Velaquí un artigo que aporta unha impagable dose de optimismo nestes tempos de apatía e brazos caídos nunha universidade dende hai moito invadida por procesos burocráticos que complican ata o imposible o traballo diario. Ogallá sea contaxiosa esta paixón da profesora María Acason ¿ou non?
Ver a noticia
martes, 27 de octubre de 2015
jueves, 22 de octubre de 2015
Negociación RPT Pas Laboral, acta nº 8 de 29 de setembro de 2015
Podedes consultar AQUÍ a derradeira Acta da Comisión Negociadora da RPT Laboral, cuxo contido reproducimos a continuación..
jueves, 15 de octubre de 2015
Comeza o proceso de negociación da Funcionarización do Pas Laboral da Universidade de Vigo
O pasado 8 de setembro a Xerencia da Universidade convocou aos representantes dxs traballadorxs para sentar as bases de negociación da funcionarización do persoal laboral da universidade. Nesa reunión a xerencia presentou un documento de puntos básicos sobre os que iniciar o proceso, que se asinou polas partes o pasado 6 de outubro. Reproducimos a continuación o contido do documento para que nos fagades chegar todas as vosas inquedanzas e cuestións.
[o documento podedelo consultar no apartado de Funcionarización, en pdf é o seguinte:
[o documento podedelo consultar no apartado de Funcionarización, en pdf é o seguinte:
PUNTOS BÁSICOS PARA UN ACORDO
DE FUNCIONARIZACIÓN DO PERSOAL DE LABORAL
DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS.
1.- A funcionarización realizarase para todos os postos de traballo correspondentes que integren a relación de postos de traballo do persoal laboral
de administración e servizos (RPT) vixente na data
en que se asine o correspondente acordo,que
previamente se integrarán na RPT do PAS funcionario.
2.- Cada un dos actuais
grupos de titulación fixados no II Convenio Colectivo do PAS
Laboral da Universidade de Vigo integrarase necesariamente no seu correlativo subgrupo
de persoal funcionario,de
acordo coas titulacións
que aquel esixe para o PAS laboral
e as requiridas na lexislación de función
pública para o persoal
funcionario,ou
no seu caso a antigüidade que se determine por acordo na negociación.
Resultará a seguinte
correspondencia .
Subgrupo PAS Funcionario / Grupo PAS Laboral
A1 / I
A2 / II
B / II
Cl / III
C2 / IV
AP / V
3.- O acceso ás correspondentes escalas, subescalas e/ou
especialidades
realizarase atendendo ao grupo de clasificación, á titulación
académica e á natureza
das tarefas da categoría profesional de orixe.
4.-
A participación no proceso de funcionarización terá carácter voluntario,polo que quen opte por
non presentarse, permanecerá no seu posto, coa condición de persoal laboral fixo a extinguir,mantendo as condicións retributivas que lle correspondan; idénticas garantías serán aplicables ao persoal que non o supere
.
5.- A superación do correspondente proceso dará dereito a ser nomeado/a persoal funcionario de carreira. Con carácter xeral,a toma
de posesión efectuarase no mesmo posto que se viñera desempeñando.
6.-Garantira se ao persoal que adquira a condición de funcionario/a os dereitos retributivos mediante complementos persoa is que poderán ser absorbibles ou non absorbibles.
7.- Coa finalidade de promover e facilitar o proceso de funcionarización realizaranse cursos formativos específicos.
/?
Vigo, 6 de outubro 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)