Ante as reiteradas
sentenzas favorables en casación nas que o Tribunal Supremo estima as
demandas de conflicto colectivo formuladas pola representación do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia,
á que con posterioridade se adheriron a Confederación
Intersindical Galega (CIG) e a Unión
General de Trabajadores de Galicia (UGT,) que declaran o dereito do Persoal de Admnistración e
Servizos das tres universidades galegas a percibir as cantidades
correspondentes aos servizos efectivamente prestados con carácter previo á
entrada en vigor da Lei Xeral de Orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia
(1 de marzo de 2013) soliciltamos á Universidade de Vigo que inste á Xunta de
Galicia a que coa maior celeridade faga efectivo o pago das cantidades que lle
corresponden a cada traballador e traballadora.
Dende CCOO pedimos
que este dereito se extenda tamén ao persoal funcionario dos colectivos de PAS
e PDI, evitando deste xeito todos os trámites que implicarían as resolucións individuais.
En todo caso, este sindicato, para
evitar a reiteración deste tipo de demandas, iniciaría un pleito piloto cun
representante destes outros colectivos para solicitar con posterioridade a
extensión das sentenzas favorables ao conxunto de traballadores e
traballadoras.
Coa túa opinión traballamos mellor
Publicar un comentario
Coa túa opinión traballamos mellor, grazas.