viernes, 26 de febrero de 2016

Escolas infantis na Uvigo. Qué foi do proxecto de gardaría do Campus de Vigo?.


O 16 de febreiro de 2016 faise pública a listaxe definitiva para a actualización das listas de agarda da Escola infantil do Campus de Ourense para o curso 2015-16 e no DUVI de 26 de febreiro informase da apertura do prazo de prescripción para a Escola infantil do Campus de Pontevedra  de solicitudes de novas prazas e de renovación  ata o 26 de marzo de 2016 tanto para os integrantes da comunidade universitaria como para a ciudadanía de Pontevedra. Son boas novas.
CCOO  lembra o Capítulo XI do vixente convenio colectivo sobre conciliación onde no artígo 45 sinalase como   "A Universidade de Vigo asume o compromiso da posta en marcha de servizos de gardaría, en cada un dos tres campus, para todo o persoal da Universidade de Vigo"
Houbo un tempo no que universidade  tiña en mente para o seu Campus de Vigo (en Miralles) un proxecto que contemplaba o servizo de gardaría,  pero a realidade é que a idea do equipo reitoral diluiuse perante outras prioridades. Descoñecemos qué foi do proxecto de gardería do Campus de Vigo ou por qué o persoal do campus de Vigo non pode disfrutar de esta mellora social que xa teñen en Ourense e Pontevedra. Sería de xustiza poder contar coas mesmas estructuras e servizos nos campus de Vigo. ¿É cuestión de falta de cartos ou falla de interese ?

jueves, 25 de febrero de 2016

CCOO solicitou o cumprimento da sentenza do T.S. de Xustiza sobre a gratuidade de matrícula.

A sentenza sobre a gratuidade de matrícula para o PAS  da Uvigo recoñecida no Convenio Colectivo está vixente. Logo da publicación da recente sentenza de 4 de Febreiro de 2016, CCOO considera e solicita que a Universidade aplique e subsane de oficio os prexuizos ocasionados pola restrictiva resolución reitoral de 28 de maio de 2015.
A Universidade de Vigo ven de publicar unha nova Resolución reitoral notificando as modificacións da anterior convocatoria para o curso 2015/2016 e establecendo novos prazos. Compre pois revisar os cambios e felicitar a Universidade pola dilixencia na aplicación da sentenza.

miércoles, 24 de febrero de 2016

Comunicado da Xunta de PDI Funcionaria da UVIGO

A Xunta de PDI Funcionario da Universidade de Vigo, reunida en sesión ordinaria o día 23 de febreiro de 2016 acordóu por unanimidade difundir entre a comunidade universitaria un comunicado sobre a aprobación no Consello de Goberno das normativas de dedicación do profesorado e a de recoñecementos de actividades do PDI.

Ver Comunicado

lunes, 22 de febrero de 2016

Agradecementos pola iniciativa lexislativa popular a prol dunha renta mínima.

A actual situación social e económica esixe por en marcha un novo sistema de protección dirixido, de maneira especial, as persoas afectadas máis directamente pola crise e que non atopan traballo, vense en risco de pobreza e carecen de rentas. A petición dunha lexislación de renta mínima  era o cometido da mesa de CCOO na Facultade de Económicas da nosa Universidade.
Grazas a todas as persoas que prestaron o seu apoio, solicitaron información e amosaron un grande interese pola iniciativa.

Gratuidade de matrícula segundo o Convenio Colectivo.O TSXG estima a demanda interposta contra a UVigo polo Comité de Empresa de Pontevedra.

Logo das actuacións feitas polo Comité de Empresa PAS Laboral de Pontevedra contra a Universidade de Vigo e a Resolución Reitoral de 28 de maio de 2015 (pola que se convocan axudas e subvencións para o persoal das universidades públicas galegas para a matrícula en estudios oficiais na Universidade de Vigo no curso académico 2015/2016), tivemos que acudir á Xustiza. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de estimar a demanda interposta contra da Universidade de Vigo. No fondo tratabase de  evitar un novo recorte dos nosos dereitos sociais. Neste caso no artigo 55 do noso convenio:

"Artigo 55º.-Medidas.  Sen prexuízo das medidas que se desenvolvan, manterase a efectividade das seguintes:

1. Ensino universitario. A universidade habilitará os medios para conseguir que a matrícula nos centros sexa gratuíta para os traballadores activos e xubilados, para os seus cónxuxes ou persoas coas que convivan maritalmente, para fillos ao seu cargo, e así mesmo para os/as seus/súas viúvos/as e orfos/as.

a) Nos centros universitarios dependentes da Universidade de Vigo.

b) Nas universidades públicas do Estado cando a titulación non exista na Universidade de Vigo, de asinarse o pertinente convenio de reciprocidade."

Tendo en conta que a sentenza admite recurso de casación  a pregunta sería ¿e agora que?

jueves, 11 de febrero de 2016

"A funcionarizacion do Persoal Laboral na Universidade de Vigo. Estudo e análise dos procesos de negociación".

