miércoles, 20 de marzo de 2019

Charla informativa: As oposicións ao ensino público




Un ano máis a sección sindical CCOO ensino, para axudar ao colectivo de aspirantes ás prazas de ensino, organiza unhas xornadas nas que se informará sobre todo o proceso de oposicións e no que poderedes plantexar todas as dúbidas sobre a cuestión. Agardamos que sexa do voso interese.




martes, 11 de diciembre de 2018

A matanza de Atocha. Recursos de información.

Por Ana M. Bande Bande

O rapaz con cara de anxo que ven na foto é o asasino dos avogados laboralistas de Atocha, de cuxa detención, corenta anos despois daquela matanza, informan estes días nos medios. As persoas que vivimos aqueles feitos de mozas ou nenas, sofrimos hox case a mesma sensación de estarrecemento ante uns feitos aos que non dabamos creto e cuxa barbarie só estaba á altura do silencio que se erguía ao seu redor. Naqueles anos, a pouca idade e a aínda máis escasa liberdade de pais e profesores non permitían comprender nin inocular case unha idea de verdade e xustiza pola que transitar cunha seguridade mínima no carreiro da democracia que se achegaba. A persistencia do esquecemento e o anacronismo destes desenlaces tardíos producen tamén sensacións semellantes as daquelas raras imaxes en branco e negro que tan ben reflectiron o sangue que enchoupou aquel despacho e aqueles anos. Non tranquiliza nada percibir que o ambiente non se teña ventilado a fondo con debates rigorosos, calmos e definitivos sobre o tema. Que a democracia non está consolidada é algo do que non se quere nin escoitar falar, mais o silencio só poder servir para seguir camiñando coa inseguridade do que ten que rendir contas nun examen para o que non estudou abondo. Ver a un daqueles asasinos a carón de Blas Piñar, aquela sinistra personaxe que tan libremento botaba man do megáfono nos iniciáticos anos da democracia, non é pouca cousa. Torturadores y criminais daquela época seguen paseándose tranquilamente polas nosas rúas -o cal podía ser síntoma dun altísimo grado de afianzamento democrático- e disfrutando de festas financiadas con diñeiro público porque así figuran en invitacións insititucionais. Tampouco é pouca cousa observar a resistencia a falar con normalidade dun pasado histórico tan vergoñento como daniño para a saúde da nosa  convivencia. Faltan datos por todas partes, mírese por onde se mire, lease por onde se lea ou se investigue por onde se poida (a estas alturas a meirande parte dos datos obxectivos teñen desaparecido dos nosos expurgados arquivos). Falta moitísima investigación. Afortunadamente hai algunhas aportacións interesantes. Aínda menos mal que daquela había periodistas como Rosa Montero que se xogaron a pluma e moito máis facendo reportaxes que sentaron verdades por telo feito en negro sobre branco na letra impresa da prensa, ¡madia leva!,  moito máis durareira como testemuña histórica que os solemnes documentos que tiñan a obriga de conservar as nosas institucións públicas. Esta recompilación de recursos que presentamos a continuación só pretende ser un achegamento a unha tarefa de investigación que se nos antolla moi cativa. É a nosa humilde homenaxe ás persoas que sofriron un magnicidio que só entendemos, desgraciadamente entre liñas. Ás veces, só dende a ficción nos decatamos onde se pode agochar a verdade, porque o silencio impón sempre duras condicións aos medios de comunicacion. Para saber da guerra fría e das complexísimas redes de violencia que desembocaron en accións como a matanza de Atocha, tiven que ler ficción. Novelas como Operación Dulce de I. McIwan, por exemplo.  Seguramente Benjamín Prado, también o fai coa súa Operación Gladio. Vouno ver. A guerra fría é un fenómeno que en España segue sendo moi poudo estudado. Con estas detencións tan tardías podemos empezar a imaxinar as causas. A transición só foi pacífica a costa de demasiado silencio, ese foi o precio. Pero para que non se enreden os brazos da hidra temos que separalos ben e contalos antes, e logo cortalos coa rigorosa serenidade da valentía da palabra. 

     Blas Piñar e Carlos García Juliá. Fotografía © Diario 16     Blog de Roberto Cerecedo















BLOGS

LIBROS

Ruiz-Huerta Carbonell, AlejandroLa memoria incómoda, Los abogados de Atocha. PDF

Reverte, Jorge M., Martínez Reverte, Isabel. La matanza de Atocha.

PELÍCULAS: J. Bardem. 7 Días de Enero., 1977Reseña 



AUDIOS: Documentos RNE-El atentado de los abogados de Atocha emitido el 21 de enero de 2017.  DESCARGA EL AUDIO

NOVELAS: Atocha 1977. Silvestre García. Reseña.

TESIS DOCTORAIS:  Gallego López, ManuelLa dinamización de la Transición política española a través del asesinato de los abogados de Atocha . 2016. Universidad Nacional de Educación a Distancia. Tesis publicada a texto completo en el Repositorio Institucional de la UNED. PDF


TRABALLO FIN DE GRAO: Guilló Ruiz, Juan Carlos. Violencia política y opinión pública en la transición: el caso de la "matanza de Atocha". PDF

RESUMEN El presente estudio pretende aportar una nueva visión sobre la transición española y la violencia política desencadenada durante ese período. Se centra en el atentado a los abogados de Atocha y la transmisión y construcción del suceso a la opinión pública desde tres medios de prensa: ABC, El País y La Vanguardia, con el fin de analizar, por un lado, las diferencias en el tratamiento y difusión de la información, y por otro, conocer el contexto político y social del período, y cuestionar, o al menos matizar, determinados mitos o visiones poco realistas que se tienen en la actualidad sobre ese período. Para ello se emplearán fuentes bibliográficas a fin de reconstruir el contexto político y social, y proporcionar un marco teórico en el que insertar posteriormente las conclusiones derivadas del análisis del tratamiento de las fuentes primarias. Palabras clave: transición; violencia política; prensa; Matanza de Atocha. Fuente: Localizado a través del Buscador de Repositorios RECOLECTA.

