martes, 7 de junio de 2016

MOOC/COMA: tsunami ou recurso ¿A favor ou en contra?

Os MOOC/COMA (Massive Open Online Course / Curso online masivo e aberto) son cursos gratuitos, masivos e a distancia  ofertados polas universidades a través de Internet. Sen límites de prazas, as persoas realizan o curso ao mesmo tempo  por medio de videos, aplicacións e documentos baixo un sistema de autoavaliación.
Trátase dun intento de adaptación do aprendizaxe e acceso ao coñecemento a baixo coste acorde as novas realidades das xeracións nacidas entre 1980 e 2009.
Para as universidades representan un custo pero tamén un grande beneficio. Supoñen una devolución á sociedade do apoio brindado así como unha oportunidade de difusión e actualización do propio coñecemento, visualización da actividade docente e obtención de prestixio.
Sobre a situación, posibilidades, retos e futuro falábase xa no 2013 no informe nº 2 de  SCOPEO.
Dende o ano 2008 universidades  como MIT, Harvard, Columbia, Berkeley, e tamén univesrsidades españolas (vease o coloquio feito no 2013 na Universidad de Salamanca) e latinoamericanas ofertan  Os MOOC, que polo xeral non precisan de grandes coñecementos e preparación específica para a inscripción, a través de plataformas como  Edx ou Miríada X.
Vexamos pois na mediateca da Universidade de Vigo cinco razóns para non organizar u MOOC e algunha para facelo.

Coa túa opinión traballamos mellor

Publicar un comentario

Coa túa opinión traballamos mellor, grazas.