viernes, 23 de diciembre de 2016

Desestimado o segundo recurso de reposición contra a RPT do Pas Laboral.

No Consello de Goberno de hoxe 23 de decembro desestímase o Recurso de Reposición presentado polo Comité de Empresa de Pontevedra contra a resolución da RPT.

DESCARGA O DOCUMENTO

Comunicado sobre a convocatoria de quinquenios do 10 de novembro de 2016.

COMUNICADO DE CC.OO. SOBRE A CONVOCATORIA DE QUINQUENIOS DO 10 DE NOVEMBRO DE 2016

O pasado venres, 9 de diciembro, CC.OO., o Sindicato do Ensino de Traballadores de Galiza (STEG) e a Asociación de Profesorado Asociado da Universidade de Vigo, presentamos recurso de reposición ante o Reitor da Universidade de Vigo, contra a Resolución Reitoral de 10 de novembro pola que se establece prazo para a presentación de solicitudes de avaliación docente (quinquenios), en base aos seguintes motivos:
1.- De acordo coa devandita resolución, só poderán solicitar a avaliación e, polo tanto, ter dereito á percepción de quinquenios, os profesores funcionarios e os contratados doutores fixos en servizo activo. Quedarían excluidos deste xeito, os profesores con contrato temporal, os contratados doutores interinos e  os profesores con contrato a tempo parcial.
2.- Os sindicatos asinantes consideramos que esta resolución é discriminatoria. A Directiva Europea 1999/70/CE establece que: “Por lo que respecta a las condiciones de trabajo, no podrá tratarse a los trabajadores con un contrato de duración determinada de una manera menos favorable que a los trabajadores fijos comparables por el mero hecho de tener un contrato de duración determinada, a menos que se justifique un trato diferente por razones objetivas”.
Asemade, a Directiva 97/81/CE establece que: “Por lo que respecta a las condiciones de empleo, no podrá tratarse a los trabajadores a tiempo parcial de una manera menos favorable que a los trabajadores a tiempo completo comparables por el simple motivo de que trabajen a tiempo parcial, a menos que se justifique un trato diferente por razones objetivas” . E tamén en semellantes termos se expresa o artigo 12.4 do Estatuto dos Traballadores.
3.- E verdade que a Resolución Reitoral se axusta á normativa sobre retribucións do profesorado universitario de 1989, pero os órganos da Administración están obligados a aplicar o dereito da Unión Europea.
4.- Si a discriminación do profesorado con contrato de duración determinada ou a tempo parcial ten a súa causa nunha norma estatal, cómpre inaplicar esta norma estatal mesmo cando se refiere ao sector público.
5.- Son reiteradas as sentenzas que recoñecen aos traballadores con contrato de duración determinada o dereito ao cobro de complementos salariais, (trienios, sexenios, etc.), así como o resto de dereitos que os equiparan cos traballadores con contrato indefinido.
A Universidade de Vigo non pode ignorar os dereitos dunha boa parte dos seus profesores, recoñecidos polas normas. Con esta iniciativa, os sindicatos asinantes ratifican o seu compromiso de traballar polo PDI da Universidade de Vigo, en especial por aqueles que se atopan nunha situación máis precaria.

En Vigo, a 23 de decembro de 2016
CC.OO. SECCIÓN SINDICAL UNIVERSIDAD DE VIGO
SINTICATO DE TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA

ASOCIACIÓN DE PROFESORADO ASOCIADO DE LA UNIVERSIDAD DE VIGO

jueves, 22 de diciembre de 2016

CCOO recorre os criterios de acreditación universitaria e a convocatoria de avaliación da actividade investigadora

As iniciativas do Ministerio limitan o acceso á función docente e a carreira profesional
CCOO recorre os criterios de acreditación universitaria e a convocatoria de avaliación da actividade investigadora

O sindicato inicia accións xurídicas contra o Ministerio de Educación por considerar que a publicación na súa páxina web dos novos criterios de avaliación para o acceso á docencia universitaria do persoal funcionario (programa ACADEMIA) non se axusta á legalidade vixente. Ademais, recorre a convocatoria de avaliación da actividade investigadora por discriminar a mulleres e persoal interino.


A Federación de Enseñanza de CCOO (FECCOO) interpuxo onte recurso contencioso administrativo contra a actuación do Ministerio de Educación, que o pasado 29 de novembro de 2016 publicou na súa páxina web os criterios de acreditación para o acceso á docencia universitaria do personal funcionario. A publicación na páxina web fíxose sen resolución expresa polo órgano competente, sen mediar o procedemento expresado no Real Decreto 1312/2007 e sen opción para os/as interesado/as de coñecer os umbrais mínimos establecidos na norma básica Real Decreto 415/2015.
De forma paralela,o gabinete xurídico de FECCOO iniciou accións legais contra a Resolución de 30 de novembro de 2016, pola que a Secretaría de Estado de Avaliación, Formación Profesional e Universidades fixa o procedemento e prazo de presentación de solicitudes de avaliación da actividade investigadora á Comisión Nacional Avaliadora da  Actividade Investigadora.
O sindicato considera que dita Resolución discrimina ao persoal interino e mulleres, dificultando a súa carreira profesional. En concreto,  baséase no artigo primeiro, que di que “Los funcionarios de carrera de los cuerpos docentes universitarios y de las escalas de Investigación, Investigaciones Científicas y Científicos Titulares del Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) podrán presentar solicitud de evaluación de la actividad investigadora…”. Neste texto exclúese ao docente universitario interino, impedíndolle a solicitude de avaliación da súa actividade investigadora, sufrindo unha clara discriminación respecto ao funcionario de carreira. Ao respecto, CCOO recorda as sentenzas ditadas recentemente polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea que afirman a igualdade de trato dos empregados temporais e fixos.

Asi mesmo, alude a que a Resolución sinala no seu artigo 2.7.b. que poderán solicitar a acreditación “aquellos que nunca se hayan presentado anteriormente y cumplan un mínimo de seis años evaluables el 31 de diciembre de 2016”. A forma na que se computa este tempo, establecido no artigo 10 da orde de 1994, discrimina a aquelas profesoras que poideran ou podan gozar dunha excedencia por coidado de fillos/as, maternidade e lactancia. 

jueves, 15 de diciembre de 2016

Manifestación. Recuperación do poder adquisitivo e garantía das pensións. Vía Norte 20h.


CCOO e UGT convocan mobilizaciones para hoxe xoves 15 de decembro en todo o Estado para recuperar os dereitos perdidos durante os anos de crise, mediante a creación de emprego de calidade e o establecemento duns salarios dignos, a recuperación do poder adquisitivo e das garantías das pensións públicas, e unha prestación básica para as persoas máis necesitadas. 

Temos por diante moito por facer. É o momento de negociar, mais tamén de mobilizar para esixir que o diálogo social se traduza en resultados tanxibles, que se atenda a cidadanía, que se nos permita saír da senda da desigualdade e a pobreza, reducir substancialmente o desemprego e impulsar un crecemento económico sostible, con máis e mellores empregos, mellores salarios –incluído un salario mínimo interprofesional do 60 % do salario medio ao final da lexislatura– e garantía para as pensións e o seu poder adquisitivo, así como recuperar as liberdades e dereitos democráticos.  Consultar calendario de mobilizacións