martes, 26 de abril de 2016

Nova web do Comité de Empresa de Pontevedra do PAS Laboral da UVIGO.



Estase a traballar na construción dunha nova web do Comité de empresa de Pontevedra, co obxectivo de facela máis interactiva e tratar de manter puntualmente informados ao persoal do traballo e actividade do Comité.  http://comite.webs.uvigo.es/web/

viernes, 22 de abril de 2016

A Universidade pública española entre as máis caras de Europa.

Segundo o estudo da evolución dos prezos públicos do sistema universitario español entre 2011 e 2016: os prezos das matrículas universitarias, becas, axudas e beneficios fiscais en Europa, feito pola Federación de Ensinanza de CCOO , España e un dos países da UE onde resulta máis cara a matrícula universitaria.
Ver Video
O custo da educación universitaria constitue un importante sacrificio que ten que ser sufragado na súa práctica totalidade polas familias. Os datos expostos no informe son demoledores en termos de cohesión social e poñen de manifesto a fraxilidade do noso sistema universitario.
Un alumno español paga 1.110 euros por matricularse nun grao, un alemán paga 50 euros, e un  finés cero euros.
As tres universidades públicas e a Xunta de Galicia habilitan fondos para causas económicas imprevistas e organizacións benéficas apoian a estudantes universitarios que non teñen beca ou tardan en cobrala para que non teñan que deixar os estudos.
Fonte: Voz

jueves, 7 de abril de 2016

Informacións sobre as negociacións de RPT do PAS e da Comisión tripartita de funcionarización.

Semella enrevesado pero non queda outra: hai que levar as contas para estar informados.

O vindeiro mércores 13 de abril de 2016 estan convocadas sendas reunións da Comisión de negociación da RPT  e da Comisión tripartita de funcionarización do PAS Laboral da Universidade de Vigo. 

Por outra banda, comunicarvos que  xa podedes consultar a acta nº 12 da Comisión negociadora da RPT do PAS Laboral  e as actas nº 10 e 11 da Comisión negociadora da RPT do PAS funcionario coa proposta de funcións da Biblioteca Universitaria entregada pola Xerencia.

martes, 5 de abril de 2016

Axudas á conciliación familiar e laboral para fomento da corresponsabilidade para os traballadores e familias monoparentais que se acollan á redución de xornada.

Louise Bourgeois. Untittle, 1999.
RESOLUCIÓN de 28 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral de Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexirán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo, cofinanciadas por el Fondo Social Europeo (FSE) con cargo al programa operativo FSE Galicia 2014-2020, y se procede a su convocatoria para el año 2016.


Extracto da resolución do DOG nº 61 2016/3/31.