jueves, 18 de mayo de 2017

Persistente abuso de dereito por parte das administracións ao empregar contratos de interinos ou eventuais para cubrir necesidades permanentes de traballo.

Maruja Mallo. Esqueleto (dinosaurio traslúcido), 1933. 
En España, son xa moitas as administracións públicas que incurren repetidamente no abuso da contratación de interinos ou eventuais para cubrir necesidades permanentes de traballadores e traballadoras.

Nunha situación de permanente crise na creación de emprego, resulta especialmente rexeitable que dende instancias que deberían ser exemplares na súas prácticas, atopemos casi a diario exemplos destes abusos, coma o de hoxe, no que un hospital público terá que facer indefinida a unha traballadora á que conotratou de seguido con 268 contratos.

O pasado mes de setembro, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea ditou tres sentenzas pioneiras que chamaban a atención severamente ao Estado Español sobre o uso abusivo da contratación temporal.

Estas sentenzas obrigan a quen incurra nestras prácticas a ter que recoñecer como indefinidas as persoas que teñan sido contratadas baixo estas situacións abusivas.

Contratar como interinos ou temporais a persoas de xeito indefinido non só supón unha discriminación laboral para estas persoas que ven prolongarse sine die a súa situación de precariedade e discriminación, senón que, producen unha parálise na creación de emprego público, ao cubrir con contratos temporais necesidades permanentes de traballadoras e traballadores, que é xustamente a que tiña que posibilitar as ofertas de emprego público hoxe case inexistentes e que son imprescindibles para rematar coa perda continua de emprego. 

lunes, 1 de mayo de 2017

Miles de persoas demandaron neste Primeiro de Maio en Galicia que a recuperación chegue xa a toda a cidadanía

  • CCOO e UGT convocaron manifestacións na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía e Vigo
Miles de persoas participaron nas manifestacións que CCOO e UGT convocaron en toda Galicia (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía e Vigo) para conmemorar este Primeiro de maio e reclamaron que a recuperación chegue xa ao conxunto da cidadanía. Para isto, cómpre que os gobernos, o central e galego poñan riba da mesa todos os mecanismos necesarios para garantir emprego estable, salarios xustos, pensións dignas e máis protección social.

Porque «xa non hai escusas» para que os traballadores e as súas familias continúen á marxe da recuperación económica, insistiron os sindicatos.

Neste Primeiro de Maio, os secretarios xerais de CCOO, Xosé Manuel Sánchez Aguión, e UGT, José Antonio Gómez, denunciaron que a tímida mellora da situación do emprego está «ensombrecida» por máis e máis precariedade. Aqueles persoas que teñen un posto de traballo están a ver día tras día diminuídos os seus ingresos, pois ter un traballo «xa non garante ter unha vida digna», lamentaron os dirixentes sindicais ao remate da manifestación principal, na Coruña.

Tamén as persoas pensionistas ven diminuídos os seus ingresos, malia que as pensións, nos peores momentos da crise, foron dos principais baluartes para sustentar a moitas familias. Asemade, as persoas que continúan en situación de desemprego, aínda ven como resulta cada vez máis difícil acceder aos instrumentos de protección social habilitados.

Os secretarios xerais de CCOO e UGT afirmaron hoxe que «é preciso que a clase traballadora poida vivir dignamente co froito do seu traballo, e que aquelas persoas que non teñen un emprego poidan acceder a un en condicións dignas».

Os datos revelan que, malia que a economía medra, Galicia segue sen recuperar emprego. O PIB xerado en Galicia no 2016 medrou, en relación ao 2007, previo ao estalido da crise, en 1.611 millóns de euros. «Algo está fallando», advertiron Aguión e Gómez.

Fronte a isto, entre o cuarto trimestre de 2007 e o cuarto trimestre de 2016 perdéronse en Galicia más de 146.000 ocupados. Galicia está entre as comunidades autónomas que máis emprego perde nestes anos, só superada por Estremadura e Valencia. O desemprego subiu neste mesmo período en 107.800 persoas, un 111,8 por cento máis.

Con todo, os dirixentes sindicais alertaron dunha realidade «aínda máis preocupante»: a situación «límite» de moitas familias galegas a causa do paro de longa duración, que se converteu xa nun elemento estrutural e que está a xerar situacións de pobreza e exclusión social. O paro de longa duración pasou de representar o 27,7 por cento no 2007 ao 58,2 por cento na actualidade. «Xa son moitas as persoas, con familias detrás, que non conseguen escapar da lacra do desemprego e a realidade evidencia que canto máis tempo nesta situación máis difícil é saír da mesma», apuntaron.

