jueves, 22 de febrero de 2018

O Xulgado do Contencioso de Vigo ven de recoñecer o dereito á indemnización ás funcionarias interinas da Universidade de Vigo

O xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Vigo acaba de recoñecer nas súas sentenzas do pasado 14 de decembro o dereito de varias funcionarias da Universidade de Vigo cesadas, a percibir unha indemnización equivalente a 20 días por ano traballado.

   Estas sentenzas supoñen un chanzo máis no percorrido a partir da aplicación da doutrina do Tribunal de Xustiza da Unión Europea. Tamén o Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Vigo, o pasado 8 de xaneiro ten recoñecidos outros dous casos semellantes aínda que falta a sentenza firme. 

   Todas estas personas tiñan sino nomeadas funcionarias interinas para a realización de tarefas de xeito temporal, pero os seus contratos foran prorrogados de xeito continuado polo que doadamente se deduciu que eran contratos en fraude de lei, ao seren contratadas persoas de xeito temporal para necesidades de carácter estructural. É dicir, que mediante estas contratacións precarizouse de xeito continuado a un número importante de traballadoras que, de socato, viron ademais finalizada a súa relación laboral de xeito totalmente arbitrario, sen que se articulasen políticas activas de estabilización do emprego por parte da Universidade. Dende este sindicato, consideramos abusivas estas prácticas na contratación que non só afectan ás persoas directamente cesadas, senón que introducen moita desconfianza na propia institución. As necesidades estructurais na Universidade débense cubrir con emprego de calidade, é dicir, con emprego estable e non suxeito ás arbitrariedades das decisións do xerente de recursos humanos de turno. A Universidade de Vigo, como institución pública e financiada a cargo de orzamentos públicos debe conformar Ofertas de Emprego de calidade e ser exemplo de creación de emprego e non de recortes e prácticas que como agora vemos, son doadamente sancionadas polos tribunais como fraudes de lei. Hai que ter en conta, ademáis, que estas sentenzas refírense só a casos en que os despidos foron axustados a dereito, é dicir, que recoñecen o dereito a unha indemnizacion equivalente ao cese obxectivo no posto de traballo derivada do uso abusivo de encadeamento de contratos, pero queda por ver se hai casos, como intuimos, de despidos improcedentes. Queremos lembrar que na cuestión do cese non axustado a dereito, tense solicitado novamente cuestión prexudicial ao Tribunal da Unión Europea dende o Tribunal Supremo, para que se pronuncie con máis claridade ao respecto. Máis alá desta argumentación, unha das conclusións a destacar das sentenzas estimatorias do Xulgado do Contencioso de VIgo (tendo en conta as circunstancias de cada caso) é que sostén que a Sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea de setembro de 2016 veu a equiparar o dereito dxs funcionarixs interinxs ao do resto dxs traballadorxs tras a finalizacón do seu contrato. 

Fonte: Reconocimiento de indemnización por cese a funcionarios interinos de la Universidad de Vigo. Doctrina del JUE relativa a la Directiva 99/70/CE 

jueves, 8 de febrero de 2018

Predoctorais, o límite nas horas de colaboración docente.

Fonte: Norma Comics
Procura AQUÍ o libro na Biblioteca da Universidade de Vigo




Algunhas asembleas de predoctorais defenderon o pasado ano que a colaboracón docente tivera un máximo de 180 horas no total do contrato, pero ante a aparición dun novo límite (240 horas) nas FPU/2017 outros colectivos predoctorais teñen reivindicado igualarse. 


Dende CCOO queremos coñecer a opinión do noso colectivo propio polo que pedimos colaboración na difusión desta enquisa de cara á negociación do Estatuto do Persoal Investigador en Formación (EPIF)  coa Secretaría de Estado (I+D+i (SEIDI)