COMUNICADO DE CC.OO.
SOBRE A CONVOCATORIA DE QUINQUENIOS DO 10 DE NOVEMBRO DE 2016
O pasado venres, 9 de diciembro,
CC.OO., o Sindicato do Ensino de Traballadores de Galiza (STEG) e a Asociación
de Profesorado Asociado da Universidade de Vigo, presentamos recurso de
reposición ante o Reitor da Universidade de Vigo, contra a Resolución Reitoral
de 10 de novembro pola que se establece prazo para a presentación de
solicitudes de avaliación docente (quinquenios), en base aos seguintes motivos:
1.- De acordo coa devandita
resolución, só poderán solicitar a avaliación e, polo tanto, ter dereito á
percepción de quinquenios, os profesores funcionarios e os contratados doutores
fixos en servizo activo. Quedarían excluidos deste xeito, os profesores con
contrato temporal, os contratados doutores interinos e os profesores con contrato a tempo parcial.
2.- Os sindicatos asinantes
consideramos que esta resolución é discriminatoria. A Directiva Europea 1999/70/CE establece que: “Por lo que
respecta a las condiciones de trabajo, no podrá tratarse a los trabajadores con
un contrato de duración determinada de una manera menos favorable que a los
trabajadores fijos comparables por el mero hecho de tener un contrato de
duración determinada, a menos que se justifique un trato diferente por razones
objetivas”.
Asemade, a Directiva 97/81/CE establece que: “Por lo que respecta a las condiciones de empleo, no
podrá tratarse a los trabajadores a tiempo parcial de una manera menos
favorable que a los trabajadores a tiempo completo comparables por el simple
motivo de que trabajen a tiempo parcial, a menos que se justifique un trato
diferente por razones objetivas” . E tamén en semellantes termos se
expresa o artigo 12.4 do Estatuto dos Traballadores.
3.- E verdade que a Resolución Reitoral
se axusta á normativa sobre retribucións do profesorado universitario de 1989, pero
os órganos da Administración están obligados a aplicar o dereito da Unión
Europea.
4.- Si a discriminación do
profesorado con contrato de duración determinada ou a tempo parcial ten a súa causa
nunha norma estatal, cómpre inaplicar esta norma estatal mesmo cando se refiere
ao sector público.
5.- Son reiteradas as sentenzas
que recoñecen aos traballadores con contrato de duración determinada o dereito
ao cobro de complementos salariais, (trienios, sexenios, etc.), así como o
resto de dereitos que os equiparan cos traballadores con contrato indefinido.
A Universidade de Vigo non pode
ignorar os dereitos dunha boa parte dos seus profesores, recoñecidos polas
normas. Con esta iniciativa, os sindicatos asinantes ratifican o seu compromiso
de traballar polo PDI da Universidade de Vigo, en especial por aqueles que se atopan
nunha situación máis precaria.
En Vigo, a 23 de decembro de 2016
CC.OO. SECCIÓN SINDICAL
UNIVERSIDAD DE VIGO
SINTICATO DE TRABALLADORES DO
ENSINO DE GALIZA
ASOCIACIÓN DE PROFESORADO
ASOCIADO DE LA UNIVERSIDAD DE VIGO
Coa túa opinión traballamos mellor
Publicar un comentario
Coa túa opinión traballamos mellor, grazas.