ARTIGOS 

Martínez Reverte, I. Fué un fusilamiento en toda regla. El siglo de Europa, núm.1143, pp.50-52.


Cinco muertos y cuatro heridos muy graves fue el balance del atentado terrorista contra un despacho de abogados laboralistas en el número 55 de la calle Atocha de Madrid, el 24 de enero de 1977, perpetrado por un comando de extrema derecha. Los hermanos Jorge e Isabel Martínez Reverte recrean lo que sucedió en La matanza de Atocha. El asesinato de los abogados laboralistas que conmocionó a la España de la Transición (La Esfera de los Libros). El abogado José María Mohedano facilitó una copia del sumario del proceso a Jorge. En medio del trabajo de investigación y escritura, éste sufrió un ictus y su hermana se sumó al proyecto. Isabel, periodista que ha desarrollado su carrera profesional en los Servicios Informativos de Televisión Española, destaca que aquello fue una ejecución y que la democracia era imparable. TEXTO COMPLETO


Guilló Ruiz, JuanViolencia política y opinión pública en la transición: el caso de la "matanza de Atocha". Convergencia y transversalidad en humanidades. Actas de las VII Jornadas de Investigación de la Facultad de Filosofía y Letras de la Universidad de Alicante. 2018, pp. 281-286. TEXTO COMPLETO.

Resumen. El presente estudio pretende aportar una nueva visión sobre la transición española y la violencia política desencadenada durante ese período. Se centra en el atentado a los abogados de Atocha y la transmisión y construcción del suceso a la opinión pública desde tres medios de prensa: ABC, El País y La Vanguardia, con el fin de analizar, por un lado, las diferencias en el tratamiento y difusión de la información, y por otro, conocer el contexto político y social del período, y cuestionar, o al menos matizar, determinados mitos o visiones poco realistas que se tienen en la actualidad sobre ese período. Para ello se emplearán fuentes bibliográficas a fin de reconstruir el contexto político y social, y proporcionar un marco teórico en el que insertar posteriormente las conclusiones derivadas del análisis del tratamiento de las fuentes primarias




Cavazzino, Valeria. La matanza de Atocha: el relato de un crimen entre periodismo y novela negra. Estudios sobre el mensaje periodístico, 2018, núm.24, pp. 105-120. TEXTO COMPLETO.

Resumen. En este estudio se quiere explorar la presencia de los elementos constitutivos del género negro en los textos que no pueden considerarse puramente literarios. El interés por esa tipología de escritos “híbridos”, que combinan las técnicas y las formas narrativas con los procedimientos más bien utilizados por el ámbito periodístico, se ha enfocado en el estudio de una serie de reportajes publicados por Rosa Montero en El País sobre el atentado de Atocha, ocurrido en 1977. Contribuye a la peculiaridad de los textos estudiados, la publicación del último capítulo de dicha serie de trabajos periodísticos, veintisiete años después de la aparición de las primeras tres partes. Se intentará, por lo tanto, demostrar como este aspecto aparentemente relacionado con la dimensión extratextual, afecte, más bien, a la naturaleza intrínseca de los textos mismos, contribuyendo a la elaboración del estudio, centrado en los puntos de contacto entre las modalidades expositivas y creativas propias de la literatura en su encuentro con las constitutivas del lenguaje periodístico.

Glover, Helen. Atentado de Atocha: 25 años en el recuerdo. Iuris: Actualidad y práctica del derecho, 2002, núm. 59, pp.20-26.

Matanza de Atocha. El crimen que acleró la Transición. Cambio 16, núm. 1574, 2002, pp. 70-71

Cabreja de las Heras. La matanza de Atocha y la Semana Negra de la transición española. Historia del PCE: I Congreso, 1920-1977. Vol.2, 2007. pp. 399-412.


ALGUNHAS FONTES PARA O ESTUDO DO ATENTADO DE ATOCHA









REBIUN: Catálogo colectivo de las Bibliotecas Universitarias Españolas.




miércoles, 21 de noviembre de 2018

Crise dos dereitos laborais e novos riscos emerxentes.

Non cabe dúbida de que todas as persoas que dependemos do mercado laboral, é dicir, todas e todos, estamos a vivir unha especie de desacougo constante debido ás inseguridades coas que obrigatoriamente nos enfrentamos de cotío. As relacións sociais e laborais vense sometidas a unha inestabilidade para a que aquel apelativo de líquido acuñado por Z.Bauman semella acaerlle curto. A tecnoloxía deixa de ser un conxunto de ferramentas facilitadoras de rutinas diarias para converterse nun fenómeno absolutamente incontestable que configura un contexto no que o "tecnoservilismo" ten consecuencias de absoluta incidencia na saúde mental de toda a poboación, especialmente na traballadora. Esta nova situación debemos de sometela a análise e reflexión si queremos estar preparados para afrontar cun mínimo éxito os retos cada vez máis estraños aos que nos somete o novo mercado de traballo. As premisas das actuais políticas de riscos laborais terán que ser revisadas para poder axudar a configurar un mundo laboral máis saludable e seguro. A dilución do traballo e a debilidade da reacción do dereito do traballo, o dumping social, o non emprego, son parte dunha nova realidade que non está lonxe, é cicais o contexto no que traballamos a diario.  

