Fonte: DUVI
“Este resultado é para nós un desafío xa que estamos nun momento crucial para o PAS Laboral porque estamos a negociar o proceso de funcionarización”, sinala Marcos Estévez Orge, cabeza de lista da candidatura presentada por CCOO ao Colexio de Técnicos e Administrativos, que agradece o apoio dos compañeiros e compañeiras que depositaron a súa confianza neste sindicato".
Para Estévez a conformación do novo comité non deixa de ser unha cuestión formal dado que “o importante non somos nós, senón os compañeiros do PAS Laboral”.Tras lembrar que se trata dun proceso voluntario ao que o persoal laboral poderá acollerse ou non, Marcos Estévez amósase optimista en relación coa funcionarización que permitiría eliminar as dúas categorías existentes na actualidade na Universidade de Vigo de xeito que converxerían nunha soa que agruparía a máis de 800 traballadores e traballadoras de administración e servizos. “Pretendemos ser o máis veloces que nos sexa posible neste proceso que conta co apoio do reitor e no que tamén nos sentaremos a falar cos representantes sindicais dos e das funcionarias”, explica o sindicalista de CCOO.
parabéns! sorte con todo o moito que queda por facer.
ResponderEliminar