CCOO non apoiará ningún novo cadro de persoal que signifique a restrición de prazas en categoría ningunha. Ata o momento, as propostas da Xerencia son de mínimos e de recortes no noso cadro de persoal; mesmo de modificacións das condicións de traballo que non debemos nin temos que consentir pois, na práctica, implicaría a inexistencia de oferta de emprego nunha universidade que presume cada día de crecemento e aumento de infraestruturas, como reflicte o orzamento de gasto da propia universidade. En CCOO non entendemos que o aumento de servizos e infraestruturas nos diferentes campus poida planificarse en paralelo a unha previsión de recortes no persoal que tería que atender estes novos servizos.
Dende CCOO reclamamos tamén que o novo cadro de persoal reflicta a situación real con claridade, a clasificación e estrutura de todas as prazas, con estudos moito máis detallados por áreas e nos que se especifiquen as necesidades reais.
En CCOO non concordamos con ningún sistema de selección que non se basee en procesos respectuosos cos principios de capacidade, mérito e igualdade que recollen as leis básicas.
Traballaremos para que todas as prazas non dotadas con persoal fixo se cubran por oposición e se abandonen de vez as prácticas irresponsables que rematan en creación de prazas mediante sentenzas xudiciais ou outras vías, que o único que fan é impedir unha promoción de calidade para o noso colectivo, ao tempo que xeran a desconfianza no respecto aos principios básicos que a lexislación impón á Administración nos seus procedementos de selección de persoal.
Impulsaremos medidas de contratación que respondan a necesidades reais da universidade e a estabilización das prazas na RPT en canto se convertan en necesidades estruturais.
Coa túa opinión traballamos mellor
Publicar un comentario
Coa túa opinión traballamos mellor, grazas.