Mostrando entradas con la etiqueta negociación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta negociación. Mostrar todas las entradas

jueves, 5 de mayo de 2016

CCOO volve a gañar as eleccións sindicais nas universidades públicas españolas.

O pasado 31 de decembro de 2015 concluiu o período de cómputo dos resultados das eleccións sindicais celebradas durante os catro anos anteriores. Durante este tempo elexiuse a representación das Xuntas de Persoal e Comités de Empresa de PDI e PAS que, computados de xeito global, servirán para establecer a representatividade de cada organización sindical nas diferentes mesas de negociación, tanto no ámbito xeral dos empregados públicos como no específico do sector universitario.



Fonte: TE nº 355. pax.12.

jueves, 7 de abril de 2016

Informacións sobre as negociacións de RPT do PAS e da Comisión tripartita de funcionarización.

Semella enrevesado pero non queda outra: hai que levar as contas para estar informados.

O vindeiro mércores 13 de abril de 2016 estan convocadas sendas reunións da Comisión de negociación da RPT  e da Comisión tripartita de funcionarización do PAS Laboral da Universidade de Vigo. 

Por outra banda, comunicarvos que  xa podedes consultar a acta nº 12 da Comisión negociadora da RPT do PAS Laboral  e as actas nº 10 e 11 da Comisión negociadora da RPT do PAS funcionario coa proposta de funcións da Biblioteca Universitaria entregada pola Xerencia.

viernes, 11 de marzo de 2016

Publicación da Acta nº 4 da Comisión de Estudo da Funcionarización do PAS laboral.

A lectura da  acta nº 4 da Comisión de estudo da funcionarización do PAS Laboral do 5 de febreiro de 2016  reflicte a intención de constituir unha Comisión Tripartita (Xerencia/Laborais/Funcionarios) para seguir avanzando nun proceso que polo momento semella inmaduro.  Hoxe mesmo reunese a Xerencia cos representantes dos Comités para seguir coas negociacións da RPT Laboral  e seguidamente produciráse unha segunda reunión na que procederáse á constitución da referida Comisión Tripartita para continuar traballando sobre o proceso de integración/funcionarización.

jueves, 3 de marzo de 2016

Charla-coloquio de Francisco LLera na UVigo TV: "A funcionarizacion do Persoal Laboral na Universidade de Vigo. Estudo e análise dos procesos de negociación".

Dende CCOO queremos dar as grazas a Francisco Llera por compartir as súas experiencias en procesos de integración / funcionarización doutras universidades públicas españolas así como a todas as persoas que asistiron ao evento. Tendes  xa a vosa disposición os videos  do responsable de CCOO na Universidad de Extremadura na mediateca da  UVigo TV .
 Francisco LLera, utilizando como fío conductor un documento de 65 preguntas sobre o proceso de integración elaborado para a UEX,  aportou un conxunto de ideas básicas a ter en conta:
- Trátase dun proceso importante que non se debe negociar con presas.
- A estabilidade da plantilla é unha responsabilidade da Xerencia e da Universidade.
- O aforro de cotizacións para a Universidade pode aproximarse a un 5,5% +1,5 %. Este 1,5 %  suporía un incremento directo na nómina de cada traballador pois respondería  aos cartos destinados no contrato laboral  á prestación por desemprego.
- Dentro da negociación de integración,  a creación de escalas resulta de vital  importancia  sendo un punto de inflexión que marcará todo o percorrido do proceso. Os negociadores deben evitar que sexa unha imposición unilateral da Universidade e ser conscientes de que a máis escalas máis dificultades de promoción.
- Os procesos de promoción interna deben rematarse todos antes de iniciarse a integracion / funcionarización.
- Resulta de moito interese poder negociar as figuras dos complementos (diferenciando ben os conceptos de absorbibles ou non absorbibles), do contrato relevo, da carreira profesional para todos os colectivos implicados,etc...
- O persoal laboral pode solicitar da Universidade e dos sindicatos un gabinete de  asesoramento persoalizado para saber cómo afectará a decisión  a súa realidade.

Charla -coloquio UVigo TV (PINCHA AQUÍ). 

jueves, 11 de febrero de 2016

PROPOSTA XERENCIAL RPT LABORAL 2015 E ACTA Nº 3 DA COMISIÓN DE FUNCIONARIZACION

Logo de facerse pública a proposta de RPT 2015 do PAS Funcionario o Comité do PAS L.de Pontevedra informa da publicación da proposta xerencial de RPT para o PAS Laboral 2015.
Lembrarvos que, como ben sabedes, a Comisión de Estudo da Funcionarización do PAS L. sigue a traballar,en paralelo,no proceso de funcionarización tal e como se reflicte na súa  Acta nº 3.

lunes, 8 de febrero de 2016

FIDE ET DIFFIDE. Fíate e desconfía.



No curso de calquera negociación, o coñecemento dos obxectivos das partes resulta imprescindible para poder acadar acordos satisfactorios. No proceso, non fiarse pode soar a recelo mais facelo en demasía podería achegarnos á imprudencia. A dúbida  e a razón -guiada pola prudencia- poden obrar resultados excelentes. Información e claridade son necesarias para unha boa toma de decisión.
No emblema ilustrativo as mans que se xuntan teñen dedos cheos de ollos atentos e vixiantes.
.

jueves, 4 de febrero de 2016

PROCESOS DE FUNCIONARIZACIÓN.CONFERENCIA DE JOSÉ FRANCISCO LLERA DA UNIVERSIDADE DE EXTREMADURA.

Ante as negociacións de funcionarización do PAS Laboral da nosa Universidade a Sección Sindical de CCOO na Universidade de Vigo considera de moito interese para todo o PAS da UVigo ter a oportunidade de contar coa experiencia e información sobre procesos similares noutras universidades públicas. Nesta ocasión José Francisco Llera, responsable da Sección de CCOO na Universidade de Extremadura compartirá connosco a súa  experiencia negociadora en procesos de funcionarización.
En breve informaremos do día,  lugar e hora  da conferencia.