jueves, 2 de mayo de 2019

Eleccións sindicais Universidade de VIgo. Diagnóstico.


1.- DIAGNÓSTICO
Pasamos catro anos duros: perda de poder adquisitivo, taxa de reposición, teito de gasto de persoal, R.D. Wert, reforma do R.D. de acreditación etc. Estes factores contribuíron a deteriorar as condicións de traballo: precarización dos contratos de docentes e investigadores, envellecemento do cadro de persoal, incerteza no consolidable por interinidades inxustificadas, dispersión e aumento da carga docente etc.
Na última década a U.Vigo perdeu máis de cen funcionarios docentes (64 só no último mandato). Adelgaza o relevo (os axudantes e axudantes doutores pasan de 50 a 40) e se perpetúan as interinidades (40 CD interinos), mentres sube a temporalidade a baixo custo: aumento de 54 asociados y 67 investigadores contratados con cargo a programas, listas de agarda etc.
Pero a responsabilidade no é so dos gobernos central e autonómico. O orzamento é autónomo e reflicte unha opción política. A UVigo dedica menos do 60% do seu orzamento de 2019 a gastos de persoal, fronte o 64,3% da media galega e o 66,5% da española. Empatar polo menos coa media galega suporía dispor de 8,2 M. de euros máis: un reforzo considerable de persoal.
No ano 2013 a Xunta impuxo ás universidades galegas un novo límite:  o teito de gasto de persoal que pretende controlar o crecemento dos gastos do capítulo I. O resto se poden prodigar sen máis límite que o equilibrio orzamentario.
Quen entón negociou este teito pola UVigo, e aqueles que o renegociaron despois, foron coherentes co paupérrimo gasto real e non souberon ou non foron quen de achegarnos ó gasto do resto das universidades galegas. Aínda hoxe o teito autorizado para a UVigo e do 55,5% do orzamento, fronte a unha media do 66% das universidades galegas. Así que, como xa nos recortábamos nos, sobraba que a Xunta viñera a facelo: o teito de masa salarial veu sendo unha mostra da eficacia con que na UVigo estira ó seu persoal. Agora se fai por obrigación o que sempre fixemos por convicción.
Pero o máis grave foi que, co tempo, veu hipotecando calquera decisión que implique necesidades de persoal: mellora da docencia (número de grupos e alumnos por grupo de docencia, duración dos cursos,...) da investigación (estabilización de investigadores), recoñecementos por actividades docentes de xestión, sabáticos, número de horas de docencia (R.D. Wert), convocatoria de prazas docentes etc. E dicir, o teito de gasto, xunto con a taxa de reposición e o aumento da carga docente, son os maiores responsables do deterioro das condicións de traballo e das nosas dificultades para cumprir a nosa vocación e a nosa función na Sociedade.  Isto concretouse, con o equipo de goberno anterior, na aplicación en máximos do R.D. Wert, a escasa valoración da docencia que dificulta a renovación e favorece a precariedade dos contratos, uns recoñecementos pouco motivadores por dirección de mestrado, prácticas externas, dirección de TFGs e TFMs, cargos académicos etc.; PDAs minguantes e arbitrarias que, segundo caso, remataban por reducir grupos e horas de docencia en graos e mestrados; segregación dos cargos en función dos seus recoñecementos, deferimento no tempo de moitos recoñecementos etc.
A docencia segue a ser a irmá pobre na Universidade. A próxima apertura dunha universidade privada en Galicia require emprender esforzos de captación de alumnos, de mellora da docencia e da relación cos egresados e empresas. Para o que carecemos de estímulo e experiencia.
Este deterioro é explicable pola marxe que a Lei da as universidades (obriga a negociar as condiciones de traballo cos sindicatos pero non a chegar a acordos), pero tamén pola actitude do equipo anterior: mesas de negociación convocadas con información insuficiente, nulo interese por chegar a acordos, rexeitamento de calquera proposta sindical, ausencia de boa fe, aprobación de normativas que afectan as condicións de traballo en Consello de Goberno, sen negociación sindical ou vulnerando os acordos acadados: criterios de elaboración de la Planificación Docente Anual (PDA), anos sabáticos, regulamento de avaliación de estudantes, criterios de produción de transferencia etc. 
CCOO, xunto con outros sindicatos, presentou recursos de reposición contra as normativas de   e de recoñecementos de actividades con repercusión en POD, así como contra a convocatoria de quinquenios, por discriminatoria para os profesores con contrato temporal. O recurso foi estimado para os CD interinos quedando pendente de determinar a cantidade do quinquenio para o resto do non fixo.
CCOO achegou escrito ao Tribunal de Garantías da Universidade de Vigo polas consecuencias da aplicación da normativa de dedicación do profesorado.
CCOO apoiou a posición dos investigadores Ramón y Cajal e Isidro Parga Pondal, dos TU e CU afectados pola paralización da oferta de emprego público de 2012, e tamén a estabilización dos axudantes doutores que remataban contrato e dos asociados acreditados que ocupaban docencia estrutural.
CCOO presentou e gañou demanda ante o TSXG para o cobro de indemnización por fin de contrato dos predoutorais.
CCOO apoio os planos de promoción da Universidade de Vigo, que favoreceron a estabilidade dos axudantes doutores e dos CD interinos, a promoción de TU a CD e un maior equilibrio por categorias entre áreas.
Boa parte destas reclamacións foron asumidas polas diferentes candidaturas nas eleccións ó reitorado. O cambio do equipo de goberno mellorou a transparencia informativa e favoreceu unha actitude máis flexible nas negociacións: reducirase a intensificación docente máxima, pagouse parcialmente o complemento de antigüidade na paga extra de decembro e negociouse a promoción de profesores asociados acreditados e de investigadores con cargo a programas.
A liña vermella desta flexibilidade e o programa electoral co que o novo equipo gañou as eleccións. Coa concreción de moitos aspectos do mesmo CCOO, e a maioría dos sindicatos, amosámonos en desacordo: interinidade dos axudantes doutores, normas de elaboración do POD, criterios para a elaboración de ofertas de emprego público etc.; sen que a falta de apoio da parte social supuxese cambios na orientación das normas.


Coa túa opinión traballamos mellor

Publicar un comentario

Coa túa opinión traballamos mellor, grazas.