Dende CCOO queremos dar as grazas a Francisco Llera por compartir as súas experiencias en procesos de integración / funcionarización doutras universidades públicas españolas así como a todas as persoas que asistiron ao evento. Tendes xa a vosa disposición os videos do responsable de CCOO na Universidad de Extremadura na mediateca da UVigo TV .
Francisco LLera, utilizando como fío conductor un documento de 65 preguntas sobre o proceso de integración elaborado para a UEX, aportou un conxunto de ideas básicas a ter en conta:
- Trátase dun proceso importante que non se debe negociar con presas.
- A estabilidade da plantilla é unha responsabilidade da Xerencia e da Universidade.
- O aforro de cotizacións para a Universidade pode aproximarse a un 5,5% +1,5 %. Este 1,5 % suporía un incremento directo na nómina de cada traballador pois respondería aos cartos destinados no contrato laboral á prestación por desemprego.
- Dentro da negociación de integración, a creación de escalas resulta de vital importancia sendo un punto de inflexión que marcará todo o percorrido do proceso. Os negociadores deben evitar que sexa unha imposición unilateral da Universidade e ser conscientes de que a máis escalas máis dificultades de promoción.
- Os procesos de promoción interna deben rematarse todos antes de iniciarse a integracion / funcionarización.
- Resulta de moito interese poder negociar as figuras dos complementos (diferenciando ben os conceptos de absorbibles ou non absorbibles), do contrato relevo, da carreira profesional para todos os colectivos implicados,etc...
- O persoal laboral pode solicitar da Universidade e dos sindicatos un gabinete de asesoramento persoalizado para saber cómo afectará a decisión a súa realidade.
Charla -coloquio UVigo TV (PINCHA AQUÍ).
Coa túa opinión traballamos mellor
Publicar un comentario
Coa túa opinión traballamos mellor, grazas.