viernes, 26 de febrero de 2016

Escolas infantis na Uvigo. Qué foi do proxecto de gardaría do Campus de Vigo?.


O 16 de febreiro de 2016 faise pública a listaxe definitiva para a actualización das listas de agarda da Escola infantil do Campus de Ourense para o curso 2015-16 e no DUVI de 26 de febreiro informase da apertura do prazo de prescripción para a Escola infantil do Campus de Pontevedra  de solicitudes de novas prazas e de renovación  ata o 26 de marzo de 2016 tanto para os integrantes da comunidade universitaria como para a ciudadanía de Pontevedra. Son boas novas.
CCOO  lembra o Capítulo XI do vixente convenio colectivo sobre conciliación onde no artígo 45 sinalase como   "A Universidade de Vigo asume o compromiso da posta en marcha de servizos de gardaría, en cada un dos tres campus, para todo o persoal da Universidade de Vigo"
Houbo un tempo no que universidade  tiña en mente para o seu Campus de Vigo (en Miralles) un proxecto que contemplaba o servizo de gardaría,  pero a realidade é que a idea do equipo reitoral diluiuse perante outras prioridades. Descoñecemos qué foi do proxecto de gardería do Campus de Vigo ou por qué o persoal do campus de Vigo non pode disfrutar de esta mellora social que xa teñen en Ourense e Pontevedra. Sería de xustiza poder contar coas mesmas estructuras e servizos nos campus de Vigo. ¿É cuestión de falta de cartos ou falla de interese ?

Coa túa opinión traballamos mellor

Publicar un comentario

Coa túa opinión traballamos mellor, grazas.