miércoles, 11 de enero de 2017

CCOO consegue que Educación modifique a súa interpretación da convocatoria de avaliación da actividade investigadora.



O Ministerio de Educación publicou unha nota na súa páxina web na que indica que o tempo de permanencia do profesorado funcionario en situación de excedencia para atender o coidado de fillos/as ou familiar/es no seu cargo é computable a efectos de avaliación da actividade investigadora.

A Federación de Enseñanza de CCOO (FECCOO) interpuxo o pasado 20 de decembro un recurso contra a Resolución de 30 de novembro de 2016, pola que a Secretaría de Estado de Avaliación, Formación Profesional e Universidades fixa o procedemento e prazo de presentación de solicitudes de avaliación da actividade investigadora á Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora.
O sindicato recorreu dita Resolución porque discrimina a personal interino e mulleres, dificultando a súa carreira profesional. En concreto, a Resolución sinala no seu artigo 2.7.b. que poderán solicitar a avaliación “aqueles que nunca se presentaran anteriormente e cumpran un mínimo de seis anos avaliables o 31 de dicembro de 2016”. FECCOO argumentou que a forma na que se computa este tempo, establecido no artigo 10 da orden de 1994, discrimina a aquelas profesoras que puideron ou podan gozar dunha excedencia por coidado de fillos/as, maternidade e lactancia.
O Ministerio de Educación reaccionou publicando na súa páxina web a nota “Convocatoria Sexenios Comisión Nacional Evaluadora de la Actividad Investigadora”, que conclúe, en base ao  recollido no artigo 89.4 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, que “os funcionarios de carreira que se encontren en excedencia para atender o coidado  dun ou varios fillos, ou  dun familiar que se encontre ao seu cargo, poderán incluír na súa solicitude de avaliación de sexenios os anos (e as achegas elaboradas e publicadas ditos anos) que permaneceran  en dita situación administrativa de excedencia”.
Educación entende agora que o tempo de permanencia do Personal Docente e Investigador (PDI) funcionario en situación de excedencia para atender o coidado de fillos/as ou o de familar/es ao seu cargo é computable a efectos de trienios, carreira e dereitos no réxime de seguridade social que sexa de aplicación.
CCOO valora positivamente este cambio, aínda que cree que non é suficiente, posto que todavía non se recoñece de forma explícita o período de baixa por maternidade e lactancia. Asi mesmo, esixe novamente o Ministerio de Educación que modifique a convocatoria de sexenios e inclúa nela ao PDI funcionario interino para evitar unha discriminación que non está xustificada, como recentemente recolleu o Tribunal de Xustiza da Unión Europea nas súas sentenzas, que afirman igualdade de trato entre os empregados públicos temporais e fixos.


Coa túa opinión traballamos mellor

Publicar un comentario

Coa túa opinión traballamos mellor, grazas.