Por todo isto, criticaron que os mecanismos articulados pola Xunta en materia de emprego «é evidente que non funcionan», polo que instaron a Administración galega a pór riba da mesa todas as medidas necesarias para romper o «círculo vicioso» do desemprego que se instaurou no mercado laboral galego.

Malia complexa realidade, a Xunta reduciu a dotación orzamentaria en políticas activas de emprego en máis de 137 millóns de euros dende o ano 2008. A este recorte de fondos hai que sumarlle o recorte en prestacións e o endurecemento no acceso ás mesmas, imposta polo Goberno central. De feito, en Galicia quedan fóra do sistema de protección 110.000 persoas en situación de desemprego.

Neste contexto, as mulleres seguen a levar a peor parte. A taxa de actividade das mulleres galegas está a cola do Estado; a taxa de temporalidade entre as mulleres galegas é case catro puntos superior á dos homes; a taxa de paro segue sendo superior a das mulleres, en 1,3 puntos, e tan só o 43,3 por cento das mulleres en paro perciben prestacións, fronte ao 56,7 por cento dos homes. E que dicir dos mozos que vense obrigados a abandonar Galicia na busca dun futuro mellor ante a falta de expectativas de cara ao seu futuro.

Segundo Aguión e Gómez, todo isto ten «consecuencias dramáticas»: as desigualdades, a pobreza e o aumento progresivo da exclusión social, afectando a máis do 22 por cento da poboación.

Fronte a esta realidade, ambos sindicatos demandan:

— A derrogación das reformas laborais, que instalan a precariedade como norma de contratación e só fomentaron a desigualdade e a perda de dereitos.

— Pór en marcha un plan de choque polo emprego con recursos.

— Devolver o equilibrio de forzas na negociación colectiva, para que os sindicatos e empresarios poidan negociar en igualdade de condicións.

— Reformar o sistema de prestacións por desemprego para facer que chegue a todas as persoas en situación de desemprego.

— Un SMI suficiente e estable, chegando aos 1.000 euros a finais da lexislatura.

— Unha Lei de igualdade salarial.

— Derrogar a reforma das pensións de 2013. As pensións teñen que subir por riba do IPC.

— Hai que acometer unha reforma fiscal integral que consiga máis ingresos e reparta mellor os esforzos, así como loitar contra a fraude fiscal.

— É preciso poñer en marcha unha prestación de ingresos mínimos para todas aquelas persoas que, querendo traballar, non o poden facer.

— A recuperación progresiva do gasto en sanidade, educación, protección social e axuda á dependencia.

— Un Plan Estratéxico para a industria.
FOTOS DA MANIFESTACIÓN EN VIGO






















40º aniversario da legalización das CCOO.

40.º aniversario da legalización das CCOO.

O 27 de abril de 1977, hai xa corenta anos, foron legalizadas as Comisións Obreiras, que foran desde a clandestinidade, xunto co Partido Comunista, as forzas sociais máis activas contra a ditadura. Isto permitiu o nacemento legal e xurídico da Confederación Sindical de CCOO e, xa en 1978, do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia. Hoxe, 1º de maio, celebramos especialmente o día do traballo lembrando e agradecendo os dereitos que herdamos grazas aos esforzos dos nosos e nosas devanceiras.  Lembramos hoxe en especial ás mulleres pioneiras na loita solidaria pola reivindicación dos seus dereitos.

viernes, 21 de abril de 2017

Sentenza revolucionaria do Tribunal Supremo sobre despedimento de interinos


Maruja Mallo. Dúas mulleres na praia, 1928)
fonte da imaxe
Nunha nova reviravolta no asundo dos despedimentos do persoal interino nas administracións, o Tribunal Supremo ven de ditar unha sentenza moi relevante por canto segue a insistir no castigo que a Unión Europea aplica a España pola discriminación no recoñecemento de dereitos laborais entre traballadores fixos e temporais.

Dende que se plantexou esta problemática, CCOO tense posto ao servizo das persoas afectadas artellando incluso campañas de apoio xurídico para coadxuvar na resolución de conflictos que se prensentan cando unx traballadorx pode ver que o seu posto de traballo está ameazado cun despedemento que ademáis, por tratarse de contratos fraudulentos, en moitas ocasións, terían que contemplar as indemnizacións que estiman estas sentenzas.

