viernes, 25 de noviembre de 2016

CC.OO contra a violencia de xénero

Documento completo










Unhas propostas que serán trasladadas ao Gobierno e ao conxunto dos partidos políticos e organizacións sociais. CCOO manifesta o seu máis rotundo rexeitamento á persistente violencia contra as mulleres, que en 2015 se cobrou a vida de 60 mulleres e de 39 no que vai de ano, e chama a participar nas manifestacións e actos convocados para o 25 de novembro, con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

viernes, 18 de noviembre de 2016

Novas sentenzas e nova xurisprudencia nos despidos de interinidades.

Fonte    Louise Bourgeois 10 AM IS WHEN YOU COME TO ME, 2006 (detail)  
Novo caso de sentenza por despedimento dunha interina que podería cobrar ata 28.000 euros como consecuencia da consideración do xuiz como improcedente (non nulo) o despedimento. Esta sentenza supón unha alancada moi importante porque ata agora as sentenzas centrábanse na  equiparación de temporais e fixos na indemnización pero agora esta equiparación implica tamén ao procedemento.





jueves, 17 de noviembre de 2016

Universidade de Vigo. Convocatoria de concurso público para contratar persoal docente e investigador.






Hoxe convócase no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se convoca concurso público para contratar persoal docente e investigador nas seguintes categorías:

Profesorado axudante doutor: PREME AQUÍ.

- 1 praza na Área de Tradución e Interpretación.
- 1 praza na Área de Mecánica dos Medios Continuos e Teoría da Estructura.


Profesorado asociado: PREME AQUÍ.

- 1 praza na Área de Historia da Arte.
- 1 praza na Área de Lingua Española.
- 1 praza na Área de Enxeñaría Mecánica.
- 1 praza na Área de Mecánica dos Medios Continuos e Teoría da Estrutura.
- 2 praza na Área de Dereito Penal.
- 1 praza na Área de Dereito Financeiro e Tributario.

Listas de agarda:  PREME AQUÍ

- Área de Historia Moderna.
- Área de Tradución e Interpretación. 
- Área de Enxeñaría Mecánica.
- Área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social. 

Consulta todas as covocatorias.





lunes, 7 de noviembre de 2016

CCOO consegue as primeiras sentenzas favorables que aplican a doutrina do Tribunal Europeo sobre a indemnización de persoal temporal.













CCOO consegue as primeiras sentenzas favorables que aplican a doutrina do Tribunal Europeo sobre a indemnización de persoal temporal. A asesoría jurídica de CC.OO.  ven de conseguir que o Xulgado do Social nº 2 de Ourense recoñeza a unha traballadora unha compensación de 20 días por ano traballado por mor do remate do seu contrato como interina.  Trátase da primeira sentenza en Galicia que aplica a doutrina del Tribunal de Xustiza da Unión Europea, que establece que "non hai xustificación algunha para que, ao rematar os contratos temporais, as/os traballadora/es non perciban unha indemnización idéntica á dos/das traballadora/es contratados fixos".

viernes, 4 de noviembre de 2016

Revogación da Relación de Postos de Traballo do funcionario de Administración e Servizos da Universidade de Vigo.

  
No D.O.G. de 4 de novembro de 2016 publícase a Resolución de 26 de outubro de 2016 porla que se acorda publicar a revogación  da relación de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos da Universidade de Vigo.
  
DOCUMENTO

Anulación da Relación de Postos de Traballo do Persoal Laboral de Administración e Servizos da Universidade de Vigo.

  




No D.O.G. de 4 de novembro de 2016 publícase a Resolución de 26 de outubro de 2016 porla que se acorda publicar a anulación da resolución de postos de traballo do persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo.  
DOCUMENTO