lunes, 14 de diciembre de 2015

O orzamento da Uvigo para 2016 e o Pas Laboral

   Hoxe presentáronse ante o Claustro as liñas básicas de actuación orzamentaria da universidade para o exercicio de 2016. O vicerreitor de economía salienta a previsión "conservadora" deste orzamento como vía para a consecución do superávit, o que traducido á lingua común que nos interesa, ven a dicir que hai que seguir contendo a respiración, ou sexa, seguir aforrando. 

   Pareceríanos moi saudable esta visión se non tivésemos pistas de que o aforro faise máis no personal que no ladrillo, pois seguimos a voltas con operacións de compras de edificios no centro de Vigo logo de ter malvendido a antiga sede.

   Nas liñas básicas de actuación referidas ao PAS destácase como “de vital importancia” acadar o máximo consenso para a revisión e actualización da relación de postos de traballo do persoal de administración e servizos no marco das posibilidades actuais da institución pero con clara vontade de impulsar a estabilización e promoción do PAS”.

   Semella que implícitamente están falando do proceso de funcionarización do Pas Laboral, que, como ben sabemos, vaille supoñer á universidade un aforro moi considerable, 450.000 euros aforraron na UDC (1). Dende o noso colectivo de PAS LABORAL debemos estar atentos a estas políticas de estabilización e promoción do PAS, non vaia a ser que sexan únicamente políticas de mero axuste económico.

(1) La universidad coruñesa hizo en un año funcionarios a 207 trabajadores. La medida, que acaba de iniciar su última fase, cumple con los estatutos de la UDC, que prevé un ahorro anual de 450.000 euros al final del proceso

Noticia no Duvi

1 comentario:

  1. Como habitualmente pasa nestes casos, non están moi claros os argumentos dos próceres da Economía. Por suposto, poderán ser opinables, matizables, etc. Pero si o superávit económico non e capaz de absorber o crecemento vexetativo dos salarios, a cousa tampouco será para botar foguetes.

    ResponderEliminar

Coa túa opinión traballamos mellor, grazas.