miércoles, 21 de noviembre de 2018

Crise dos dereitos laborais e novos riscos emerxentes.

Non cabe dúbida de que todas as persoas que dependemos do mercado laboral, é dicir, todas e todos, estamos a vivir unha especie de desacougo constante debido ás inseguridades coas que obrigatoriamente nos enfrentamos de cotío. As relacións sociais e laborais vense sometidas a unha inestabilidade para a que aquel apelativo de líquido acuñado por Z.Bauman semella acaerlle curto. A tecnoloxía deixa de ser un conxunto de ferramentas facilitadoras de rutinas diarias para converterse nun fenómeno absolutamente incontestable que configura un contexto no que o "tecnoservilismo" ten consecuencias de absoluta incidencia na saúde mental de toda a poboación, especialmente na traballadora. Esta nova situación debemos de sometela a análise e reflexión si queremos estar preparados para afrontar cun mínimo éxito os retos cada vez máis estraños aos que nos somete o novo mercado de traballo. As premisas das actuais políticas de riscos laborais terán que ser revisadas para poder axudar a configurar un mundo laboral máis saludable e seguro. A dilución do traballo e a debilidade da reacción do dereito do traballo, o dumping social, o non emprego, son parte dunha nova realidade que non está lonxe, é cicais o contexto no que traballamos a diario.  

Lectura recomendada: Lafuente Pastor, Vicente Pedro. El cambio de paragidma tencoeconómico y los nuevos escenarios profesionales. Crisis de los derechos laborales y nuevos riesgos emergentes. Accede al texto completo del artículo