CCOO esixe poñer coto á precariedade instalada entre o profesorado universitario
Os recortes de cadro de persoal seguen cebándose coa universidade española, que, desde 2012, sufriu unha perda de máis de 7.111 postos de traballo de profesorado e de persoal de administración e servizos. Para recuperar a calidade do emprego, CCOO pide unha Oferta de Empleo Público excepcional sen que supoña un incremento orzamentario.
A Federación de Ensino de CCOO denuncia a destrución do 10% do cadro de persoal do profesorado funcionario universitario desde 2009, segundo os últimos datos publicados polo Boletín Estatístico do Personal ao Servizo das Administracións Públicas elaborado polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
CCOO alerta de que este colectivo, que perdeu cerca de 4.900 efectivos nos últimos sete anos, está sendo reemplazado por docentes con contratos laborais (profesorado asociado, substituto e interino), que na maioría dos casos son temporais e a tempo parcial. A substitución dunha modalidade de contratación por outra é especialmente rechamante a partires de 2014. Desde ese ano continúa e se intensifica a destrución de persoal docente funcionario, que diminúe un 5,22%, e se incrementa o contratado, que crece un 7,6%. Este fenómeno é resultado das limitacións impostas polo Goberno, que imposibilitaba a substitución de baixas ocasionadas por xubilación con profesorado funcionario.
A comezos de 2012, o número total de empregados públicos das universidades españolas era de 154.881 persoas (100.511 pertencentes ao profesorado e 54.881 membros do personal de administración e servizos). Desde entón, destruíronse case 7.111 empregos, 4.643 de docentes e 2.468 de administración e servizos, un 4,6% e un 4,5%, respectivamente.
As diferencias son notables entre universidades.
Ata 32 perden cadro de persoal total de profesorado desde 2012 en porcentaxes moi variadas: desde o 29,2% da Universidade de Alcalá de Henares ao 0,5% da Universidade de Carataxena. Por outro lado, 16 das 17 universidades que incrementan o seu cadro de persoal docente seguen o mesmo patrón: diminúe o profesorado funcionario e crece a porcentaxe de profesorado contratado. Este é o caso, entre outras, das universidades de Valladolid e Zaragoza, que perden un 10,2% e un 8,8% de persoal docente investigador funcionario, respectivamente, e gañan un 32,6% e un 24,9% de profesorado contartado. Unicamente na Universidade Pablo Olavide, a máis nova, prodúcese o efecto contrario: increméntase un 12,7% o profesorado funcionario e cae o 18,3% o contratado.
Persoal de Administración e Servizos (PAS)
Desde 2012, a redución de cadro de persoal afectou ao 10,56% do PAS contratado laboral e ao 1,96% de persoal funcionario. O persoal agrupado no epígrafe de “outro”, no que se inclúe, entre outros, ao persoal eventual e ao persoal funcionario interino, creceu un 6,6% nos últimos catro anos.
O PAS das universidades españolas representa un 54,14% do cadro de persoal de profesores e profesoras, o que supón unha ratio aproximada dun membro de administración e servizos por cada 1,85 docente e investigador. CCOO suliña que esta cifra sitúa ao sistema universitario público en clara desvantaxe respeto a outros sistemas públicos europeos nos que a relación PAS/PDI se aproxima a unidade.
Ante este panorama desolador para a universidade española, A Federación de Ensino de CCOO esixe a convocatoria urxente dunha Oferta de Empleo Público excepcional que, sen que supoña un incremento orzamentario, recupere o emprego perdido nestes últimos anos e mellore a súa calidade, poñendo coto á crecente precaridade que se está instalando nas aulas universitarias.
29 de xuño de 2016
PERSOAL AO SERVIZO DAS UNIVERSIDADES PÚBLICAS: PAS - PDI. Evolución 2009-20116
jueves, 30 de junio de 2016
jueves, 9 de junio de 2016
A cuarta revolución industrial. Creatividade
![]() |
Digital art by Daniel Arnold-Mist .gif animation by George RedHawk . |
Inmersos nunha transformación onde a capacidade de aprendizaxe vai a marcar as oportunidades e diferenzas, o sistema educativo debe pois ir na liña de ese aprendizaxe.