Lectura recomendada: Lafuente Pastor, Vicente Pedro. El cambio de paragidma tencoeconómico y los nuevos escenarios profesionales. Crisis de los derechos laborales y nuevos riesgos emergentes. Accede al texto completo del artículo 

miércoles, 19 de septiembre de 2018

Sentencia pioneira da Uvigo. Conversión de contrato temporal en indefinido non fixo

Juana Capdeville, bibliotecaria, asasinada o mesmo día
que Federico García Lorca.
Vimos de coñecer que a sentenza gañada pola compañeira Ludivina Rodríguez xa é firme. Dende CCOO-Uvigo alegrámonos de que na sentenza da súa demanda contra a universidade se lle recoñeza a condición de traballadora indefinida non fixa, co recoñecemento dos dereitos que este estatuto implica.



Dende aquí animamos ás traballadoras e traballadores que poidan estar en situacións semellantes, que reclamen esta modificación nos seus contratos, coa que sen dúbida acadarán unha situación moito máis estable no seu emprego. 




Felicitámonos tamén por sermos quen de facernos entender na nosa contorna laboral e propiciar que tanto as traballadoras como a Universidade entendan que o abuso da temporalidade é unha práctica nociva para todos. 




A legalidade na contratración ten que ser condición "sine qua non" nas relacións laborais.  



viernes, 7 de septiembre de 2018

Xornada de traballo: ¿que supón ser indefinido non fixo nas administracións públicas?

Maria Cerminóva (Toyen) 

Os abusos na contratación temporal nas administracións públicas afectaron tamén á nosa insitución, polo menos no pasado máis recente. A desobediencia na aplicación da Directiva Comunitaria que obrigaba a adoptar medidas para frear estas malas prácticas están a provocar sentenzas que obrigan á Administración a transformar en traballadoras indefinidas non fixas ás persoas que foron contratadas nestas condicións. A complexidade do tema por mor da enorme temporalidade que afecta ao noso país, e aos encontrados intereses entre diferentes actores redundan nunda ausencia de información que, coma sempre, afecta á parte máis débil: as traballadoras e traballadores. 

Na Universidade de Vigo tivemos, temos e teremos colectivos de traballadorxs interinxs e temporais que teñen que coñecer os seus dereitos.  Dende CCOO levamos tempo atentas a este tema. Próximamente terá lugar unha mesa de traballo / debate na que contaremos con persoas expertas na materia e na que poderemos presentar as nosas cuestións. As persoas intersadas en participar teñen que achegar un correo ao enderezo ccoo@uvigo.es no que consignen como asunto o texto "preinscripción na xornada sobre contratación temporal".

Para unha posta ao día achegámosvos o texto de Fabián Valero: "Que supone ser indefinido no fijo en las administraciones públicas" onde explica con claridade e rigor as principais liñas do tema.


