jueves, 2 de febrero de 2017

NOTA INFORMATIVA SOBRE A REUNÓN CON REPRESENTANTES DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE

NOTA INFORMATIVA SOBRE A REUNÓN CON REPRESENTANTES DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE
Nantronte, 31 de xaneiro,  celebrouse unha reunión con representantes do MECD á que asistiron o Secretario de Estado de Educación, FP e Universidades (Marcial Marín), o Secretario Xeral de Universidades (Jorge Sainz) e o Xefe de Gabinete do SG de Universidades (Enrique Collell). Por parte dos sindicatos asistiron representantes de FECCOO, FeSP-UGT, CSIF e CIG.
O MECD convocou a reunión para dar resposta á demanda, formulada polas organizacións sindicais, de constituír formalmente a Mesa de Negociación de Universidades para abordar os temas que históricamente formulamos e que reiteramos o pasado mes de decembro (comunicado conxunto 16-12-2016).
A reunión comezou cunha intervención do Secretario de Estado na que manifestou o seu compromiso de constituír a Mesa de Universidades. Igualmente, propuxo os temas que en opinión do Goberno deberíamos negociar na Mesa, en desenvolvemento da proposición non de lei relativa á aprobación dunha “Estrategia Española para la Educación Superior”  acordada no Congreso pola maioría de grupos parlamentarios.

Os temas fundamentais que mencionou o representante do Goberno foron as seguintes:
◦Aprobar e desenvolver un modelo de financiamento sostible e plurianual.
◦Establecer unha carreira académica previsible mediante un Estatuto do Personal Docente e Investigador que regule as condicións de traballo e a carreira profesional, consensuado coa comunidade académica, as comunidades autónomas, as organizacións sindicais e outras institucións implicadas.
◦Garantir un modelo de bolsas e axudas ao estudo baseado na suficiencia, a equidade e a cohesión social.

O MECD informounos de que contactara coa Secretaria de Estado de Función Pública (Elena Collado), para analizar as fórmulas legais que permitan constituír a Mesa de Universidades. A súa conclusión é que debe aprobarse nunha norma con rango de lei.
Por último, enmarcou a súa vontade de negociación no marco do Pacto Educativo   informounos da posta en marcha da subcomisión específica creada no Congreso. Esta subcomisión dispón de 6 meses para elaborar os correspondentes informes, incluído o ámbito universitario.

Os sindicatos compartimos a necesidade de constituír formalmente a Mesa e consideramos que é necesario manter unha reunión conxunta coa Secretaria de Estado de Función Pública para concretar o contido da norma. O MECD comprometeuse a convocar esta reunión o antes posible.

Asi mesmo, manifestamos a nosa disposición a negociar o Estatuto do PDI, tendo en conta os documentos traballados co MECD durante o ano 2011, e o resto dos temas formulados polo MECD. Non obstante lles recordamos que hai outros temas, algúns vinculados aos orzamentos xerais (taxa de reposición), que tamén debemos negociar para o que propuxemos un calendario de reunións para este grupo de traballo.
O MECD  comprometíuse a establecer unha periodicidade trimestral nas reunións, a próxima será antes de Semana Santa.

Madrid, 31 de xaneiro de 2017



Coa túa opinión traballamos mellor

Publicar un comentario

Coa túa opinión traballamos mellor, grazas.