jueves, 28 de enero de 2016
A EGAP publica o Plan de Formación 2016.
RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2016 pola que se publica o Plan de formación do persoal das administracións e entes públicos da Comunidade Autónoma, das entidades locais e da Administración de xustiza de Galicia, así como do persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas, para o ano 2016.
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016
viernes, 22 de enero de 2016
Os tres días de vacacións por cada período non lectivo de Semana Santa e Nadal no II Convenio Colectivo do PAS Laboral da Uvigo.
A Xerencia publica hoxe a Instrución sobre calendario laboral, vacacións e días de libre disposición para o ano 2016 do persoal de administración e servizos.
CCOO, seguirá traballando na procura da recuperacion deste dereito acadado para todo o PAS da Universidade logo de longas e arduas negociacións precedidas por una folga laboral de 56 dias.
Aprobación do plan de formación da EGAP para 2016.
Aprobado polo Consello Reitor da EGAP o plan ofrecerá aos empregados públicos, máis de 23.000 prazas formativas. Está prevista a convocatoria de 516 edicións formativas, un 12% máis ca no 2015, e 23.148 prazas, un 10% máis ca no 2015. A EGAP convocará 27 edicións formativas e 1700 prazas para o PAS das universidades galegas.
Fonte: La Voz de Galicia
martes, 19 de enero de 2016
3º Aboamento parcial da paga extra decembro 2012
Como xa sabedes, conforme o disposto na Instrución da Xerencia de data 5 de xaneiro de 2016 sobre a recuperación da paga extraordinaria de decembro de 2012 deixada de percibir, segundo o previsto na lei de orzamentos de Galicia para o ano 2016 (D.O.G. 31/12/2015) as cantidades serán abonadas no primeiro trimestre do ano 2016
Presentacion do informe El sistema universitario español. Datos y Cifras. Curso 2014-2015.
O informe anual Datos y Cífras del Sistema Universitario Español conten información relevante
referida á educación universitaria en España. Este informe aporta datos da actividade docente
e investigadora das universidades e información relativa a os estudantes
universitarios.
Inclúese tamén información relacionada co ámbito económico das universidades. Podense consultar os prezos públicos universitarios establecidos polas comunidades autónomas no último curso académico e as liquidacións orzamentarias das universidades públicas, ademáis dos indicadores máis relevantes relacionados con esta información. Asimesmo, podese coñecer información sobre as plantillas docentes e de persoal de administración das universidades, con referencia ao número, sexo, edade, nacionalidade, sexenios ou movilidade.
España e o terceiro país da OCDE que menos invirte en becas de universitarios.
Fonte: La Voz de Galicia
Inclúese tamén información relacionada co ámbito económico das universidades. Podense consultar os prezos públicos universitarios establecidos polas comunidades autónomas no último curso académico e as liquidacións orzamentarias das universidades públicas, ademáis dos indicadores máis relevantes relacionados con esta información. Asimesmo, podese coñecer información sobre as plantillas docentes e de persoal de administración das universidades, con referencia ao número, sexo, edade, nacionalidade, sexenios ou movilidade.
España e o terceiro país da OCDE que menos invirte en becas de universitarios.
Fonte: La Voz de Galicia
lunes, 18 de enero de 2016
Constitución do novo Comité de Empresa do PAS Laboral de Pontevedra.
Hoxe quedou constituído o novo Comité de Empresa do Pas Laboral de Pontevedra da Universidade de Vigo como resultado do proceso electoral do 10 de decembro. Acordouse a constitución do organo de representación e do cargos unipersoais do mesmo:
Presidente: Marcos Estévez Orge.
Vicepresidenta. Marisa Magaz Ledo.
Secretaria: Margarita Turnes Negreira.
Vicesecretario: Alfonso Bascoy Fernández.
Dende CCOO agradecemos axs compañeirxs que cesaron o seu traballo e adicación e quedamos ao dispor de todos vós para poder exercer con éxito a representación que nos confiastes en aras da consecución dos nosos obxectivos, que non son poucos.
Grazas pola vosa confianza.
Convocatoria de reunión ordinaria para a constitución do novo Comité de Empresa do PAS Laboral de Pontevedra.