¿Qué supone ser indefinido no fijo en las administraciones públicas?
Antes de dar respuesta a las dudas y preguntas más frecuentas sobre lo que supone el reconocimiento de la condición de indefinido no fijo es preciso, teniendo en cuenta la complejidad del asunto, realizar una introducción histórica sobre el origen y evolución de esta figura para poder entenderla en toda su extensión.
El personal indefinido no fijo nace en el año 1996 como creación jurisprudencial de la Sala de lo Social del Tribunal Supremo para salir al paso de los fraudes cometidos por  las Administraciones Públicas en la contratación del personal temporal. Desde el momento en que se creo esta figura ya se puso de manifiesto que, pese a su ilicitud, las irregularidades contractuales no pueden determinar la adquisición de la fijeza por el trabajador afectado, pues tal efecto resulta contrario a  los principios legales y constitucionales que garantizan el acceso al empleo público -tanto funcionarial, como laboral- en condiciones que se ajusten a los principios
de igualdad, mérito, capacidad y publicidad .
Con la entrada del nuevo milenio suceden varios acontecimientos que comienzan a romper las ataduras de la figura del indefinido no fijo, permitiendo su extensión a más supuestos y circunstancias de las inicialmente empleadas.
El primero es la  aprobación de la Directiva Comunitaria 1999/70/CE del Consejo, de 28 de junio de 1999, relativa al Acuerdo marco de la CES, la UNICE y el CEEP sobre el trabajo de duración determinada, resultando especialmente relevantes su clásula 4ª (principio de no discriminación) y su cláusula 5ª (medidas destinadas a evitar la utilización abusiva de los contratos temporales). La fecha límite para que esta Directiva se hubiese incorporado al ordenamiento jurídico interno de España era el 10 de julio de 2001, día a partir del cual cualquier ciudadano podía invocarla de forma directa ante los juzgados y tribunales. Resulta importante destacar que la cláusula 5ª obligaba a los estados miembros a adoptar todas o alguna de las tres medidas que indicaré a continuación para evitar el uso abusivo o sucesivo de contratos temporales:
a) Razones objetivas que justifiquen la renovación de tales contratos o relaciones laborales;
b) Fijación de una duración máxima total de los sucesivos contratos de trabajo o relaciones laborales de duración determinada;
c) Establecer el número máximo de renovaciones de tales contratos o relaciones laborales.
El segundo momento relevante de cara a la expansión de la figura del indefinido no fijo fue la aprobación y entrada en vigor de dos importantes normativas. De una parte la Ley 55/2003, de de 16 de diciembre, del Estatuto Marco del personal estatutario de los servicios de salud, y otra la Ley 7/2007, de 12 de abril, del Estatuto Básico del Empleado Público. Ambas disposiciones, la primera de ellas en el ámbito del personal estatutario y la segunda especialmente en el ámbito del personal funcionario, proceden a trasponer determinados aspectos de la Directiva 1999/70.
Estas leyes comienzan a poner ciertos limites (aunque ciertamente muy laxos) al uso y abuso de los nombramientos y contratos temporales en las administraciones públicas, no solo respecto del personal laboral, sino también respecto del personal estatutario y funcionario. En este sentido art. 9.3 de la Ley 55/2003 y art. 70 de la Ley 7/2007. Asimismo, el artículo 11 del EBEP reconoce legalmente (tras 11 años de espera tras la sentencia inicial del Supremo) la figura del personal indefinido (no fijo), incluyéndolo dentro de los tipos de contratación laboral.
Sin embargo, la brutal crisis económica que asoló a España entre 2008 y 2015 será la encargada de evidenciar la absoluta insuficiencia de nuestra normativa legal para frenar el abuso de la contratación temporal en las Administraciones Públicas, permitiendo con ello alcanzar una tasa de temporalidad superior al 30% en la mayoría de las Administraciones y servicios públicos.
Ante la ausencia de medidas legales en nuestro ordenamiento jurídico que pusieran freno a esta situación de abuso en la contratación temporal, nuestros juzgados y tribunales pusieron su vista en la interpretación de la Directiva 1999/70 efectuada por parte del Tribunal de Justicia de la Unión Europea.
Fruto de esta situación España recibe un importante toque de atención con la sentencia del TJUE de 11 de diciembre de 2014, asunto C-94/14 (León Medialdea), en la cual se declara que la mera conversión de un relación temporal en un vínculo indefinido no fijo es una medida ineficaz de cara a evitar el uso abusivo de la contratación temporal en los términos exigidos por la Directiva 99/70, pues esto no constituye una medida la suficientemente efectiva y disuasoria para evitar la utilización abusiva y fraudulenta de los contratos y nombramientos temporales por parte de las Administraciones Públicas. Esto provocó una inmediata reacción por parte de la Sala de lo Social del Tribunal Supremo que en sucesivas sentencias reconoció el derecho del personal indefinido no fijo a ser indemnizado en el caso de cese por amortización  de vacante y, posteriormente, también en el caso de ocupación por el titular de la plaza tras superar un proceso de provisión o cobertura de puestos de trabajo. La indemnización que inicialmente se fijó en 8 días de salario por año trabajado se elevó hasta los 20 tras la trascendental sentencia de 28 de marzo de 2017.
Al mismo tiempo el Tribunal Supremo abrió otro frente para erradicar el uso abusivo de los contratos de interinidad (modificando su jurisprudencia), de modo que con aplicación del art. 70 del Estatuto Básico del Empleado Público declaró que tres años es el plazo límite para que una Administración proceda la cobertura definitiva de las plazas vacantes mediante el correspondiente proceso selectivo (sentencia de la Sala de lo Social de 14 de octubre de 2014, recurso 711/2013)
Finalmente, y como colofón a esta evolución judicial y doctrinal, es preciso recordar las famosas sentencias del Tribunal de Justicia de la Unión Europea de 14 de septiembre de 2016, que han causado un auténtico terremoto en el ámbito del sector público. Me refiero en concreto a las sentencias dictadas en los asuntos C-16/15 (demandante Pérez López), C-184/15 (demandante Martínez Andrés) y C-197/15 (demandante Castrejana López), en las cuales se declara por primera vez que ante la ausencia de medidas efectivas en el ordenamiento jurídico español para evitar los abusos en los nombramientos temporales del personal funcionario y estatutario, reconocer a estos trabajadores la condición de personal indefinido no fijo puede constituir una medida inicial y útil de protección frente al fraude padecido.
Partiendo de estos antecedentes ha llegado el momento de aclarar las dudas y preguntas más frecuentes que surgen sobre esta cuestión
¿Qué es un indefinido no fijo?
Un indefinido no fijo es un empleado público (esta categoría no existe en la empresa privada) que tras ser víctima de algún tipo de abuso en su contratación temporal(bien sea por su duración excesiva o por la concatenación de sucesivos contratos o nombramientos) reclama esta condición judicialmente y obtiene una sentencia que le reconoce como indefinido no fijo.
Un indefinido no fijo NO es un trabajador temporal, pero tampoco es un trabajador fijo (no tiene plaza en propiedad), sino que es una figura independiente que podríamos calificar como híbrida entre las otras dos. Recordemos que el art. 11 del Estatuto Básico distingue entre el personal temporal, el indefinido y el fijo, luego legalmente el indefinido es una categoría claramente diferenciada del temporal, tal y como ha señalado el Pleno de la Sala de lo Social del Tribunal Supremo en su sentencia de 28 de marzo de 2017.
¿Un indefinido no fijo ocupa una plaza vacante?