 Francisco Llera
(Responsable de CCOO da Universidad de Extremadura)
 compartirá connosco as súas experiencias e coñecementos aplicados á situación da nosa Universidade.  
Xoves 18 de febreiro de 2016 
as 10:30 h.  
no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución
Organizado pola Sección CCOO Universidade de Vigo.
      Sigue o evento en directo e participa a través 
  Será un pracer contar coa vosa presenza e participación.
MOITAS GRAZAS

PROPOSTA XERENCIAL RPT LABORAL 2015 E ACTA Nº 3 DA COMISIÓN DE FUNCIONARIZACION

Logo de facerse pública a proposta de RPT 2015 do PAS Funcionario o Comité do PAS L.de Pontevedra informa da publicación da proposta xerencial de RPT para o PAS Laboral 2015.
Lembrarvos que, como ben sabedes, a Comisión de Estudo da Funcionarización do PAS L. sigue a traballar,en paralelo,no proceso de funcionarización tal e como se reflicte na súa  Acta nº 3.

miércoles, 10 de febrero de 2016

Normativas de dedicación docente e recoñecementos 2016/2017.

 Ante a presentación para a súa aprobación no Consello de Goberno das normativas de dedicación do profesorado e de recoñecementos 2016/2017, a sección sindical de CCOO informa ao PDI da súa postura, solicita que se retiren as propostas de normativas e que se abra un proceso negociador de boa fe. Preme AQUI

Hoxe foron presentadas por rexistro da Universidade as propostas da sección sindical de CCOO- Universidade de Vigo o Sindicato de Ensino de Traballadores de Galicia (STEG) e a Asociación de Profesorado Asociado de la Universidad de Vigo.



Sobre a problemática da conciliación  laboral 



En Galicia oito de cada 10 persoas que traballan recurren á familia para conciliar. (Fonte: La Voz)

O catedrático de Dereito Laboral da UVigo Jaime Cabeza fala sobre a situación da muller e a conciliación laboral sinalando como as mulleres sufren unha discriminación laboral por estereotipo. 

Todos sabemos que non se precisa ter fillos para ter necesidade de conciliar (Fonte: El País) e que, aínda que se está avanzando, a importancia que se lle da  a estos temas non se reflicte na vida real (Fonte: El País).
Sería pois moi interesante coñecer os datos de uso da figura da conciliación na Universidade de Vigo.

lunes, 8 de febrero de 2016

FIDE ET DIFFIDE. Fíate e desconfía.



No curso de calquera negociación, o coñecemento dos obxectivos das partes resulta imprescindible para poder acadar acordos satisfactorios. No proceso, non fiarse pode soar a recelo mais facelo en demasía podería achegarnos á imprudencia. A dúbida  e a razón -guiada pola prudencia- poden obrar resultados excelentes. Información e claridade son necesarias para unha boa toma de decisión.
No emblema ilustrativo as mans que se xuntan teñen dedos cheos de ollos atentos e vixiantes.
.

jueves, 4 de febrero de 2016

PROCESOS DE FUNCIONARIZACIÓN.CONFERENCIA DE JOSÉ FRANCISCO LLERA DA UNIVERSIDADE DE EXTREMADURA.

Ante as negociacións de funcionarización do PAS Laboral da nosa Universidade a Sección Sindical de CCOO na Universidade de Vigo considera de moito interese para todo o PAS da UVigo ter a oportunidade de contar coa experiencia e información sobre procesos similares noutras universidades públicas. Nesta ocasión José Francisco Llera, responsable da Sección de CCOO na Universidade de Extremadura compartirá connosco a súa  experiencia negociadora en procesos de funcionarización.
En breve informaremos do día,  lugar e hora  da conferencia.



miércoles, 3 de febrero de 2016

Recollida de sinaturas a prol dunha iniciativa lexislativa popular que lexisle unha renta minima.

O vindeiro xoves (11-02-2016) CCOO instalará unha mesa de recollida de sinaturas na Facultade de Económicas do Campus de Lagoas Marcosende da Universidade de Vigo a favor dun proxecto de ILP que pretende ser unha resposta a inadecuación do noso sistema de garantía de rentas para facer fronte ao aumento da pobreza causado pola crise.

Faise imprescindible, neste contexto, o reforzamento do actual sistema de protección social. E é tarefa do Estado intervir na economia para cambiar a distribución da renda e dar unha resposta urxente a todas as persoas que se encontran nesta situación de modo que non se vexan abocadas á pobreza e a exclusión social
     - A quen axudaría esta prestación de ingresos mínimos? A preto de 2,1 millons de persoas que queren pero non teñen acceso a un posto de traballo e aos que os actuais instrumentos de protección non dan resposta.
    - En canto se establece a cuantía? Sería o 80% do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples, 426€ mensuais.
    - Canto duraría a prestación? Mentres persistas as condicións que dan acceso á prestación e se cumplan as conduccións e obligacións as que está suxeita (económicas e de formación).
    - Cómo se financiaría a prestación? Esta renda configuraríase como un dereito subxetivo, e non formaría parte do nivel contributivo da Seguridade Social.
A financiación debería garantirse vía impostos a través dos presupostos xerais do Estado, e o presuposto anual sería ao redor dos 11.000 Millóns, ao redor do 1% do PIB.
    - Cómo se financiaría esta prestación? Esta renta se configuraría como un derecho subjetivo, por lo que formaría parte del nivel no contributivo de la Seguridad Social. La financiación debería garantizarse vía impuestos a través de los Presupuestos Generales del Estado (dependería por tanto de la Administración General del Estado y no sustituye a las ayudas de las Comunidades Autónomas). El presupuesto anual necesario serían unos 11.000 millones, el 1% del PIB.
    - É compatible con outras rendas? É incompatible coas prestacións contributivas e non contributivas do sistema de Seguridade Social, pero sí o é co resto de rendas sempre que sexan inferiores ao 75% do SMI.