lunes, 22 de febrero de 2016

Gratuidade de matrícula segundo o Convenio Colectivo.O TSXG estima a demanda interposta contra a UVigo polo Comité de Empresa de Pontevedra.

Logo das actuacións feitas polo Comité de Empresa PAS Laboral de Pontevedra contra a Universidade de Vigo e a Resolución Reitoral de 28 de maio de 2015 (pola que se convocan axudas e subvencións para o persoal das universidades públicas galegas para a matrícula en estudios oficiais na Universidade de Vigo no curso académico 2015/2016), tivemos que acudir á Xustiza. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de estimar a demanda interposta contra da Universidade de Vigo. No fondo tratabase de  evitar un novo recorte dos nosos dereitos sociais. Neste caso no artigo 55 do noso convenio:

"Artigo 55º.-Medidas.  Sen prexuízo das medidas que se desenvolvan, manterase a efectividade das seguintes:

1. Ensino universitario. A universidade habilitará os medios para conseguir que a matrícula nos centros sexa gratuíta para os traballadores activos e xubilados, para os seus cónxuxes ou persoas coas que convivan maritalmente, para fillos ao seu cargo, e así mesmo para os/as seus/súas viúvos/as e orfos/as.

a) Nos centros universitarios dependentes da Universidade de Vigo.

b) Nas universidades públicas do Estado cando a titulación non exista na Universidade de Vigo, de asinarse o pertinente convenio de reciprocidade."

Tendo en conta que a sentenza admite recurso de casación  a pregunta sería ¿e agora que?

Coa túa opinión traballamos mellor

Publicar un comentario

Coa túa opinión traballamos mellor, grazas.