Un empleado público obtiene el reconocimiento judicial de la condición de indefinido no fijo por dos motivos. El primero por existir una necesidad estructural no reconocida por la Administración que se ha venido cubriendo con contratos o nombramientos temporales concatenados y en fraude. El segundo por mantener a un trabajador ocupando una plaza vacante, y por tanto ya reconocida como estructural, más allá del plazo máximo legalmente establecido (tres años conforme EBEP).
En el primer supuesto, con la declaración de la condición de indefinido no fijo se reconoce judicialmente la existencia de una necesidad estructural, lo cual obliga a la Administración a dotar y crear esta plaza para proceder a su posterior cobertura, quedando el indefinido no fijo vinculado a esta plaza de nueva creación. En el segundo supuesto, la plaza estructural ya esta creada en el momento de realizar el contrato o nombramiento, por lo cual en caso de reconocerse la condición de indefinido no fijo el trabajador quedará ligado a la plaza vacante que ya venía cubriendo interinamente.
En resumen, el reconocimiento de la condición de indefinido no fijo debe llevar ligada la vinculación del trabajador beneficiario de esta condición a una plaza vacante, existente o de nueva creación.
¿Un indefinido no fijo puede ser cesado?
Sí. El indefinido no es el propietario de la plaza, ya que no ha superado un proceso selectivo para adquirirla de forma fija, y en consecuencia puede ser cesado. Ahora bien, a diferencia del eventual o el interino el indefinido no fijo solo podrá ser cesado en supuestos muy concretos y cumpliendo una serie de requisitos formales ineludibles.
¿En que supuestos puede ser cesado el indefinido no fijo?
Un indefinido no fijo solo puede ser cesado en dos supuestos, que son la amortización o la cobertura definitiva de la plaza que ocupa. Ningún otro.
Para que la plaza que ocupa el indefinido no fijo se pueda amortizar la Administración deberá acreditar, de forma fehaciente y objetiva, que ha desaparecido la necesidad estructural que el indefinido no fijo venía cubriendo. El cese por amortización es una posibilidad ciertamente remota teniendo en cuenta que el indefinido no fijo ya venía cubriendo una necesidad estructural, o bien una sentencia judicial declaró que había una necesidad estructural encubierta.
Basicamente el indefinido no fijo solo podrá ser cesado por cobertura de la vacante que viene cubriendo, ahora bien, para que esto sea posible será necesario que la Administración cumpla previamente una serie de formalidades y que garantice, en todo caso, el derecho del indefinido a poder obtener en propiedad la plaza que viene cubriendo.
El requisito formal básico es que el indefinido no fijo debe ser advertido previamente por parte de la Administración de que la plaza que ocupa se ha incluido en un proceso selectivo, de modo que pueda presentarse al mismo y obtener en propiedad la plaza que viene cubriendo.  La Administración está obligada a acreditar que la plaza que ocupa el indefinido no fijo es una de las vacantes incluida en un proceso selectivo (reciente sentencia de la Sala de lo Social del Tribunal Supremo de 2 de febrero de 2017).
Además, ya he anticipado que se debe garantizar el derecho del indefinido no fijo a poder obtener en propiedad la plaza que viene cubriendo, pues de lo contrario no habría una sanción lo suficientemente efectiva contra la Administración fraudulenta en los términos establecidos por la Directiva 1999/70, de modo que esta no alcanzaría su efecto útil. En consecuencia, y esto es relevante, el indefinido NO puede ser cesado por un fijo en concurso de traslados, del mismo modo que no puede ser cesado en un proceso de promoción interna. Estos procesos, en la medida en que se reservan para el personal fijo excluyen al indefinido, y en consecuencia no son un mecanismo válido para justificar un cese (así lo afirma la Sala de lo Social del Tribunal Supremo en sentencia de 20 de julio de 2017 y la Sala de lo Social de la Audiencia Nacional en sentencia de 2 de enero de 2015).
Por último, ni el personal funcionario podrá ser adscrito a plaza laboral ni el personal a plaza funcionario para justificar el cese. Cualquier acción en este sentido conducirá a la nulidad o improcedencia del cese del indefinido no fijo
Cualquier observador imparcial llegará a la conclusión que la protección del indefinido no fijo es infinitamente superior a las del personal temporal, sea cual sea el tipo de contrato o nombramiento.
¿Y si es cesado tiene derecho a ser indemnizado? ¿En que cuantía?
Si a pesar de cumplir todos los requisitos y exigencias señaladas en el punto anterior el indefinido no fijo es cesado por no superar el proceso selectivo de acceso que afectaba a la plaza que ocupaba, deberá ser indemnizado.
Actualmente la cuantía de la indemnización esta fijada en 20 días de salario por año de servicio hasta un tope de 12 mensualidades (sentencia de la Sala de lo Social del Tribunal Supremo de 28 de marzo de 2017 que se está aplicando por los juzgados y tribunales de lo contencioso para reconocer idénticas indemnizaciones al personal funcionario y estatutario declarado indefinido no fijo por fraude). Existe una novedosa cuestión prejudicial en manos del Tribunal de Justicia de la Unión Europea que propone extender la indemnización a la equivalente a un despido improcedente.
¿Un indefinido no fijo puede rotar de plaza en plaza mientras haya vacantes sin poder ser cesado?
No. Esta tesis carece de respaldo legal y jurisprudencial. Precisamente en uno de los puntos anteriores he señalado que la Administración está obligada a comunicar al indefinido no fijo si la plaza que ocupa es una de las incluidas en un proceso selectivo.
¿Los funcionarios y estatutarios pueden reclamar la condición de indefinidos no fijos?
Sí. Las sentencias del Tribunal de Justicia de la Unión Europea de los asuntos C-16/15 (demandante Pérez López), C-184/15 (demandante Martínez Andrés) y C-197/15 (demandante Castrejana López), han declarado expresamente que la figura del indefinido no fijo puede ser aplicada y reconocida al personal estatutario y funcionario, pues se trata de una figura de creación jurisprudencial que ya se aplica dentro del derecho interno. Es más, antes de las sentencias europeas algunos tribunales superiores ya se habían aventurado a reconocer esta posibilidad al personal con vínculo administrativo contratado en fraude de ley (sentencia de la Sala de lo Contencioso-administrativo del Tribunal Superior de Justicia de Galicia de 20 de abril de 2016). Este criterio se ha ido expandiendo de forma progresiva y en la actualidad numerosas salas de lo Contencioso-administrativo ya reconocen la condición de indefinidos no fijos a estatutarios y funcionarios (sentencia del Tribunal Superior de Justicia de Castilla la Mancha de 10 de marzo de 2017, del TSJ del País Vasco de 12 de diciembre de 2016 o del Tribunal Superior de Justicia de Castilla-León de 22 de diciembre de 2017, entre otros)
¿Si reclamo la condición de indefinido no fijo me convierto en laboral?
No, el trabajador declarado indefinido no fijo mantendrá el tipo de vinculación preexistente, es decir, el personal laboral declarado indefinido no fijo se seguirá rigiendo por el Estatuto de los Trabajadores y por el convenio colectivo que resulte de aplicación. Por su parte, el personal estatutario y funcionario declarado indefinido no fijo se seguirá rigiendo por la normativa de función pública que corresponda.
¿Donde debo presentar la demanda?
La demanda se debe presentar ante la jurisdicción Social si eres personal laboral y ante la jurisdicción contencioso-administrativa si eres personal estatutario o funcionario. No se pueden presentar demandas acumuladas de personal laboral con personal funcionario o estatutario.
¿Puedo ser penalizado posteriormente en las listas de contratación?
Cualquier represalia derivada del hecho de presentar una demanda será considerada una violación del derecho fundamental a la tutela judicial efectiva (art. 24 de la Constitución) y, en consecuencia, será nula de pleno derecho.


