viernes, 4 de marzo de 2016

Informe sobre conciliación laboral na Uvigo (2010-2014). Novas sobre melloras na conciliación da vida laboral e familiar.

O Informe solicitado pola sección sindical CCOO da Uvigo  reflicte os datos sobre redución de xornada, lactación acumulada e permisos de maternide ou paternidade do PAS e do PDI entre os anos 2010 e 2014. 
A realidade é que as mulleres seguen levando o peso da conciliación.  Así, a redución de xornada neste lustro foi moito máis utilizada en xeral polas mulleres (90,5%) e especialmente no colectivo do PAS (92%) .
A Universidade de Vigo establece un permiso de xestación retribuído  previsto na disposición adicional decimosexta do Real decreto lexislativo 5/2015 polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, consitente nun permiso retribuido para as mulleres en estado de xestación, a partir do día primeiro da semana 37 de embarazo ata a data do parto. O permiso, en caso de xestación múltiple poderá iniciarse o primeiro día da semana 35 de embarazo. (R. R. de  24 de febreiro de 2016)
Por outra banda, pode resultar de interese mencionar como entre as novas medidas de conciliación da vida laboral e familiar do funcionariado a Xunta de Galicia vai a activar a posibilidade de que os empregados públicos podan acollerse ao permiso de lactación con independencia de que a sua parella traballe ou non e podrán solicitar adaptación horaria en caso de tratamento de radio ou quimioterapia. Fonte: Faro de Vigo.

Coa túa opinión traballamos mellor

Publicar un comentario

Coa túa opinión traballamos mellor, grazas.