miércoles, 3 de febrero de 2016

Recollida de sinaturas a prol dunha iniciativa lexislativa popular que lexisle unha renta minima.

O vindeiro xoves (11-02-2016) CCOO instalará unha mesa de recollida de sinaturas na Facultade de Económicas do Campus de Lagoas Marcosende da Universidade de Vigo a favor dun proxecto de ILP que pretende ser unha resposta a inadecuación do noso sistema de garantía de rentas para facer fronte ao aumento da pobreza causado pola crise.

Faise imprescindible, neste contexto, o reforzamento do actual sistema de protección social. E é tarefa do Estado intervir na economia para cambiar a distribución da renda e dar unha resposta urxente a todas as persoas que se encontran nesta situación de modo que non se vexan abocadas á pobreza e a exclusión social
     - A quen axudaría esta prestación de ingresos mínimos? A preto de 2,1 millons de persoas que queren pero non teñen acceso a un posto de traballo e aos que os actuais instrumentos de protección non dan resposta.
    - En canto se establece a cuantía? Sería o 80% do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples, 426€ mensuais.
    - Canto duraría a prestación? Mentres persistas as condicións que dan acceso á prestación e se cumplan as conduccións e obligacións as que está suxeita (económicas e de formación).
    - Cómo se financiaría a prestación? Esta renda configuraríase como un dereito subxetivo, e non formaría parte do nivel contributivo da Seguridade Social.
A financiación debería garantirse vía impostos a través dos presupostos xerais do Estado, e o presuposto anual sería ao redor dos 11.000 Millóns, ao redor do 1% do PIB.
    - Cómo se financiaría esta prestación? Esta renta se configuraría como un derecho subjetivo, por lo que formaría parte del nivel no contributivo de la Seguridad Social. La financiación debería garantizarse vía impuestos a través de los Presupuestos Generales del Estado (dependería por tanto de la Administración General del Estado y no sustituye a las ayudas de las Comunidades Autónomas). El presupuesto anual necesario serían unos 11.000 millones, el 1% del PIB.
    - É compatible con outras rendas? É incompatible coas prestacións contributivas e non contributivas do sistema de Seguridade Social, pero sí o é co resto de rendas sempre que sexan inferiores ao 75% do SMI.

Coa túa opinión traballamos mellor

Publicar un comentario

Coa túa opinión traballamos mellor, grazas.