jueves, 25 de febrero de 2016

CCOO solicitou o cumprimento da sentenza do T.S. de Xustiza sobre a gratuidade de matrícula.

A sentenza sobre a gratuidade de matrícula para o PAS  da Uvigo recoñecida no Convenio Colectivo está vixente. Logo da publicación da recente sentenza de 4 de Febreiro de 2016, CCOO considera e solicita que a Universidade aplique e subsane de oficio os prexuizos ocasionados pola restrictiva resolución reitoral de 28 de maio de 2015.
A Universidade de Vigo ven de publicar unha nova Resolución reitoral notificando as modificacións da anterior convocatoria para o curso 2015/2016 e establecendo novos prazos. Compre pois revisar os cambios e felicitar a Universidade pola dilixencia na aplicación da sentenza.

Coa túa opinión traballamos mellor

Publicar un comentario

Coa túa opinión traballamos mellor, grazas.