jueves, 26 de abril de 2018

Conferencia: Acoso Sexual no contexto universitario I



O pasado día 13 de abril, tivo lugar na Universidade de Vigo a conferencia  "Acoso sexual no ámbito da universidade" a cargo de Patricia Melgar Alcantud, profesora na Universitat de Girona e recoñecida investigadora en temas relacionados coa violencia de xénero, A prensa xeral e tamén especializada ten destacado a relevancia do seu artigo Breaking the Silence at Spanish Universities. Findings From the First Study of Violence Against Women on Campuses in Spain

A preocupación pola dificultade que implica abordar este tema no noso ámbito, empurrounos traballar na recompilación de información e recollida de datos. Felizmente, a profesora Melgar contribuiu a esclarecer o tema e forneceunos de ferramentas de traballo que serán moi efectivas para a intervención e a solución deste problema na nosa insititución.

Cando comentabamos na comunidade universitaria a nosa intención de organizar este acto observamos unha sorpresa xeneralizada que delataba desconcerto ante un problema que semellaba non existir no noso ámbito. Pero non podemos esquecer que se o acoso sexual existe na sociedade é evidente que, como parte dela, temos, cando menos, a mesma cota de participación. 

Así que a primeira medida para afrontar o problema ten que ser precisamente, recoñer que entre nós hai persoas que acosan e persoas que son vítimas de acoso.

O máis suxerente e atractivo da xornada de traballo foi precisamente este convencemento de que hai un problema e existen ferramentas para abordalo. Interiorizando a coñecida premisa de que se non formas parte da solución, eres parte do problema, decatabamonos de que malia ter ferramentas normativas, teóricas e informativas ao noso dispor (véxase a completa información que recolle a nosa web da área de igualdade), non se axuda de xeito efectivo. E esto e así porque a información que falta é a que verdadeiramente se precisa:  a concreta sobre o tema de acoso entre nós (qué casos se dan, cómo se resolven, cómo se protexe a confidencialidade, etc.). Esta ausencia delata unha desacougante e persistente incapacidade para facerlle fronte a  este problema. Agocharnos na falla de denuncia das vitimas deixou de ser unha escusa hai tempo, xa o sabiamos, e cómpre atopar novas vías.

Estas novas vías de traballo atopámolas en contextos máis desenvolvidos, nos que cicais os problemas se estén resolvendo, non porque haxa máis acosadores, senón porque os casos denúncianse (pódense denunciar, queremos dicir, sen perigo para a vitima) e, ó sair á luz pódense artellar medidas concretas que xustifican a aplicación de recursos humanos e orzamentarios para a súa resolución. Neste eido, pareceunos do máis relevante a experiencia que nos trouxo das universidades norteamericanas. Algunhas delas incluso explican en follas informativas tanto a novos estudantes como ao persoal de novo ingreso, os tipos acoso sexual que se están denunciando e os xeitos de abordalos que plantexa a institución. A profesora Melgar compartiu connosco algunhas destas experiencias e as medidas que incluso dende o goberno federal se tiñan activado, como o Green Dot, programa nomeado por Obama como modélico na loita contra o acoso sexual na contorna dos campus universitarios. 

PRÓXIMAS ACHEGAS:

 II. Por un campus libre de violencia: Medidas concretas: ¿que facer? ¿cómo axudo se coñezo algún caso de acoso sexual?

III. O Acoso sexual de Segunda Orde (ASSO. Qué é como axuda a desactivar á persoa que acosa?


1 comentario:

Coa túa opinión traballamos mellor, grazas.