lunes, 4 de junio de 2018

Proposta de Resolución do Parlamento Europeo contra a precarización do emprego.

   En CCOO levamos traballando e reflexionando dende hai moito tempo sobre as consecuencias da malas práticas na contratación temporal. 

   Fixemos e seguimos facendo un traballo efectivo de información pública e asesoramento puntual a todas as persoas afectadas (1)

  As malas prácticas na contratación non só supoñen un prexuízo para a situación laboral das persoas, senón da súa vida en xeral, e da súa familia, como consecuencia da inestabilidade que se deriva desta situación. 

   A propia administración, no caso a Universidade de Vigo, pode resentirse non só das consecuencias dunha perda de capital humano (enténsase en termos económicos como tal o activo que supón o grao de experiencia e capacidade das e dos traballadores) senón outra non menos importante, o descrédito que como institución pública pode significar a publicación das sentenzas que recentemente obrigan á nosa administración a indemnizar ás traballadoras e traballadores temporais recentemente despedidos. 

   Hai poucos días, e tal como era previsible e vimos alertando dende hai máis dun ano, as institucións europeas, agora concretamente o Parlamento, resolve sobre as numerosas peticións contra a precariedade e uso abusivo de contratos de duración determinada.  

   O Parlamento Europeo recoñece explícitamente que esta precariedade e inestabilidade foi consecuencia dunha errada política de recortes e austeridade e fai un chamamento para o deseño de políticas de protección dos e das traballadoras. Recoñece asimesmo que estas prácticas abusivas de contratos sucesivos de duración determinada teñen socavado a lexislación en materia de emprego e da xurisprudencia do Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

    Faise eco da magnitude do problema pola cantidade de sentenzas a favor de traballadores e traballadoras despedidas que tiñan sofrido abuso de contratos de duración determinada.

   Esta práctica supón un acceso inadecuado á protección social e socava o dereito á negociación colectiva, as súas repercusións negativas no desenvolvemento da carreira profesional e especialmente no caso das mulleres por ser este un colectivo moito máis representado neste tipo de contratacións. 

   Dende o Parlamento ínstase a Comisión, Estados membros e sindicatos a cooperar na promoción do emprego de calidade, seguro e ben remunerado,  recoñécese a violación da normativa europea cando se renovan contratos de traballo de duración determinada coa finalidade de cubrir necesidades que non teñen carácter temporal, senón permanente e duradeiro. 

   A/o traballadora/r afectada/o terá que obter reparación por todos os prexuizos sofridos no pasado. 

   A protección social é de capital importancia para a seguridade económica e social da man de obra e para que os mercados de traballo funcionen de xeito adecuado. Só deste xeito se poden crear postos de traballo e aspirar a un crecemento sostible. 

   O recoñecemento da igualdade de dereitos entre os/as traballadores/as ten que ser reivindicado tódolos días. 




(1) Conferencia: Incidencia das sentenza europeas nas condicións de emprego e cesamentos de persoal interino. Impartida por Xaime Cabeza Pereiro  (maio 2017)

jueves, 17 de mayo de 2018

lunes, 7 de mayo de 2018

39 cuestións para ser docente no ensino público



A sección de Xuventude/ensino ven de artellar unha campaña para apoiar e animar o alumnado interesado en acceder ao ensino público, aproveitando o bo número de prazas convocadas ao abeiro do Acordo pola Mellora do Emprego Público asinado por CCOO.  Nas charlas informatiavas, que tiveron lugar en todos os campus galegos,  explicáronse cuestións relativas a sistemas de acceso á función pública docente e sobre todo as modificacións que recolle o novo Real Decreto de acceso. As nosas compañeiras informaron tamén sobre o Acordo pola Mellora do Emprego Público que CCOO asinou en Madrid no que se prevén amplas convocatorias de oposicións para os anos 2019 e 2020. 

lunes, 30 de abril de 2018

Primeiro de Maio do 2018 MELLOR EMPREGO, MAIORES SALARIOS PENSIÓNS DIGNAS E MÁIS IGUALDADE


MELLOR EMPREGO, MAIORES SALARIOS
PENSIÓNS DIGNAS E MÁIS IGUALDADE


Neste Primeiro de Maio, Día Internacional do Traballo, CCOO e UGT animamos as traballadoras e traballadores a participaren na loita contra a crecente precariedade e desigualdade laboral, agravadas polos anos de crise económica, polas reformas laborais e polas políticas de austeridade impostas polos sucesivos gobernos desde o 2008.

