jueves, 30 de junio de 2016

CCOO esixe poñer coto á precariedade instalada entre o profesorado universitario

CCOO esixe poñer coto á precariedade instalada entre o profesorado universitario

Os recortes de cadro de persoal seguen cebándose coa universidade española, que, desde 2012, sufriu unha perda de máis de 7.111 postos de traballo de profesorado e de persoal de administración e servizos. Para recuperar a calidade do emprego, CCOO pide unha Oferta de Empleo Público excepcional sen que supoña un incremento orzamentario.

Federación de Ensino de CCOO denuncia a destrución do 10% do cadro de persoal do profesorado funcionario universitario desde 2009, segundo os últimos datos publicados polo Boletín Estatístico do Personal ao Servizo das Administracións Públicas elaborado polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

CCOO alerta de que este colectivo, que perdeu cerca de 4.900 efectivos nos últimos sete anos, está sendo reemplazado por docentes con contratos laborais (profesorado asociado, substituto e interino), que na maioría dos casos son temporais e a tempo parcial. A substitución dunha modalidade de contratación por outra é especialmente rechamante a partires de 2014. Desde ese ano continúa e se intensifica a destrución de persoal docente funcionario, que diminúe un 5,22%, e se incrementa o contratado, que crece un 7,6%. Este fenómeno é resultado das limitacións impostas polo Goberno, que imposibilitaba a substitución de baixas ocasionadas por xubilación con profesorado funcionario.

A comezos de 2012, o número total de empregados públicos das universidades españolas era de 154.881 persoas (100.511 pertencentes ao profesorado e 54.881 membros do personal de administración e servizos). Desde entón, destruíronse case 7.111 empregos, 4.643 de docentes e 2.468 de administración e servizos, un 4,6% e un 4,5%, respectivamente.

As diferencias son notables entre universidades.

Ata 32 perden cadro de persoal total de profesorado desde 2012 en porcentaxes moi variadas: desde o 29,2% da Universidade de Alcalá de Henares ao 0,5% da Universidade de Carataxena. Por outro lado, 16 das 17 universidades que incrementan o seu cadro de persoal docente seguen o mesmo patrón: diminúe o profesorado funcionario e crece a porcentaxe de profesorado contratado. Este é o caso, entre outras, das universidades de Valladolid e Zaragoza, que perden un 10,2% e un 8,8% de persoal docente investigador funcionario, respectivamente, e gañan un 32,6% e un 24,9% de profesorado contartado. Unicamente na Universidade Pablo Olavide, a máis nova, prodúcese o efecto contrario: increméntase un 12,7% o profesorado funcionario e cae o 18,3% o contratado.

Persoal de Administración e Servizos (PAS)

Desde 2012, a redución de cadro de persoal afectou ao 10,56% do PAS contratado laboral e ao 1,96% de persoal funcionario. O persoal agrupado no epígrafe de “outro”, no que se inclúe, entre outros, ao persoal eventual e ao persoal funcionario interino, creceu un 6,6% nos últimos catro anos.

O PAS das universidades españolas representa un 54,14% do cadro de persoal de profesores e profesoras, o que supón unha ratio aproximada dun membro de administración e servizos por cada 1,85 docente e investigador. CCOO suliña que esta cifra sitúa ao sistema universitario público en clara desvantaxe respeto a outros sistemas públicos europeos nos que a relación PAS/PDI se aproxima a unidade.

Ante este panorama desolador para a universidade española, A Federación de Ensino de CCOO esixe a convocatoria urxente dunha Oferta de Empleo Público excepcional que, sen que supoña un incremento orzamentario, recupere o emprego perdido nestes últimos anos e mellore a súa calidade, poñendo coto á crecente precaridade que se está instalando nas aulas universitarias.

29 de xuño de 2016

PERSOAL AO SERVIZO DAS UNIVERSIDADES PÚBLICAS: PAS - PDI. Evolución 2009-20116 

Coa túa opinión traballamos mellor

Publicar un comentario

Coa túa opinión traballamos mellor, grazas.