40.º aniversario da legalización das CCOO.
O 27 de abril de 1977, hai xa corenta anos, foron legalizadas as Comisións Obreiras, que foran desde a clandestinidade, xunto co Partido Comunista, as forzas sociais máis activas contra a ditadura. Isto permitiu o nacemento legal e xurídico da Confederación Sindical de CCOO e, xa en 1978, do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia. Hoxe, 1º de maio, celebramos especialmente o día do traballo lembrando e agradecendo os dereitos que herdamos grazas aos esforzos dos nosos e nosas devanceiras. Lembramos hoxe en especial ás mulleres pioneiras na loita solidaria pola reivindicación dos seus dereitos.
Coa túa opinión traballamos mellor
Publicar un comentario
Coa túa opinión traballamos mellor, grazas.