lunes, 6 de mayo de 2019

CCOO INFORMA- UNIVERSIDAD Unha sentenza do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia recoñece o dereito a indemnización ao persoal investigador con contrato predoutoral.


CCOO INFORMA- UNIVERSIDAD
Unha sentenza do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia recoñece o dereito a indemnización ao persoal investigador con contrato predoutoral.

A Universidade de Santiago de Compostela condenada ao pago da indemnización. A decisión responde a unha demanda de CCOO

O Tribunal Superior de Xusticia de Galicia (TSXG) dictou unha sentenza que recoñece o dereito a indemnización por cesamento ou finalización de contrato do persoal investigador con contrato predoctoral da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

A demanda do TSXG foi interposta por CCOO de Galicia contra a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e as centrais sindicais UGT y CIG, tras ter coñecemento de que os contratados predoctorais do ano 2013 non percibirían indemnización algunha ao rematar o seu contrato mentres que os de anos anteriores sí que terían dereito á mesma.

En primeira instancia CCOO solicitou á xerencia da USC que procedese ao abono das cantidades debidas. A resposta foi unha rotunda negativa. Ante a inflexibilidade da xerencia, CCOO presentou demanda de conflicto colectivo para solicitar que se recoñecese o dereito do persoal con contrato predoutoral a percibir a mencionada indemnización. A demanda ten sido estimada e a sentenza condena á USC ao abono da mesma.

O TSXG respondeu de xeito positivo á reivindicación plantexada polos investigadores e investigadoras novas e por CCOO, que requiriu ao  Ministerio competente na mesa de negociación, para que fose incluida no Estatuto do Persoal Investigador en Formación publicado recentemente. Contra esta sentenza só cabe recurso de casación ante o Tribunal Supremo.


Os servicios xurídicos do sindicato solicitaban que os contratados predoutorais que accederon mediante Orde de 2 de agosto de 2013 da Consellería de Educación tiviesen dereito a unha indemnización equivalente á do despido obxectivo.

Súas premisas pasan por 20 días de salario por ano de servizo, cun máximo de 12 mensualidades, ou subsidiariamente, de 10, 11 ou 12 días por ano de servizo, prevista para o contrato de obra ou servizo determinado.

O colectivo representado por CCOO firmou contratos temporais para tarefas de investigación no ámbito dun proxecto específico e novedoso, coa condición de persoal investigador predoutoral en formación. Os contratos asináronse baixo a forma de contrato temporal predoutoral, a tempo completo, anual e prorrogable, e derivan da normativa para a contratación de personal pactada co comité de empresa.

O TSXG acordou formular unha cuestión prexudicial ante o Tribunal de Xusticia da Unión Europea para aclarar si normativa aplicada pode constituir unha discriminación entre o persoal temporal e o indefinido. Logo da resolución do tribunal europeo, o tribunal autonómico estimou parcialmente a demanda dos servizos xurídicos de CCOO e agora decide que este colectivo ten dereito a percibir ao final do contrato "a  indemnización fixada no artigo 49,1.c do Estatuto dos Trabajadores, na contía que corresponda".

O Alto Tribunal galego nega que os contratos predoutorais se podan considerar formativos xa que é posible equiparar seu traballo ao dos investigadores. Ademais de condenar á Universidade de Santiago ao pago da indemnización, o artigo fixa a indemnización en 12 días de salario por ano de servicio ou contía proporcional si o período traballado foi inferior.

CCOO va a continuar reivindicando ademais a indemnización por final de contrato para o persoal investigador en formación mediante a negociación colectiva, ámbito no que dende este momento concentraremos a nosa actividade sindical para mellorar as condiciones de emprego dos investigadores predoutorais.

Coa túa opinión traballamos mellor

Publicar un comentario

Coa túa opinión traballamos mellor, grazas.