viernes, 11 de marzo de 2016

Publicación da Acta nº 4 da Comisión de Estudo da Funcionarización do PAS laboral.

A lectura da  acta nº 4 da Comisión de estudo da funcionarización do PAS Laboral do 5 de febreiro de 2016  reflicte a intención de constituir unha Comisión Tripartita (Xerencia/Laborais/Funcionarios) para seguir avanzando nun proceso que polo momento semella inmaduro.  Hoxe mesmo reunese a Xerencia cos representantes dos Comités para seguir coas negociacións da RPT Laboral  e seguidamente produciráse unha segunda reunión na que procederáse á constitución da referida Comisión Tripartita para continuar traballando sobre o proceso de integración/funcionarización.

jueves, 10 de marzo de 2016

Comunicado sobre recuperación de cantidades impagadas en 2013.

Ante as reiteradas sentenzas favorables en casación nas que o Tribunal Supremo estima as demandas de conflicto colectivo formuladas pola representación do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, á que con posterioridade se adheriron a Confederación Intersindical Galega (CIG) e a Unión General de Trabajadores de Galicia (UGT,) que declaran o dereito do Persoal de Admnistración e Servizos das tres universidades galegas a percibir as cantidades correspondentes aos servizos efectivamente prestados con carácter previo á entrada en vigor da Lei Xeral de Orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia (1 de marzo de 2013) soliciltamos á Universidade de Vigo que inste á Xunta de Galicia a que coa maior celeridade faga efectivo o pago das cantidades que lle corresponden a cada traballador e traballadora.
Dende CCOO pedimos que este dereito se extenda tamén ao persoal funcionario dos colectivos de PAS e PDI, evitando deste xeito todos os trámites que implicarían as resolucións individuais. En todo caso,  este sindicato, para evitar a reiteración deste tipo de demandas, iniciaría un pleito piloto cun representante destes outros colectivos para solicitar con posterioridade a extensión das sentenzas favorables ao conxunto de traballadores e traballadoras.


miércoles, 9 de marzo de 2016

Comunicado de CCOO sobre as normas básicas POD 2016/17

A sección sindical de CCOO da Uvigo perante a próxima reunión do 10 de marzo da mesa de negociación considera que as medidas que se pretenden establecer repercuten moi negativamente sobre as oportunidades de promoción do PDI non estable da UVigo.


 

Sentenza favorable ao PAS Laboral da Uvigo sobre percepción das cantidades correspondentes aos servizos prestados dende o 1 de xaneiro de 2013 ata o 28 de febreiro de 2013.

A instancia de CCOO, o T.S. emite sentenza favorable ao PAS laboral da UVigo no conflicto colectivo sobre a redución do complemento específico no ano 2013.
Este é o FALLO:
"Que estimando en parte la demanda formulada pro la representación legal del Sindicato Nacional de Comisiones Obreras de Galicia, a la que se adhirieron las representaciones letradas de Unión General de Trabajadores y de Confederación Intersindical Galega, contra la Universidade de Vigo, declaramos el derecho del personal laboral de administración y servicios de la demandada, a percibir las cantidades correspondientes a los servicios prestados desde el 1 de enero de 2013 hasta el 28 de febrero de 2013 (ambos inclusive) según la categoría profesional de cada trabajador afectado, condenando a la demandada a estar y pasar por esta declaración y a abonar a los trabajadores afectados por el conflicto las cantidades que resulten.".

viernes, 4 de marzo de 2016

Informe sobre conciliación laboral na Uvigo (2010-2014). Novas sobre melloras na conciliación da vida laboral e familiar.

O Informe solicitado pola sección sindical CCOO da Uvigo  reflicte os datos sobre redución de xornada, lactación acumulada e permisos de maternide ou paternidade do PAS e do PDI entre os anos 2010 e 2014. 
A realidade é que as mulleres seguen levando o peso da conciliación.  Así, a redución de xornada neste lustro foi moito máis utilizada en xeral polas mulleres (90,5%) e especialmente no colectivo do PAS (92%) .
A Universidade de Vigo establece un permiso de xestación retribuído  previsto na disposición adicional decimosexta do Real decreto lexislativo 5/2015 polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, consitente nun permiso retribuido para as mulleres en estado de xestación, a partir do día primeiro da semana 37 de embarazo ata a data do parto. O permiso, en caso de xestación múltiple poderá iniciarse o primeiro día da semana 35 de embarazo. (R. R. de  24 de febreiro de 2016)
Por outra banda, pode resultar de interese mencionar como entre as novas medidas de conciliación da vida laboral e familiar do funcionariado a Xunta de Galicia vai a activar a posibilidade de que os empregados públicos podan acollerse ao permiso de lactación con independencia de que a sua parella traballe ou non e podrán solicitar adaptación horaria en caso de tratamento de radio ou quimioterapia. Fonte: Faro de Vigo.

jueves, 3 de marzo de 2016

Charla-coloquio de Francisco LLera na UVigo TV: "A funcionarizacion do Persoal Laboral na Universidade de Vigo. Estudo e análise dos procesos de negociación".

Dende CCOO queremos dar as grazas a Francisco Llera por compartir as súas experiencias en procesos de integración / funcionarización doutras universidades públicas españolas así como a todas as persoas que asistiron ao evento. Tendes  xa a vosa disposición os videos  do responsable de CCOO na Universidad de Extremadura na mediateca da  UVigo TV .
 Francisco LLera, utilizando como fío conductor un documento de 65 preguntas sobre o proceso de integración elaborado para a UEX,  aportou un conxunto de ideas básicas a ter en conta:
- Trátase dun proceso importante que non se debe negociar con presas.
- A estabilidade da plantilla é unha responsabilidade da Xerencia e da Universidade.
- O aforro de cotizacións para a Universidade pode aproximarse a un 5,5% +1,5 %. Este 1,5 %  suporía un incremento directo na nómina de cada traballador pois respondería  aos cartos destinados no contrato laboral  á prestación por desemprego.
- Dentro da negociación de integración,  a creación de escalas resulta de vital  importancia  sendo un punto de inflexión que marcará todo o percorrido do proceso. Os negociadores deben evitar que sexa unha imposición unilateral da Universidade e ser conscientes de que a máis escalas máis dificultades de promoción.
- Os procesos de promoción interna deben rematarse todos antes de iniciarse a integracion / funcionarización.
- Resulta de moito interese poder negociar as figuras dos complementos (diferenciando ben os conceptos de absorbibles ou non absorbibles), do contrato relevo, da carreira profesional para todos os colectivos implicados,etc...
- O persoal laboral pode solicitar da Universidade e dos sindicatos un gabinete de  asesoramento persoalizado para saber cómo afectará a decisión  a súa realidade.

Charla -coloquio UVigo TV (PINCHA AQUÍ).