martes, 10 de enero de 2017

CCOO Sanidade: Manifestación polo centro de saúde de Navia. Mércores 11 de xaneiro.



MANIFESTACIÓN o mércores 11 de xaneiro, ás 19:00 horas desde o número 18-20 da rúa Teixugueiras até o Centro de Saúde de Navia.

A situación puntual que afecta ao Centro de Saúde de Navia é un indicador do que está a suceder na Atención Primaria da Área de Vigo.

A falta de persoal na Atención Primaria da Área sanitaria de Vigo é ben coñecida por todas e todos pois a sufrimos cando pedimos cita para acudir a unha consulta de medicina de familia, de enfermaría ou necesitamos fisioterapia. Esta situación agrávase aínda máis cando necesitamos acudir ás consultas de pediatría. As causas desta situación son os recortes de prazas, o incumprimento da promesa electoral de construír novos centros de saúde en Vigo e a mala planificación nas necesidades dos profesionais, no caso da pediatría, xunto cunha política de contratación so centrada no aforro económico.

Por todo isto reclamamos, de xeito urxente:

·        Utilizar tódolos recursos dispoñibles na actualidade no Centro de Saúde de Navia, para o que é preciso dotalo de máis persoal de medicina de familia, pediatría, de enfermería, matronas, fisioterapeutas, auxiliares, persoal de servizos xerais, etc. Este Centro ten unha importante lista de espera para cambiar de médico de familia e polas características da súa poboación precisa reforzar de xeito importante a Pediatría.

·        Crear un Centro de Atención Primaria no Anexo II do H. Xeral que permita, ademais do traslado xa feito da rúa Bolivia, redistribuír tarxetas sanitarias dos Servizos de Atención Primaria da Dobrada e rúa Cuba e adscribir as do barrio de San Roque na contorna do Hospital Xeral.

·        Dedicar os Centros de Especialidades, tralo seu peche, á Atención Primaria para mellorar o espazo dispoñible no CS da Dobrada e para desconxestionar López Mora (que está en malas condicións) e Coia.








Coa túa opinión traballamos mellor

Publicar un comentario

Coa túa opinión traballamos mellor, grazas.