jueves, 19 de mayo de 2016

O problema da falla de control na libre designación.


No proceso de concurso que ven de por en marcha a Xunta de Galicia paraa elección dos primeiros xefes de servizo sen recurrir á libre designación CCOO mostrase esceptica ante unha posible "libre designación encuberta" o incluirse no concurso unha entrevista persoal.

O concepto de "libre designación" ven asociado a  termos que temos todos en mente e pouco teñen que ver co emprego público e a administración. A nosa Universidade non escapa a esta figura e termos como  "apreciación discrecional", "arbitrariedade","especial responsabilidade e confianza" son utilizados con naturalidade aínda que poñan en cuestión a neutralidade, obxectividade e independenza coa que deben rexirse os empregados públicos. Baixo estas palabras acubillanse situacións de "dedocracia"que parecen obedecer as posibilidades que ofrecen as formas extraordinarias para regatear os principios de igualdade, mérito e capacidade.

jueves, 5 de mayo de 2016

O Consello da Xunta de Galicia aprobou onte a proposta de calendario laboral para 2017.


Fonte: Faro

CCOO volve a gañar as eleccións sindicais nas universidades públicas españolas.

O pasado 31 de decembro de 2015 concluiu o período de cómputo dos resultados das eleccións sindicais celebradas durante os catro anos anteriores. Durante este tempo elexiuse a representación das Xuntas de Persoal e Comités de Empresa de PDI e PAS que, computados de xeito global, servirán para establecer a representatividade de cada organización sindical nas diferentes mesas de negociación, tanto no ámbito xeral dos empregados públicos como no específico do sector universitario.



Fonte: TE nº 355. pax.12.