Non sabemos, a día de hoxe, a política que a Universidade de Vigo, vai aplicar nestes casos. Agardamos que a legalidade e o escrupuloso respecto a estas leis e sentenzas sexan o modus operandi da nosa institución.

Giro del Supremo en el despido de los indefinidos no fijos. Una sentencia ordena indemnizar con 20 días a una investigadora. La justicia de la UE advirtió de la precariedad de estos empleados. 

SEGUIR LENDO

jueves, 6 de abril de 2017

Fito Histórico conseguido por CCOO na Oferta de Emprego Público




Esta reivindicación, que xa formalizou CCOO en xuño de 2016, faise agora realidade no documento o pasado 3 de abril no Ministerio de Hacienda para o conxunto das Administraciones Públicas. O acordo inclúe a convocatoria dunha Oferta de Emprego Público (OEP) excepcional que podería superar as 270.000 prazas.

CCOO-Universidade de Vigo felicítase por este acordo para combater a precariedade no sector público. 

Nos próximos tres anos, en Galicia, poderían ofertarse nas OPE todas as prazas por reposición de xubilacións e consolidar dous mil empregos docentes. 

CCOO, primeiro sindicato das Administracións públicas no Estado, leva moito tempo loitando para eliminar o «abuso» na contratación no sector público. De feito, o acordo avala as teses do sindicato, que xa en xuño do ano pasado propuxera unha OPE excepcional para rematar coa precariedade.

Co acordo que agora se alcanza, o obxectivo é reducir as interinidades a un máximo do 8 %. A Federación do Ensino de CCOO coida que no caso galego se debe aspirar a situar a eventualidade en menos do 5 %, que era o parámetro previo ao regreso do PP á Xunta. O sindicato defende uns servizos públicos «potentes» e unha escola pública de calidade.

Perda de poder adquisitivo. Doutra banda, CCOO-Universidade dei Vigo, amosa o seu desacordo polo incremento salarial do 1 % proposto polo Gobeno de España, nun momento en que o IPC estatal está no 3 %, o que suporía unha nova perda de poder adquisitivo das empregadas e empregados públicos.

Comisións insiste en que cómpre acometer un plan plurianual de recuperación dos dereitos perdidos —sobre todo canto ás retribucións e á xornada— e a garantía de que non haxa novas perdas. «O Goberno central leva dous anos insistindo na chegada da recuperación económica, pero as empregadas e empregados públicos non a ven», censura o sindicato.

viernes, 10 de marzo de 2017

As universidades tamén agardan poder convocar prazas de profesorado.

Ana Graña, vicerreitora de profesorado da Universidade de Vigo afirma, hoxe nun artigo publicado na Voz de Galicia, que "o cen por cen da taxa de reposición é o peor dos escenarios". Na universidade de Vigo esa taxa correspóndese ás 20 xubilacións que se deron no pasado ano 2016. No caso da univerisdade de A Coruña, foron 28 baixas por ese motivo e a de Santiago só pode cubrir o 65% das xubilacións. 

miércoles, 8 de marzo de 2017

8 de marzo. Día Internacional da Muller


Máis igualdade
Hoxe en día, ter un traballo e un salario non garante unhas mínimas condicións de vida porque os ingresos non abondan para cubrir as necesidades básicas das mulleres. Esta realidade, xunto coa destrución de emprego, o traballo a tempo parcial, a eventualidade e a segregación ocupacional, configuran un panorama no que é difícil pensar sequera en ter fillas ou fillos.

Galicia despobóase, a media de idade aumenta. Galicia empobrécese porque as mulleres se empobrecen, vítimas da precariedade. Son imprescindibles políticas públicas que creen emprego de calidade e que corrixan con efectividade a desigualdade. Mentres non se actúe nesa dirección, as galegas seguirán abocadas á pobreza e á emigración.

Cada ano, a Secretaría da Muller do Sindicato Nacional de CCOO fai balance da situación das mulleres no emprego, con especial atención á calidade dos postos de traballo, ás diferenzas salariais, a como incide o desemprego entre a poboación feminina ou a que sectores están máis ou menos feminizados. Esta valiosa información bota luz sobre as brechas estruturais de xénero que perpetúan unha división sexual do traballo.

