lunes, 4 de junio de 2018

Proposta de Resolución do Parlamento Europeo contra a precarización do emprego.

   En CCOO levamos traballando e reflexionando dende hai moito tempo sobre as consecuencias da malas práticas na contratación temporal. 

   Fixemos e seguimos facendo un traballo efectivo de información pública e asesoramento puntual a todas as persoas afectadas (1)

  As malas prácticas na contratación non só supoñen un prexuízo para a situación laboral das persoas, senón da súa vida en xeral, e da súa familia, como consecuencia da inestabilidade que se deriva desta situación. 

   A propia administración, no caso a Universidade de Vigo, pode resentirse non só das consecuencias dunha perda de capital humano (enténsase en termos económicos como tal o activo que supón o grao de experiencia e capacidade das e dos traballadores) senón outra non menos importante, o descrédito que como institución pública pode significar a publicación das sentenzas que recentemente obrigan á nosa administración a indemnizar ás traballadoras e traballadores temporais recentemente despedidos. 

   Hai poucos días, e tal como era previsible e vimos alertando dende hai máis dun ano, as institucións europeas, agora concretamente o Parlamento, resolve sobre as numerosas peticións contra a precariedade e uso abusivo de contratos de duración determinada.  

   O Parlamento Europeo recoñece explícitamente que esta precariedade e inestabilidade foi consecuencia dunha errada política de recortes e austeridade e fai un chamamento para o deseño de políticas de protección dos e das traballadoras. Recoñece asimesmo que estas prácticas abusivas de contratos sucesivos de duración determinada teñen socavado a lexislación en materia de emprego e da xurisprudencia do Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

    Faise eco da magnitude do problema pola cantidade de sentenzas a favor de traballadores e traballadoras despedidas que tiñan sofrido abuso de contratos de duración determinada.

   Esta práctica supón un acceso inadecuado á protección social e socava o dereito á negociación colectiva, as súas repercusións negativas no desenvolvemento da carreira profesional e especialmente no caso das mulleres por ser este un colectivo moito máis representado neste tipo de contratacións. 

   Dende o Parlamento ínstase a Comisión, Estados membros e sindicatos a cooperar na promoción do emprego de calidade, seguro e ben remunerado,  recoñécese a violación da normativa europea cando se renovan contratos de traballo de duración determinada coa finalidade de cubrir necesidades que non teñen carácter temporal, senón permanente e duradeiro. 

   A/o traballadora/r afectada/o terá que obter reparación por todos os prexuizos sofridos no pasado. 

   A protección social é de capital importancia para a seguridade económica e social da man de obra e para que os mercados de traballo funcionen de xeito adecuado. Só deste xeito se poden crear postos de traballo e aspirar a un crecemento sostible. 

   O recoñecemento da igualdade de dereitos entre os/as traballadores/as ten que ser reivindicado tódolos días. 




(1) Conferencia: Incidencia das sentenza europeas nas condicións de emprego e cesamentos de persoal interino. Impartida por Xaime Cabeza Pereiro  (maio 2017)

Coa túa opinión traballamos mellor

Publicar un comentario

Coa túa opinión traballamos mellor, grazas.