para a constitución do novo Comité.
Ao longo da mañán coñeceremos os acordos acadados.

jueves, 14 de enero de 2016

Plan de Formación para o Persoal de Administración e Servizos da Universidade de Vigo. PLAN 2016

Nesta ligazón podes consultar o Plan de Formación para o persoal de Administración e Servizos da Uvigo para 2016 e aquí o cadro cos cursos previstos que se desenvolverán no presente ano. 

A xulgar polas vosas suxestións, botamos en falla a formación de cara ao futuro que procuran a Xerencia e os Organos de Representación. . Sen dúbida precisamos unha actualización na formación relativa a lexislación sobre emprego público, tipoloxía de empregados, comparación de marcos xurídicos e estatutos de persoal laboral / persoal funcionario, etc. Dado que a formación é financiada con cargo ás nosas retribucións e dada tamén a flexibilidade da xestión na formación, convidámosvos a que presentedes todas as suxestións de cursos para artellar algunha proposta neste sentido. 




viernes, 8 de enero de 2016

A Sala IV do Social do Tribunal Supremo estima o recurso contra a sentencia da Audiencia Nacional, que estableceu que os descansos por refrixerio non son horas ordinarias.




 O fallo apunta que ao traballador que non disfrute de este descanso lle corresponde, ademáis da retribución ordinaria incorporada ao soldo mensual por ter la pausa do bocadillo consideración de tiempo efectivo de traballo, unha retribución complementaria, pero que non é xornada extra.

martes, 5 de enero de 2016

Orzamento 2016 ¿boas novas para o Pas-Laboral?


O Consello de Goberno aproba un orzamento de 160,6 millóns de euros para 2016.

Na derradeira sesión do ano, o Consello de Goberno aprovou un orzamento de 160,6 millóns de euros. 

O vicerreitor destacou o “importantísimo incremento” que se rexistra no capítulo de persoal, que aumenta un 6,5%, pasando dos 89, 1 millóns de 2015 aos 95 millóns de 2016. Tras lembrar que “estamos preto do 60% en gasto de persoal o que nos achega ao límite”, José Manuel García destacou que “fomos a única universidade do SUG que aumentou este capítulo, porque apostamos polo capital humano, o emprego público e a defensa da carreira dos nosos empregados e empregadas”. 

Agardamos que esta aposta pola defensa do capital humano se traduza na negociación dunha RPT para o PAS acorde con estas manifestacións e libre de recortes e modificacións arbitrarias das condicións de traballo do colectivo de traballadorxs. 

Neste senso queremos interpretar as verbas de José Manuel García, que sinala que a negociación da nova RPT “deberá dar resposta ás novas necesidades de organización da Universidade e tamén afrontar os retos de futuro”, ao tempo que destacou que o novo marco debe dar acubillo ao proceso de funcionarización que está en marcha.