jueves, 2 de mayo de 2019

Eleccións PDI Universidade de Vigo


O próximo 9 de maio vanse celebrar eleccións sindicais na Universidade de Vigo para elixir aos representantes do nas Xuntas de funcionario e nos Comités de Empresa.

Para pedir o teu voto gustaríanos presentar un balance brillante e un programa moi ambicioso. Presumir e prometelo todo.
Pero ti sabes mellor que ninguén como che foi e como lle foi á Universidade nestes últimos catro anos; un deterioro xeral das condicións de traballo e, quizais, a crecente percepción na sociedade en xeral e no en particular de que os sindicatos non serven, non saben, non poden ou non queren.
Esta non é una desculpa, é unha breve explicación do acontecido, de qué fixemos para tentar evitalo e de como queremos que sexa o noso traballo na universidade nos próximos anos.
Malia todo cremos que a Universidade é mellor con sindicatos que sen eles. Sabemos que as cousas terían ido moito peor nestes anos de non ter ofrecido resistencia. CCOO cre firmemente que queda tarefa por facer.
Unha parte das condicións laborais que afectan ao profesorado universitario negócianse en ámbitos externos á propia universidade. Na mesa de negociación estatal trátanse a actualización salarial, os complementos estatais, o sistema de acreditación (funcionamento da ANECA) estabilización e promoción, entre outros. Mentres que a nivel autonómico negócianse os complementos autonómicos, o funcionamento da ACSUG, o seguimento e interpretación do convenio colectivo do  PDI laboral, a Lei Galega de universidades e o seu desenvolvemento (horarios, elección de materias etc.).
As condicións de traballo e a folla de ruta para a estabilidade e a promoción son incertas polos cambios continuos e non negociados. CCOO considera desatinado que os profesores das universidades de Santiago e A Coruña desfruten dunhas condición laborais diferentes, en xeral mellores, que os da UVigo. E esta incoherencia prodúcese pola decisión estratéxica das universidades, en particular da nosa, de levar o ámbito de negociación alí onde pode imporse con facilidade. O resultado é o empeoramento relativo das nosas condicións laborais. Porén, cando o ámbito de negociación é máis amplo, a capacidade de negociación mellora e se obteñen condicións máis favorables, por exemplo coa prórroga do II convenio colectivo do PDI laboral.
Para formar parte das mesas galega e estatal é preciso contar coa condición de sindicato máis representativo no seus ámbitos respectivos. Condición que ostenta CCOO pero non outros sindicatos con implantación local ou autonómica. Tamén é crítico dinamizar unhas mesas que ate agora tiveron escasa actividade

Coa túa opinión traballamos mellor

Publicar un comentario

Coa túa opinión traballamos mellor, grazas.