jueves, 15 de octubre de 2015

Comeza o proceso de negociación da Funcionarización do Pas Laboral da Universidade de Vigo

O pasado 8 de setembro a Xerencia da Universidade convocou aos representantes dxs traballadorxs para sentar as bases de negociación da funcionarización do persoal laboral da universidade. Nesa reunión a xerencia presentou un documento de puntos básicos sobre os que iniciar o proceso, que se asinou polas partes o pasado 6 de outubro. Reproducimos a continuación o contido do documento para que nos fagades chegar todas as vosas inquedanzas e cuestións.

[o documento podedelo consultar no apartado de Funcionarización, en pdf   é o seguinte:

PUNTOS BÁSICOS PARA UN ACORDO DE FUNCIONARIZACIÓN DO PERSOAL DE LABORAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS.



1.- A funcionarización realizarase para todos os postos de traballo correspondentes que integren a relación de postos de traballo do persoal laboral de administración e servizos (RPT) vixente na data en que se asine o correspondente acordo,que previamente se integrarán na RPT do PAS funcionario.

2.- Cada un dos actuais grupos de titulación fixados no II Convenio Colectivo do PAS Laboral da Universidade de Vigo integrarase necesariamente no seu correlativo subgrupo de persoal funcionario,de acordo coas titulacións que aquel esixe para o PAS laboral e as requiridas na lexislación de función pública para o persoal funcionario,ou no seu caso a antiidade que se determine por acordo na negociación. Resultará a seguinte correspondencia .
Subgrupo PAS Funcionario / Grupo PAS Laboral

A1 / I
A2 / II
B / II
Cl / III
C2 / IV
AP / V

3.- O acceso ás correspondentes escalas, subescalas e/ou especialidades realizarase atendendo ao grupo de clasificación, á titulación académica e á natureza das tarefas da categoría profesional de orixe.
4.- A participación no proceso de funcionarización terá carácter voluntario,polo que quen opte por non presentarse, permanecerá no seu posto, coa condición de persoal laboral fixo a extinguir,mantendo as condicións retributivas que lle correspondan; idénticas garantías serán aplicables ao persoal que non o supere .

5.- A superación do correspondente proceso dará dereito a ser nomeado/a persoal funcionario de carreira. Con carácter xeral,a toma de posesión efectuarase no mesmo posto que se viñera desempeñando.
6.-Garantira se ao persoal que adquira a condición de funcionario/a os dereitos retributivos mediante complementos persoa is que poderán ser absorbibles ou non absorbibles.

7.- Coa finalidade de promover e facilitar o proceso de funcionarización realizaranse cursos formativos específicos.

/?

Vigo, 6 de outubro 2015

Coa túa opinión traballamos mellor

Publicar un comentario

Coa túa opinión traballamos mellor, grazas.