miércoles, 19 de septiembre de 2018

Sentencia pioneira da Uvigo. Conversión de contrato temporal en indefinido non fixo

Juana Capdeville, bibliotecaria, asasinada o mesmo día
que Federico García Lorca.
Vimos de coñecer que a sentenza gañada pola compañeira Ludivina Rodríguez xa é firme. Dende CCOO-Uvigo alegrámonos de que na sentenza da súa demanda contra a universidade se lle recoñeza a condición de traballadora indefinida non fixa, co recoñecemento dos dereitos que este estatuto implica.



Dende aquí animamos ás traballadoras e traballadores que poidan estar en situacións semellantes, que reclamen esta modificación nos seus contratos, coa que sen dúbida acadarán unha situación moito máis estable no seu emprego. 




Felicitámonos tamén por sermos quen de facernos entender na nosa contorna laboral e propiciar que tanto as traballadoras como a Universidade entendan que o abuso da temporalidade é unha práctica nociva para todos. 




A legalidade na contratración ten que ser condición "sine qua non" nas relacións laborais.  



Coa túa opinión traballamos mellor

Publicar un comentario

Coa túa opinión traballamos mellor, grazas.