A economía galega leva catro anos crecendo, un 3,1 % no 2017, e as previsións son dun 2,5 % para o 2018. Xa hai máis empresas con beneficios ca antes da crise e os dividendos repartidos están en máximos. Pero a desigualdade e a pobreza acadan niveis moi superiores aos que había antes da crise. A pobreza cronificouse: 67.500 fogares teñen todos os seus membros activos en paro e 34.700 persoas carecen de ingresos. O emprego crece, pero á custa de maior precariedade, pois segue aumentando o número de persoas en risco de pobreza.

AS POLÍTICAS ECONÓMICAS SEGUEN XERANDO PRECARIEDADE E DESIGUALDADE

A desvalorización salarial e a precarización das condicións de traballo, promovidas pola reforma laboral, fomentan unha recuperación baseada nunha repartición desigual da riqueza e un modelo de crecemento asentado en actividades pouco produtivas. Hoxe en día:

• Nove de cada dez contratos son temporais e a súa duración media é cada vez menor: case a cuarta parte deles duran menos dunha semana.

• A rotación laboral, tanto entre o emprego temporal como entre o indefinido, aumentou coa crise e acelerouse tras a reforma laboral de 2012.

• A contratación a tempo parcial, na maioría dos casos involuntaria, gañou peso nestes últimos anos. Ademais, o 77 % do emprego a tempo parcial está ocupado por mulleres e constitúe un dos factores da brecha salarial de xénero.

• As mulleres deixaron de percibir, por un traballo igual ou de igual valor, case 5000 euros ao ano.

• Baixa o paro, pero a cifra de persoas desempregadas continúa sendo moi alta (máis 3,7 millóns en España e máis de 180.000 en Galicia). O paro de longa duración (máis dun ano sen emprego) afecta o 47,5 % das persoas desempregadas.

• Os niveis de protección contra o desemprego seguen en mínimos: o 53,7 % das persoas desempregadas con experiencia laboral carecen de cobertura.

• Aumentou a sinistralidade laboral. Durante os últimos cinco anos, faleceron case trescentas traballadoras e traballadores en accidente de traballo e existe unha gran cantidade de enfermidades de orixe profesional non declaradas como tal.

• A organización empresarial transfórmase para maximizar o beneficio á conta dos dereitos laborais: desde a expansión das empresas multiservizos con salarios mínimos e máxima precariedade contractual, ata o recente fenómeno das plataformas dixitais que empregan falsos autónomos.

• Están a implantarse fórmulas abusivas de organizar o tempo de traballo con total discrecionalidade empresarial e con alongamentos de xornada que nin se retribúen nin se compensan.


A PATRONAL RESÍSTESE A QUE OS SALARIOS RECUPEREN PODER ADQUISITIVO

A negociación colectiva atópase constrinxida polas medidas regresivas adoptadas polas reformas laborais e pola actitude de patronais e empresas, que se resisten a reverter nas traballadoras e traballadores os efectos positivos do crecemento da economía.

UGT e CCOO afirmamos que é de xustiza que, nesta etapa de recuperación económica, a negociación colectiva reflicta unha mellora substancial dos salarios en xeral e dos máis baixos en particular, con cláusula de garantía para protexer o poder adquisitivo fronte a un aumento excesivos dos prezos dos produtos de consumo. Tamén esiximos o aumento dos compromisos empresariais en relación coa estabilidade e calidade do emprego, a redución das desigualdades, a protección da saúde e o investimento produtivo.

Propómonos lanzar unha crecente mobilización laboral e social que obrigue tanto as patronais como o Goberno (e os grupos parlamentarios que o apoian) a abordar as reformas necesarias en materia de negociación colectiva e de emprego de calidade.

O recente acordo asinado no ámbito do emprego público é un exemplo de recuperación salarial e da estabilidade do emprego, que haberá que seguir desenvolvendo noutros niveis de negociación coas Administracións e organismos públicos.

CCOO e UGT consideramos imprescindible recuperar o papel central dos convenios sectoriais estatais, así como derrogar os aspectos regresivos das reformas laborais. Esiximos tamén a derrogación da lei mordaza e a absolución dos case trescentos sindicalistas que seguen procesados ou condenados simplemente por manifestarse ou participar nun piquete informativo.

O GOBERNO, MÁIS PENDENTE DE XESTOS QUE DE CONSOLIDAR DEREITOS

UGT e CCOO consideramos que os Orzamentos Xerais do Estado para 2018, cos que o Goberno se esforza en dar unha aparencia social, profundan nas mesmas políticas regresivas, non contribúen a repartir a riqueza nin apostan polo cambio produtivo.

A garantía do estado do benestar para toda a cidadanía precisa dun sistema fiscal xusto e suficiente, no canto de recorrer sistematicamente ao anuncio demagóxico de rebaixas fiscais que nada solucionan e que terminan por beneficiar os que máis teñen.