Coa contundencia dos datos, podemos describir con fidelidade a dura realidade en que viven as mulleres galegas. Un país que non inviste na creación de emprego e no benestar das persoas, que non fai esforzo ningún para corrixir a desigualdade e a discriminación, ten un futuro escuro. É unha anomalía que perdura no tempo e conforma unha realidade de desemprego, precariedade, segregación ocupacional e pobreza salarial. E como adoita suceder, a realidade, tan teimuda, acábanos por dar a razón.

As dificultades para poder vivir do seu traballo, a falta de oportunidades e de emprego digno e con salario suficiente empurran a mocidade á emigración. Así é como se chama, non «mobilidade exterior». As mozas e mozos que teñen que marchar á procura de oportunidades noutros países son emigrantes económicos. Coa súa partida, Galicia perde capital humano, intelectual e profesional, amais de provocar un drama persoal a estas persoas e as súas familias.

Os datos do Instituto Galego de Estatística revelan que, desde o ano 2010, residen en Galicia 79.128 persoas menos, das que o 48,52 % serían mulleres. A poboación feminina mingua, especialmente no tramo en idade legal para traballar, con maior incidencia na franxa de 20 a 34 anos. A idade media das mulleres galegas estaba nos 46,4 anos en xaneiro do 2010 e cinco anos máis tarde subía ata os 47,8 anos.

A poboación estranxeira ten un peso pouco significativo en Galicia en comparanza coa media estatal. Ata o 1 de xaneiro de 2016 representaba o 3,2 % da poboación total, mentres que no conxunto do estado se triplica ata o 9,5 %. Peso escaso que, á luz dos datos, intuímos que segue a baixar: desde xaneiro de 2010 hai empadroadas en Galicia 21.704 persoas menos de nacionalidade estranxeira. Por riba, Galicia está á cola do estado canto ao número de persoas refuxiadas que acolle.

Os datos demográficos de Galicia amosan unha dura realidade de descenso de natalidade e envellecemento da poboación, de incapacidade de fixar poboación moza e inmigrante. Isto é indiscutible e débese á falta de expectativas laborais e a imposibilidade de desenvolver un proxecto de vida. A precariedade laboral, a temporalidade ou os atrancos para conciliar vida laboral e familiar tampouco axudan.

Mención á parte merece a fenda salarial. As mulleres galegas cobran un 22,1 % menos que os homes, e ademais son maioría nos tramos salariais máis baixos. Segundo fontes da Axencia Tributaria, o 36,34 % das mulleres asalariadas teñen ingresos igual ou por debaixo do salario mínimo interprofesional. Isto chámase pobreza salarial, mulleres pobres con traballo.

Esta é a realidade que lle queremos amosar ao presidente da Xunta, a realidade que Núñez Feijóo non coñece ou non quere ver. Cando se fan discursos mostrando preocupación polo problema demográfico pero durante anos non se poñen en marcha medidas estruturais para modificar a realidade, entendemos que non é unha preocupación real.

Xa fracasaron dous plans de dinamización demográfica —ampuloso título para ridículas accións— do Goberno, por iso CCOO esixe este 8 de marzo medidas efectivas de carácter estrutural. Afrontamos a realidade que evidencian os datos, por iso esiximos investimentos en políticas públicas que eliminen as desigualdades e xeren empregos cos que as mulleres poidan emprender proxectos vitais e se fixe poboación no noso país.

viernes, 3 de marzo de 2017

O goberno modifica o contrato axs investigadorxs predoctorais

Foto: Belas Artes, Universidade de Vigo
O goberno, en 2015 e de xeito retroactivo, ten mudado a modalidade de contratación dxos investigadorxs predoctorais que dun día para outro e sen ser informadxs previamente pasaron de ser traballadorxs con contrato por obra o servizo a traballadorxs en prácticas. Se ben este cambio non parece ter consecuencias a nivel de dereitos económicos, sí que hai razóns para dubidar da inocuidade desta medida posto que os contratos en prácticas contemplan unha duración de dous anos (fronte aos catro que se contemplan nas axudas predoctorais) e que esta modalidade de contrato non contempla dereito a indemnización.

jueves, 2 de marzo de 2017

A USC terá o primeiro conveni de España para os contratados por proxectos.

Eliseo Pérez, físico na USC e representante de CCOO.  Fonte: La Voz de Galicia 

A Universidade de Santiago terá o primeiro convenio de España para contratados por proxectos. Regulará os salarios, as categorías e os beneficios laborais de 600 traballadores e traballadoras. VER NOTICIA COMPLETA.

