jueves, 9 de junio de 2016

A cuarta revolución industrial. Creatividade

Digital art by Daniel Arnold-Mist
.gif animation by George RedHawk .
"Todos os traballos que non requiran creatividade van a desaparecer". Así de contundente  mostrabase o matemático e economista Cesar Molinas no foro iberoamericano de transformación digital (RETINA) onde  manifestou que a creatividade será o único traballo que vai a existir. Hai estudos e teorías  dente as máis apocalípticas ata as menos catastrofistas.
Inmersos nunha transformación onde a capacidade de aprendizaxe vai a marcar as oportunidades e diferenzas, o sistema educativo debe pois ir na liña de ese aprendizaxe.
Falando dunha nova revolución industrial onde os traballos do futuro estan aínda por definir e a robótica é xa unha realidade. A pregunta do millón é pois ¿ pode un robot por en perigo os postos de traballo?.
Santiago Niño Becerra, catedrático de estructura Económica na Universidad Ramón LLull cree que España enfrontarase a un futuro moi complicado a medida que a automatización prosiga a súa implantación no sistema productivo.


http://www.eleconomista.es/economia/noticias/7415175/03/16/Nino-Becerra-sobre-la-robotizacion-Espana-se-enfrenta-al-peor-de-dos-mundos-posibles.html
Segundo un informe presentado en Davos, ata o ano 2020 aa robotización de novos sectores da economía desprazará máis de 7 millóns de empregos nas 17 economías máis importantes do mundo.
Para o segmento socioeconómico mellor representado na afamada reunión anual  a puxanza de esta "cuarta revolución industrial" promete activar a economía e sacar ás empresas do mundo do seu estancamento no 1,5 % do crecemento anual dende 2008.  Para os traballadores que poden verse reemprazados polos novos robots en industrias onde antes a automatización non era unha ameaza as perspectivas son menos positivas. 

Coa túa opinión traballamos mellor

Publicar un comentario

Coa túa opinión traballamos mellor, grazas.