Logo das actuacións feitas polo Comité de Empresa PAS Laboral de Pontevedra contra a Universidade de Vigo e a Resolución Reitoral de 28 de maio de 2015 (pola que se convocan axudas e subvencións para o persoal das universidades públicas galegas para a matrícula en estudios oficiais na Universidade de Vigo no curso académico 2015/2016), tivemos que acudir á Xustiza. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de estimar a demanda interposta contra da Universidade de Vigo. No fondo tratabase de evitar un novo recorte dos nosos dereitos sociais. Neste caso no artigo 55 do noso convenio:
"Artigo 55º.-Medidas. Sen prexuízo das medidas que se desenvolvan,
manterase a efectividade das seguintes:
1. Ensino universitario. A universidade habilitará
os medios para conseguir que a matrícula nos centros
sexa gratuíta para os traballadores activos e xubilados,
para os seus cónxuxes ou persoas coas que convivan
maritalmente, para fillos ao seu cargo, e así
mesmo para os/as seus/súas viúvos/as e orfos/as.
a) Nos centros universitarios dependentes da Universidade
de Vigo.
b) Nas universidades públicas do Estado cando a
titulación non exista na Universidade de Vigo, de asinarse
o pertinente convenio de reciprocidade."
Tendo en conta que a sentenza admite recurso de casación a pregunta sería ¿e agora que?
Coa túa opinión traballamos mellor
Publicar un comentario
Coa túa opinión traballamos mellor, grazas.