jueves, 6 de abril de 2017

Fito Histórico conseguido por CCOO na Oferta de Emprego Público




Esta reivindicación, que xa formalizou CCOO en xuño de 2016, faise agora realidade no documento o pasado 3 de abril no Ministerio de Hacienda para o conxunto das Administraciones Públicas. O acordo inclúe a convocatoria dunha Oferta de Emprego Público (OEP) excepcional que podería superar as 270.000 prazas.

CCOO-Universidade de Vigo felicítase por este acordo para combater a precariedade no sector público. 

Nos próximos tres anos, en Galicia, poderían ofertarse nas OPE todas as prazas por reposición de xubilacións e consolidar dous mil empregos docentes. 

CCOO, primeiro sindicato das Administracións públicas no Estado, leva moito tempo loitando para eliminar o «abuso» na contratación no sector público. De feito, o acordo avala as teses do sindicato, que xa en xuño do ano pasado propuxera unha OPE excepcional para rematar coa precariedade.

Co acordo que agora se alcanza, o obxectivo é reducir as interinidades a un máximo do 8 %. A Federación do Ensino de CCOO coida que no caso galego se debe aspirar a situar a eventualidade en menos do 5 %, que era o parámetro previo ao regreso do PP á Xunta. O sindicato defende uns servizos públicos «potentes» e unha escola pública de calidade.

Perda de poder adquisitivo. Doutra banda, CCOO-Universidade dei Vigo, amosa o seu desacordo polo incremento salarial do 1 % proposto polo Gobeno de España, nun momento en que o IPC estatal está no 3 %, o que suporía unha nova perda de poder adquisitivo das empregadas e empregados públicos.

Comisións insiste en que cómpre acometer un plan plurianual de recuperación dos dereitos perdidos —sobre todo canto ás retribucións e á xornada— e a garantía de que non haxa novas perdas. «O Goberno central leva dous anos insistindo na chegada da recuperación económica, pero as empregadas e empregados públicos non a ven», censura o sindicato.

Coa túa opinión traballamos mellor

Publicar un comentario

Coa túa opinión traballamos mellor, grazas.