CCOO e UGT convocan mobilizaciones para hoxe xoves 15 de decembro en todo o Estado para recuperar os dereitos perdidos durante os anos de crise, mediante a creación de emprego de calidade e o establecemento duns salarios dignos, a recuperación do poder adquisitivo e das garantías das pensións públicas, e unha prestación básica para as persoas máis necesitadas.
Temos por diante moito por facer. É o momento de negociar, mais tamén de mobilizar para esixir que o diálogo social se traduza en resultados tanxibles, que se atenda a cidadanía, que se nos permita saír da senda da desigualdade e a pobreza, reducir substancialmente o desemprego e impulsar un crecemento económico sostible, con máis e mellores empregos, mellores salarios –incluído un salario mínimo interprofesional do 60 % do salario medio ao final da lexislatura– e garantía para as pensións e o seu poder adquisitivo, así como recuperar as liberdades e dereitos democráticos. Consultar calendario de mobilizacións
Coa túa opinión traballamos mellor
Publicar un comentario
Coa túa opinión traballamos mellor, grazas.