domingo, 6 de diciembre de 2015

Recuperación e mellora das condicións laborais do Pas Laboral




  • Cobertura real das prazas segundo o cadro de persoal. 
  • Transparencia e actualización das listas de agarda. Propoñemos que o acceso ás listas de agarda esté aberto de xeito permanente durante todo o ano para o persoal fixo da universidade. As listas de agarda pechadas impiden o dereito á promoción do persoal fixo que se incorpora despois de se confeccionar a lista, situación que vulnera o dereito dos traballadores á promosicón e que pode manterse durante anos. 
  • Establecemento dun procedemento áxil de intercambio de traballadores entre as universidades do sistema universitario galego para todo o colectivo.
  • Establecemento dun sistema áxil de mediación de conflitos laborais profesionalizado e obxectivo, no que se poidan atender as necesidades e problemas laborais dos traballadores e traballadoras, así como dos colectivos que teñen especiais problemas de orde interna. 
  • Recuperar de xeito urxente o poder adquisitivo salarios e demais dereitos previos aos recortes do Goberno e da Xunta, e propoñer melloras nas retribucións. 
  • Recuperación íntegra da parte da paga extraordinaria que falta por retribuír. 
  • Recuperación dos días adicionais negociados e acordados e que foron concedidos tras a negativa da universidade á compensación económica correspondente. 
  • Recuperación das prestacións por incapacidade temporal. Aboamento do 100 % das retribucións en caso de ILT.  Dende a entrada en vigor das distintas normativas estatais e autonómicas, e a súa aplicación na universidade, as prestacións por incapacidade temporal minoraron nunha cantidade moi lesiva para as traballadoras e traballadores da Universidade de Vigo. Dende CCOO comprometémonos a loitar por recuperar o aboamento íntegro das prestacións por incapacidade
  • Fomentar acordos entre a Universidade e asociacións de apoio ás persoas e familias con problemas de saúde ou psicosociais.
  • Establecer un gabinete de apoio para os/as traballadores/as en situación de ILT que lles preste axuda nas súas necesidades de información e seguimento especial cando se precisar por necesidades especiais. 
  • Elaboración dun procedemento que estableza un baremo para regular os cambios de quenda e localidade que teña en conta a conciliación familiar. 
  • Traballar  polo establecemento de acordos entre a Universidade de Vigo e asociacións de apoio ás persoas e familias con problemas de saúde ou psicosociais. 
  • Fomentar a implantación de prexubiliacións con contratos de relevo. 
  • Promover medidas correctoras e efectivas no ámbito da igualdade mediante a esixencia do funcionamento responsable dos órganos e comisións competentes. 
  •  Establecer mecanismos para promover un clima laboral axeitado e no que se favoreza a participación e comunicación de todos os colectivos traballadores. 
  • Revisión e actualización dos protocolos relativos a conflitos interpersoais e de acoso no traballo, nos que se inclúan medidas efectivas para establecer de vías de comunicación que garantan o anonimato e o seguimento das denuncias de xeito responsable e efectivo, sempre co obxectivo de promover as boas relacións no ámbito laboral. 

ACCIÓN SOCIAL 


CCOO tenlle presentado á Universidade de Vigo propostas concretas para mellorar a actual normativa e tamén ten expresado repetidamente a necesidade dunha replanificación xeral desta materia. Cremos que as axudas deben adaptarse á realidade económica do solicitante, establecendo criterios moito máis efectivos para que as familias con menor renda per cápita perciban maiores cotas de axuda. Coidamos que cómpre insistir na eliminación da contía máxima que perciben as rendas máis baixas, para permitir unha mellor redistribución das axudas. Temos elaborado medidas concretas, e seguirémolas propoñendo, para mellorar a xestión neste importantísimo aspecto social e solidario

FORMACIÓN

   Dende CCOO sempre traballamos moi activamente no eido da formación porque a consideramos a ferramenta máis poderosa para acadar os estándares de calidade no traballo que demanda o vertixinoso contexto de cambios a todos os niveis en todos os sectores en xeral e en particular no sector da ensinanza superior como principal xacemento dos recursos humanos que esixe o mercado laboral. 

   Temos conseguido que anualmente se presente un Plan de Formación que recolla as demandas dos diferentes colectivos. Sentímonos orgullosos do traballo que se fixo e seguimos apostando pola dinamización neste campo. 

   Malia todo, pensamos que é moito aínda o que se pode mellorar. Pensamos que é imprescindible facer un traballo de difusión para que o noso colectivo dispoña de moita máis información e coñeza todas as acción e ofertas formativas así como as aportacións que cada un pode facer na organización presentando propostas formativas, por exemplo. 

   Reclamamos moita máis transparencia na información sobre todos os aspectos da formación a través dun sitio propio na web da universidade no que se informe de todas as acción que se desenvolvan e dos informes e memorias que se fagan para que todos e todas os traballadores podamos presentar as nosas demandas formativas de xeito acaído e eficaz. 

   Demandamos tamén que se compartan os resultados da formación externa. Temos constancia do investimento que supón esta formación e pensamos que dende a universidade débese tirar proveito desta inversión compartindo públicamente co resto dos traballadores o contido dos cursos adxudicados a título persoal. 

   Xa hai servizos que internamente comparten os resultados da formación do seu colectivo, e os resultados son non só un plus de transparencia senón unha mellora efectiva na formación xeral da área de traballo. Débese dar moita mais publicidade as ofertas formativas das que dispoñemos as/os traballadores e débese fomentar a asistencia a todas as accións que se organicen prestando dende a Xerencia o opoio necesario para a substitución de todas as persoas para que poidan asistir ás accións e cursos de formación.

   Dende CCOO pensamos que ten que haber moita máis transparencia tamén sobre as valoracións tanto académicas como económicas dos plans de formación. Traballaremos na resolucion definitiva da problemática dos traballadores e traballadoras que prestan os seus servizos en quendas de tarde para que poidan disfrutar en igualdade do seu dereito á formación. Non se lle pode negar este dereito a ningún/a traballador/a polo simple feito de que sexan minoría na súa quenda e non sexa rendible organizar cursos de tarde nin facilitar que poidan gozar de permisos para asistsir na quenda de maña. 

   Dende CCOO temos moi claro que este problema ten unha doada solución, que pasa polo vontade do responsable de recursos humanos que tería que asegurar a sustitución de calquera traballador que nesta quenda solicitase a asistencia a un curso ou acción formativa. Dende CCOO consideramos que o deber de extender o dereito á formación ao persoal con cargo ao Capítulo VI.

Coa túa opinión traballamos mellor

Publicar un comentario

Coa túa opinión traballamos mellor, grazas.