jueves, 22 de diciembre de 2016

CCOO recorre os criterios de acreditación universitaria e a convocatoria de avaliación da actividade investigadora

As iniciativas do Ministerio limitan o acceso á función docente e a carreira profesional
CCOO recorre os criterios de acreditación universitaria e a convocatoria de avaliación da actividade investigadora

O sindicato inicia accións xurídicas contra o Ministerio de Educación por considerar que a publicación na súa páxina web dos novos criterios de avaliación para o acceso á docencia universitaria do persoal funcionario (programa ACADEMIA) non se axusta á legalidade vixente. Ademais, recorre a convocatoria de avaliación da actividade investigadora por discriminar a mulleres e persoal interino.


A Federación de Enseñanza de CCOO (FECCOO) interpuxo onte recurso contencioso administrativo contra a actuación do Ministerio de Educación, que o pasado 29 de novembro de 2016 publicou na súa páxina web os criterios de acreditación para o acceso á docencia universitaria do personal funcionario. A publicación na páxina web fíxose sen resolución expresa polo órgano competente, sen mediar o procedemento expresado no Real Decreto 1312/2007 e sen opción para os/as interesado/as de coñecer os umbrais mínimos establecidos na norma básica Real Decreto 415/2015.
De forma paralela,o gabinete xurídico de FECCOO iniciou accións legais contra a Resolución de 30 de novembro de 2016, pola que a Secretaría de Estado de Avaliación, Formación Profesional e Universidades fixa o procedemento e prazo de presentación de solicitudes de avaliación da actividade investigadora á Comisión Nacional Avaliadora da  Actividade Investigadora.
O sindicato considera que dita Resolución discrimina ao persoal interino e mulleres, dificultando a súa carreira profesional. En concreto,  baséase no artigo primeiro, que di que “Los funcionarios de carrera de los cuerpos docentes universitarios y de las escalas de Investigación, Investigaciones Científicas y Científicos Titulares del Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) podrán presentar solicitud de evaluación de la actividad investigadora…”. Neste texto exclúese ao docente universitario interino, impedíndolle a solicitude de avaliación da súa actividade investigadora, sufrindo unha clara discriminación respecto ao funcionario de carreira. Ao respecto, CCOO recorda as sentenzas ditadas recentemente polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea que afirman a igualdade de trato dos empregados temporais e fixos.

Asi mesmo, alude a que a Resolución sinala no seu artigo 2.7.b. que poderán solicitar a acreditación “aquellos que nunca se hayan presentado anteriormente y cumplan un mínimo de seis años evaluables el 31 de diciembre de 2016”. A forma na que se computa este tempo, establecido no artigo 10 da orde de 1994, discrimina a aquelas profesoras que poideran ou podan gozar dunha excedencia por coidado de fillos/as, maternidade e lactancia. 

Coa túa opinión traballamos mellor

Publicar un comentario

Coa túa opinión traballamos mellor, grazas.