martes, 3 de noviembre de 2015

Once carreiras con menos de 10 alumnos. Malia as múltiples reformas na universidade, este curso hai grados con dous ou tres estudantes, como Xeomática ou Ciencias da Linguaxe.


Fonte: La Voz de Galicia
   Por desgraza, este titular é xa un clásico na nosa hemeroteca. 

   O profesorado e colectivo de traballadorxs da Universidade de Vigo xa estamos afeitos a comezos de curso cos desacougantes datos da minguante matrícula. 

   Pero o máis alarmante é a falta de alarma precisamente entre a comunidade universitaria.

   Esta apatía, por unha beira, semella, a consecuencia lóxica dunha deliberada pose de estar por riba da cuestión. 
    
Unha inercia consustancial ao estadio de decadencia propia de rexímenes e institucións que se achegan ao final da dúa existencia sen que ninguén advirta absolutamente nada.  É coma se malia todo este ruxe-ruxe mediático tivésemos a absoluta certeza de que, como diría Woody Allen, a cousa funciona. Todo ten moito que ver coa confusión do estado líquido das cousas en xeral, sen dúbida. Dese contino disimular que se fan cousas, dese facer que pareza que..de xeito que rematamos por seguir todo de frente no cruce, pérdese moito tempo ollando se veñen outros pola dereita ou se se interpón un xabarín no noso cammiño. Confiemos en que haxa xente esperta na Akademia que se faga e nos faga as preguntas imprescindíbeis. ¿por qué estan baleiros tantos asentos nas nosa aulas malia tanta reforma como se fixo nos últmos anos? ¿para qué tanta  leria coa calidade, a certificación, a avaliación, e os procesos que non fan moito máis que agobiar con infinitos formularios a docentes que tiñan que estar a investigar e preparar convenientemente as súas clases?. Facerse preguntas pode que non sexa políticamente correcto, pero esto non debería importarnos, non somos unha organización política ¿ou si?