As medidas incluídas en relación coas pensións son insuficientes e non corrixen os efectos negativos da reforma das pensións de 2013, imposta polo PP grazas á súa maioría parlamentaria. A amplitude e constancia da mobilización social en defensa das pensións fixo que o Goberno teña que modificar as súas formulacións iniciais. Con todo, continuaremos coas mobilizacións.

CCOO e UGT esiximos a posta en marcha inmediata da prestación de ingresos mínimos, avalada por máis de 700.000 sinaturas. Estase a tramitar no Parlamento, onde o PP e C’s a manteñen bloqueada desde hai máis dun ano. Urxe tamén instaurar un sistema público de servizos sociais como o cuarto alicerce do estado do benestar e reformar o sistema de prestacións por desemprego para garantir unha cobertura xeral e cunha prestación digna.

É tempo de gañar
Reclama os teus dereitos
Mobilízate!



MANIFESTACIÓNS DE CCOO E UGT
O PRIMEIRO DE MAIO:


— A CORUÑA: saída ás 12 horas da praza da Palloza
— FERROL: saída ás 12 horas do Inferniño
— SANTIAGO DE COMPOSTELA: saída ás 11:30 horas da Alameda
— LUGO: saída ás 12:30 horas do edificio de sindicatos (rolda da Muralla)
— VIVEIRO: saída ás 12 horas do edificio de sindicatos (García Dóriga)
— OURENSE: saída ás 12 horas do pavillón dos Remedios
— PONTEVEDRA: saída ás 12 horas da praza da Ferrería
— VILAGARCÍA DE AROUSA: saída ás 12 horas da praza de Ravella
— VIGO (acto central): saída ás 11:30 horas da Vía Norte

jueves, 26 de abril de 2018

Conferencia: Acoso Sexual no contexto universitario I



O pasado día 13 de abril, tivo lugar na Universidade de Vigo a conferencia  "Acoso sexual no ámbito da universidade" a cargo de Patricia Melgar Alcantud, profesora na Universitat de Girona e recoñecida investigadora en temas relacionados coa violencia de xénero, A prensa xeral e tamén especializada ten destacado a relevancia do seu artigo Breaking the Silence at Spanish Universities. Findings From the First Study of Violence Against Women on Campuses in Spain

A preocupación pola dificultade que implica abordar este tema no noso ámbito, empurrounos traballar na recompilación de información e recollida de datos. Felizmente, a profesora Melgar contribuiu a esclarecer o tema e forneceunos de ferramentas de traballo que serán moi efectivas para a intervención e a solución deste problema na nosa insititución.

Cando comentabamos na comunidade universitaria a nosa intención de organizar este acto observamos unha sorpresa xeneralizada que delataba desconcerto ante un problema que semellaba non existir no noso ámbito. Pero non podemos esquecer que se o acoso sexual existe na sociedade é evidente que, como parte dela, temos, cando menos, a mesma cota de participación. 

Así que a primeira medida para afrontar o problema ten que ser precisamente, recoñer que entre nós hai persoas que acosan e persoas que son vítimas de acoso.

O máis suxerente e atractivo da xornada de traballo foi precisamente este convencemento de que hai un problema e existen ferramentas para abordalo. Interiorizando a coñecida premisa de que se non formas parte da solución, eres parte do problema, decatabamonos de que malia ter ferramentas normativas, teóricas e informativas ao noso dispor (véxase a completa información que recolle a nosa web da área de igualdade), non se axuda de xeito efectivo. E esto e así porque a información que falta é a que verdadeiramente se precisa:  a concreta sobre o tema de acoso entre nós (qué casos se dan, cómo se resolven, cómo se protexe a confidencialidade, etc.). Esta ausencia delata unha desacougante e persistente incapacidade para facerlle fronte a  este problema. Agocharnos na falla de denuncia das vitimas deixou de ser unha escusa hai tempo, xa o sabiamos, e cómpre atopar novas vías.

Estas novas vías de traballo atopámolas en contextos máis desenvolvidos, nos que cicais os problemas se estén resolvendo, non porque haxa máis acosadores, senón porque os casos denúncianse (pódense denunciar, queremos dicir, sen perigo para a vitima) e, ó sair á luz pódense artellar medidas concretas que xustifican a aplicación de recursos humanos e orzamentarios para a súa resolución. Neste eido, pareceunos do máis relevante a experiencia que nos trouxo das universidades norteamericanas. Algunhas delas incluso explican en follas informativas tanto a novos estudantes como ao persoal de novo ingreso, os tipos acoso sexual que se están denunciando e os xeitos de abordalos que plantexa a institución. A profesora Melgar compartiu connosco algunhas destas experiencias e as medidas que incluso dende o goberno federal se tiñan activado, como o Green Dot, programa nomeado por Obama como modélico na loita contra o acoso sexual na contorna dos campus universitarios. 

PRÓXIMAS ACHEGAS:

 II. Por un campus libre de violencia: Medidas concretas: ¿que facer? ¿cómo axudo se coñezo algún caso de acoso sexual?

III. O Acoso sexual de Segunda Orde (ASSO. Qué é como axuda a desactivar á persoa que acosa?


martes, 24 de abril de 2018

Eleccións á Reitoría na Universidade de Vigo.


NO DUVI:  Pachi Reigosa é elixido reitor da Universidade de Vigo con máis do 57% dos votos
No Faro de Vigo:   Reigosa, sexto rector con el apoyo mayoritario de todos los sectores. 
Na Voz de Galicia: Cambio de rectores en als universidades de Santiago y Vigo.