viernes, 3 de junio de 2016

CCOO celebra que a presión sindical obrigue a Xunta a rectificar e aboar as pagas extras íntegras no 2017

O acordo asinado esta mañá entre a maioría da representación sindical e a Consellaría de Facenda garante a devolución íntegra, este ano, da parte proporcional da paga extra subtraída no ano 2013, así como o pagamento tamén completo das pagas extras no ano 2017. Comisións Obreiras (CCOO) celebra a «rectificación» da Xunta, que atribúe á presión exercida polos sindicatos nos últimos días.
A prensa da conta eco do purgatorio sufrido polo emprego público dende 2010.         

Fonte: Voz de Galicia
                             

Coa túa opinión traballamos mellor

Publicar un comentario

Coa túa opinión traballamos mellor, grazas.