Falando dunha nova revolución industrial onde os traballos do futuro estan aínda por definir e a robótica é xa unha realidade. A pregunta do millón é pois ¿ pode un robot por en perigo os postos de traballo?.
Santiago Niño Becerra, catedrático de estructura Económica na Universidad Ramón LLull cree que España enfrontarase a un futuro moi complicado a medida que a automatización prosiga a súa implantación no sistema productivo.
![]() |
http://www.eleconomista.es/economia/noticias/7415175/03/16/Nino-Becerra-sobre-la-robotizacion-Espana-se-enfrenta-al-peor-de-dos-mundos-posibles.html |
Para o segmento socioeconómico mellor representado na afamada reunión anual a puxanza de esta "cuarta revolución industrial" promete activar a economía e sacar ás empresas do mundo do seu estancamento no 1,5 % do crecemento anual dende 2008. Para os traballadores que poden verse reemprazados polos novos robots en industrias onde antes a automatización non era unha ameaza as perspectivas son menos positivas.
martes, 7 de junio de 2016
MOOC/COMA: tsunami ou recurso ¿A favor ou en contra?
Os MOOC/COMA (Massive Open Online Course / Curso online masivo e aberto) son cursos gratuitos, masivos e a distancia ofertados polas universidades a través de Internet. Sen límites de prazas, as persoas realizan o curso ao mesmo tempo por medio de videos, aplicacións e documentos baixo un sistema de autoavaliación.
Trátase dun intento de adaptación do aprendizaxe e acceso ao coñecemento a baixo coste acorde as novas realidades das xeracións nacidas entre 1980 e 2009.
Para as universidades representan un custo pero tamén un grande beneficio. Supoñen una devolución á sociedade do apoio brindado así como unha oportunidade de difusión e actualización do propio coñecemento, visualización da actividade docente e obtención de prestixio.
Sobre a situación, posibilidades, retos e futuro falábase xa no 2013 no informe nº 2 de SCOPEO.
Dende o ano 2008 universidades como MIT, Harvard, Columbia, Berkeley, e tamén univesrsidades españolas (vease o coloquio feito no 2013 na Universidad de Salamanca) e latinoamericanas ofertan Os MOOC, que polo xeral non precisan de grandes coñecementos e preparación específica para a inscripción, a través de plataformas como Edx ou Miríada X.
Vexamos pois na mediateca da Universidade de Vigo cinco razóns para non organizar u MOOC e algunha para facelo.
Trátase dun intento de adaptación do aprendizaxe e acceso ao coñecemento a baixo coste acorde as novas realidades das xeracións nacidas entre 1980 e 2009.
Para as universidades representan un custo pero tamén un grande beneficio. Supoñen una devolución á sociedade do apoio brindado así como unha oportunidade de difusión e actualización do propio coñecemento, visualización da actividade docente e obtención de prestixio.
Sobre a situación, posibilidades, retos e futuro falábase xa no 2013 no informe nº 2 de SCOPEO.
Dende o ano 2008 universidades como MIT, Harvard, Columbia, Berkeley, e tamén univesrsidades españolas (vease o coloquio feito no 2013 na Universidad de Salamanca) e latinoamericanas ofertan Os MOOC, que polo xeral non precisan de grandes coñecementos e preparación específica para a inscripción, a través de plataformas como Edx ou Miríada X.
Vexamos pois na mediateca da Universidade de Vigo cinco razóns para non organizar u MOOC e algunha para facelo.
viernes, 3 de junio de 2016
CCOO celebra que a presión sindical obrigue a Xunta a rectificar e aboar as pagas extras íntegras no 2017
O acordo asinado esta mañá entre a maioría da representación sindical e a Consellaría de Facenda garante a devolución íntegra, este ano, da parte proporcional da paga extra subtraída no ano 2013, así como o pagamento tamén completo das pagas extras no ano 2017. Comisións Obreiras (CCOO) celebra a «rectificación» da Xunta, que atribúe á presión exercida polos sindicatos nos últimos días.
A prensa da conta eco do purgatorio sufrido polo emprego público dende 2010.
A prensa da conta eco do purgatorio sufrido polo emprego público dende 2010.
![]() |
Fonte: Voz de Galicia |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)