martes, 5 de enero de 2016

Orzamento 2016 ¿boas novas para o Pas-Laboral?


O Consello de Goberno aproba un orzamento de 160,6 millóns de euros para 2016.

Na derradeira sesión do ano, o Consello de Goberno aprovou un orzamento de 160,6 millóns de euros. 

O vicerreitor destacou o “importantísimo incremento” que se rexistra no capítulo de persoal, que aumenta un 6,5%, pasando dos 89, 1 millóns de 2015 aos 95 millóns de 2016. Tras lembrar que “estamos preto do 60% en gasto de persoal o que nos achega ao límite”, José Manuel García destacou que “fomos a única universidade do SUG que aumentou este capítulo, porque apostamos polo capital humano, o emprego público e a defensa da carreira dos nosos empregados e empregadas”. 

Agardamos que esta aposta pola defensa do capital humano se traduza na negociación dunha RPT para o PAS acorde con estas manifestacións e libre de recortes e modificacións arbitrarias das condicións de traballo do colectivo de traballadorxs. 

Neste senso queremos interpretar as verbas de José Manuel García, que sinala que a negociación da nova RPT “deberá dar resposta ás novas necesidades de organización da Universidade e tamén afrontar os retos de futuro”, ao tempo que destacou que o novo marco debe dar acubillo ao proceso de funcionarización que está en marcha. 

Coa túa opinión traballamos mellor

Publicar un comentario

Coa túa opinión traballamos mellor, grazas.