A noticia deste novo caso de abuso no contexto universitario ten á forza que facernos reflexionar sobre o grado de responsabilidade que temos todos e todas cando intuimos ou sabemos de casos de inxustizas que se perpetúan na noso ámbito e non somos quen de ofrecer canles para a súa reparación. Estas situacións son totalmente evitables cando se traballa no entorno de confianza e respeto que se supón é o que rexe nas comunidades universitarias.
miércoles, 11 de enero de 2017
CCOO consegue que Educación modifique a súa interpretación da convocatoria de avaliación da actividade investigadora.
O Ministerio de Educación publicou unha nota na súa páxina
web na que indica que o tempo de permanencia do profesorado funcionario en
situación de excedencia para atender o coidado de fillos/as ou familiar/es no
seu cargo é computable a efectos de avaliación da actividade investigadora.
A Federación de Enseñanza
de CCOO (FECCOO) interpuxo o pasado 20 de decembro un recurso contra a
Resolución de 30 de novembro de 2016, pola que a Secretaría de Estado de
Avaliación, Formación Profesional e Universidades fixa o procedemento e prazo
de presentación de solicitudes de avaliación da actividade investigadora á
Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora.
O sindicato recorreu
dita Resolución porque discrimina a personal interino e mulleres, dificultando
a súa carreira profesional. En concreto, a Resolución sinala no seu artigo
2.7.b. que poderán solicitar a avaliación “aqueles que nunca se presentaran
anteriormente e cumpran un mínimo de seis anos avaliables o 31 de dicembro de
2016”. FECCOO argumentou que a forma na que se computa este tempo, establecido
no artigo 10 da orden de 1994, discrimina a aquelas profesoras que puideron ou
podan gozar dunha excedencia por coidado de fillos/as, maternidade e lactancia.
O Ministerio de
Educación reaccionou publicando na súa páxina web a nota “Convocatoria Sexenios
Comisión Nacional Evaluadora de la Actividad Investigadora”, que conclúe, en
base ao recollido no artigo 89.4 do Real
Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto
refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, que “os funcionarios
de carreira que se encontren en excedencia para atender o coidado dun ou varios fillos, ou dun familiar que se encontre ao seu cargo, poderán
incluír na súa solicitude de avaliación de sexenios os anos (e as achegas
elaboradas e publicadas ditos anos) que permaneceran en dita situación administrativa de
excedencia”.
Educación entende
agora que o tempo de permanencia do Personal Docente e Investigador (PDI)
funcionario en situación de excedencia para atender o coidado de fillos/as ou o
de familar/es ao seu cargo é computable a efectos de trienios, carreira e
dereitos no réxime de seguridade social que sexa de aplicación.
CCOO valora positivamente este cambio,
aínda que cree que non é suficiente, posto que todavía non se recoñece de forma
explícita o período de baixa por maternidade e lactancia. Asi mesmo, esixe
novamente o Ministerio de Educación que modifique a convocatoria de sexenios e
inclúa nela ao PDI funcionario interino para evitar unha discriminación que non
está xustificada, como recentemente recolleu o Tribunal de Xustiza da Unión Europea
nas súas sentenzas, que afirman igualdade de trato entre os empregados públicos
temporais e fixos.
martes, 10 de enero de 2017
CCOO Sanidade: Manifestación polo centro de saúde de Navia. Mércores 11 de xaneiro.
MANIFESTACIÓN o mércores 11 de xaneiro, ás 19:00 horas desde o número 18-20 da rúa Teixugueiras até o Centro de Saúde de Navia.
A situación puntual que afecta ao Centro de Saúde de Navia é un indicador do que está a suceder na Atención Primaria da Área de Vigo.
A falta de persoal na Atención Primaria da Área sanitaria de Vigo é ben coñecida por todas e todos pois a sufrimos cando pedimos cita para acudir a unha consulta de medicina de familia, de enfermaría ou necesitamos fisioterapia. Esta situación agrávase aínda máis cando necesitamos acudir ás consultas de pediatría. As causas desta situación son os recortes de prazas, o incumprimento da promesa electoral de construír novos centros de saúde en Vigo e a mala planificación nas necesidades dos profesionais, no caso da pediatría, xunto cunha política de contratación so centrada no aforro económico.
Por todo isto reclamamos, de xeito urxente:
· Utilizar tódolos recursos dispoñibles na actualidade no Centro de Saúde de Navia, para o que é preciso dotalo de máis persoal de medicina de familia, pediatría, de enfermería, matronas, fisioterapeutas, auxiliares, persoal de servizos xerais, etc. Este Centro ten unha importante lista de espera para cambiar de médico de familia e polas características da súa poboación precisa reforzar de xeito importante a Pediatría.
· Crear un Centro de Atención Primaria no Anexo II do H. Xeral que permita, ademais do traslado xa feito da rúa Bolivia, redistribuír tarxetas sanitarias dos Servizos de Atención Primaria da Dobrada e rúa Cuba e adscribir as do barrio de San Roque na contorna do Hospital Xeral.
· Dedicar os Centros de Especialidades, tralo seu peche, á Atención Primaria para mellorar o espazo dispoñible no CS da Dobrada e para desconxestionar López Mora (que está en malas condicións) e Coia.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)