Eliseo Pérez, físico da USC dí que non teñen máis dereito que un contrato. (ler máis)

jueves, 2 de febrero de 2017

NOTA INFORMATIVA SOBRE A REUNÓN CON REPRESENTANTES DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE

NOTA INFORMATIVA SOBRE A REUNÓN CON REPRESENTANTES DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE
Nantronte, 31 de xaneiro,  celebrouse unha reunión con representantes do MECD á que asistiron o Secretario de Estado de Educación, FP e Universidades (Marcial Marín), o Secretario Xeral de Universidades (Jorge Sainz) e o Xefe de Gabinete do SG de Universidades (Enrique Collell). Por parte dos sindicatos asistiron representantes de FECCOO, FeSP-UGT, CSIF e CIG.
O MECD convocou a reunión para dar resposta á demanda, formulada polas organizacións sindicais, de constituír formalmente a Mesa de Negociación de Universidades para abordar os temas que históricamente formulamos e que reiteramos o pasado mes de decembro (comunicado conxunto 16-12-2016).
A reunión comezou cunha intervención do Secretario de Estado na que manifestou o seu compromiso de constituír a Mesa de Universidades. Igualmente, propuxo os temas que en opinión do Goberno deberíamos negociar na Mesa, en desenvolvemento da proposición non de lei relativa á aprobación dunha “Estrategia Española para la Educación Superior”  acordada no Congreso pola maioría de grupos parlamentarios.

Os temas fundamentais que mencionou o representante do Goberno foron as seguintes:
◦Aprobar e desenvolver un modelo de financiamento sostible e plurianual.
◦Establecer unha carreira académica previsible mediante un Estatuto do Personal Docente e Investigador que regule as condicións de traballo e a carreira profesional, consensuado coa comunidade académica, as comunidades autónomas, as organizacións sindicais e outras institucións implicadas.
◦Garantir un modelo de bolsas e axudas ao estudo baseado na suficiencia, a equidade e a cohesión social.

O MECD informounos de que contactara coa Secretaria de Estado de Función Pública (Elena Collado), para analizar as fórmulas legais que permitan constituír a Mesa de Universidades. A súa conclusión é que debe aprobarse nunha norma con rango de lei.
Por último, enmarcou a súa vontade de negociación no marco do Pacto Educativo   informounos da posta en marcha da subcomisión específica creada no Congreso. Esta subcomisión dispón de 6 meses para elaborar os correspondentes informes, incluído o ámbito universitario.

Os sindicatos compartimos a necesidade de constituír formalmente a Mesa e consideramos que é necesario manter unha reunión conxunta coa Secretaria de Estado de Función Pública para concretar o contido da norma. O MECD comprometeuse a convocar esta reunión o antes posible.

Asi mesmo, manifestamos a nosa disposición a negociar o Estatuto do PDI, tendo en conta os documentos traballados co MECD durante o ano 2011, e o resto dos temas formulados polo MECD. Non obstante lles recordamos que hai outros temas, algúns vinculados aos orzamentos xerais (taxa de reposición), que tamén debemos negociar para o que propuxemos un calendario de reunións para este grupo de traballo.
O MECD  comprometíuse a establecer unha periodicidade trimestral nas reunións, a próxima será antes de Semana Santa.

Madrid, 31 de xaneiro de 2017



Prórroga do II Convenio Colectivo do Pas Laboral da Universidade de Vigo

No Diario Oficial de Galicia de hoxe publícase a resolución pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de prórroga da ultraactividade do II Convenio colectivo do persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo.

Consulta no D.O.G.




miércoles, 11 de enero de 2017

Condeado a 7 anos de prisión un catedrático de Sevilla por abusar sexualmente de tres profesoras


A noticia deste novo caso de abuso no contexto universitario ten á forza que facernos reflexionar sobre o grado de responsabilidade que temos todos e todas cando intuimos ou sabemos de casos de inxustizas que se perpetúan na noso ámbito e non somos quen de ofrecer canles para a súa reparación. Estas situacións son totalmente evitables cando se traballa no entorno de confianza e respeto que se supón é o que rexe nas comunidades universitarias.

CCOO consegue que Educación modifique a súa interpretación da convocatoria de avaliación da actividade investigadora.



O Ministerio de Educación publicou unha nota na súa páxina web na que indica que o tempo de permanencia do profesorado funcionario en situación de excedencia para atender o coidado de fillos/as ou familiar/es no seu cargo é computable a efectos de avaliación da actividade investigadora.

A Federación de Enseñanza de CCOO (FECCOO) interpuxo o pasado 20 de decembro un recurso contra a Resolución de 30 de novembro de 2016, pola que a Secretaría de Estado de Avaliación, Formación Profesional e Universidades fixa o procedemento e prazo de presentación de solicitudes de avaliación da actividade investigadora á Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora.
O sindicato recorreu dita Resolución porque discrimina a personal interino e mulleres, dificultando a súa carreira profesional. En concreto, a Resolución sinala no seu artigo 2.7.b. que poderán solicitar a avaliación “aqueles que nunca se presentaran anteriormente e cumpran un mínimo de seis anos avaliables o 31 de dicembro de 2016”. FECCOO argumentou que a forma na que se computa este tempo, establecido no artigo 10 da orden de 1994, discrimina a aquelas profesoras que puideron ou podan gozar dunha excedencia por coidado de fillos/as, maternidade e lactancia.
O Ministerio de Educación reaccionou publicando na súa páxina web a nota “Convocatoria Sexenios Comisión Nacional Evaluadora de la Actividad Investigadora”, que conclúe, en base ao  recollido no artigo 89.4 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, que “os funcionarios de carreira que se encontren en excedencia para atender o coidado  dun ou varios fillos, ou  dun familiar que se encontre ao seu cargo, poderán incluír na súa solicitude de avaliación de sexenios os anos (e as achegas elaboradas e publicadas ditos anos) que permaneceran  en dita situación administrativa de excedencia”.
Educación entende agora que o tempo de permanencia do Personal Docente e Investigador (PDI) funcionario en situación de excedencia para atender o coidado de fillos/as ou o de familar/es ao seu cargo é computable a efectos de trienios, carreira e dereitos no réxime de seguridade social que sexa de aplicación.
CCOO valora positivamente este cambio, aínda que cree que non é suficiente, posto que todavía non se recoñece de forma explícita o período de baixa por maternidade e lactancia. Asi mesmo, esixe novamente o Ministerio de Educación que modifique a convocatoria de sexenios e inclúa nela ao PDI funcionario interino para evitar unha discriminación que non está xustificada, como recentemente recolleu o Tribunal de Xustiza da Unión Europea nas súas sentenzas, que afirman igualdade de trato entre os empregados públicos temporais e fixos.


martes, 10 de enero de 2017

CCOO Sanidade: Manifestación polo centro de saúde de Navia. Mércores 11 de xaneiro.



MANIFESTACIÓN o mércores 11 de xaneiro, ás 19:00 horas desde o número 18-20 da rúa Teixugueiras até o Centro de Saúde de Navia.

A situación puntual que afecta ao Centro de Saúde de Navia é un indicador do que está a suceder na Atención Primaria da Área de Vigo.

A falta de persoal na Atención Primaria da Área sanitaria de Vigo é ben coñecida por todas e todos pois a sufrimos cando pedimos cita para acudir a unha consulta de medicina de familia, de enfermaría ou necesitamos fisioterapia. Esta situación agrávase aínda máis cando necesitamos acudir ás consultas de pediatría. As causas desta situación son os recortes de prazas, o incumprimento da promesa electoral de construír novos centros de saúde en Vigo e a mala planificación nas necesidades dos profesionais, no caso da pediatría, xunto cunha política de contratación so centrada no aforro económico.

Por todo isto reclamamos, de xeito urxente:

·        Utilizar tódolos recursos dispoñibles na actualidade no Centro de Saúde de Navia, para o que é preciso dotalo de máis persoal de medicina de familia, pediatría, de enfermería, matronas, fisioterapeutas, auxiliares, persoal de servizos xerais, etc. Este Centro ten unha importante lista de espera para cambiar de médico de familia e polas características da súa poboación precisa reforzar de xeito importante a Pediatría.

·        Crear un Centro de Atención Primaria no Anexo II do H. Xeral que permita, ademais do traslado xa feito da rúa Bolivia, redistribuír tarxetas sanitarias dos Servizos de Atención Primaria da Dobrada e rúa Cuba e adscribir as do barrio de San Roque na contorna do Hospital Xeral.

·        Dedicar os Centros de Especialidades, tralo seu peche, á Atención Primaria para mellorar o espazo dispoñible no CS da Dobrada e para desconxestionar López Mora (que está en malas condicións) e Coia.