Hoxe está prevista e convocada unha reunión Ordinaria do Comité de Empresa do PAS L. de Pontevedra para a constitución do novo Comité.
Ao longo da mañán coñeceremos os acordos acadados.
Ao longo da mañán coñeceremos os acordos acadados.
jueves, 14 de enero de 2016
Plan de Formación para o Persoal de Administración e Servizos da Universidade de Vigo. PLAN 2016
Nesta ligazón podes consultar o Plan de Formación para o persoal de Administración e Servizos da Uvigo para 2016 e aquí o cadro cos cursos previstos que se desenvolverán no presente ano.
A xulgar polas vosas suxestións, botamos en falla a formación de cara ao futuro que procuran a Xerencia e os Organos de Representación. . Sen dúbida precisamos unha actualización na formación relativa a lexislación sobre emprego público, tipoloxía de empregados, comparación de marcos xurídicos e estatutos de persoal laboral / persoal funcionario, etc. Dado que a formación é financiada con cargo ás nosas retribucións e dada tamén a flexibilidade da xestión na formación, convidámosvos a que presentedes todas as suxestións de cursos para artellar algunha proposta neste sentido.
viernes, 8 de enero de 2016
A Sala IV do Social do Tribunal Supremo estima o recurso contra a sentencia da Audiencia Nacional, que estableceu que os descansos por refrixerio non son horas ordinarias.
O fallo apunta que ao traballador que non disfrute de este descanso lle corresponde, ademáis da retribución ordinaria incorporada ao soldo mensual por ter la pausa do bocadillo consideración de tiempo efectivo de traballo, unha retribución complementaria, pero que non é xornada extra.
martes, 5 de enero de 2016
Orzamento 2016 ¿boas novas para o Pas-Laboral?
O Consello de Goberno aproba un orzamento de 160,6 millóns de euros para 2016.
Na derradeira sesión do ano, o Consello de Goberno aprovou un orzamento de 160,6 millóns de euros.
O vicerreitor destacou o “importantísimo incremento” que se rexistra no capítulo de persoal, que aumenta un 6,5%, pasando dos 89, 1 millóns de 2015 aos 95 millóns de 2016. Tras lembrar que “estamos preto do 60% en gasto de persoal o que nos achega ao límite”, José Manuel García destacou que “fomos a única universidade do SUG que aumentou este capítulo, porque apostamos polo capital humano, o emprego público e a defensa da carreira dos nosos empregados e empregadas”.
Agardamos que esta aposta pola defensa do capital humano se traduza na negociación dunha RPT para o PAS acorde con estas manifestacións e libre de recortes e modificacións arbitrarias das condicións de traballo do colectivo de traballadorxs.
Neste senso queremos interpretar as verbas de José Manuel García, que sinala que a negociación da nova RPT “deberá dar resposta ás novas necesidades de organización da Universidade e tamén afrontar os retos de futuro”, ao tempo que destacou que o novo marco debe dar acubillo ao proceso de funcionarización que está en marcha.
miércoles, 23 de diciembre de 2015
As Universidades seguen reducindo os seus cadros de persoal a un ritmo preocupante.
En 2013, os profesores e investigadores diminuiron en 1.350 persoas.Si se lle engade o PAS, o cadro de persoal a principios do 2014 descendeu un 1,3 %.
Durante os últimos cinco anos,o persoal das universidades públicas medrou un 47%. producíndose o aumento precisamente no PDI, pero sabemos o camiño escollido: conseguirono a través de contratos laborais, xa que o corpo de funcionarios docentes mantívose prácticamente estable, rexistrando incluso una lixeira redución. (Fonte. expansion.com)
Nos orzamentos das universidades para 2015, a pesares da melloría dos datos macroeconómicos, non se reflicten melloras en inversión xeral nin en investigación. Os recortes seguen reducindo os cadros de persoal. ( Fonte:nuevatribuna.es )
Durante os últimos cinco anos,o persoal das universidades públicas medrou un 47%. producíndose o aumento precisamente no PDI, pero sabemos o camiño escollido: conseguirono a través de contratos laborais, xa que o corpo de funcionarios docentes mantívose prácticamente estable, rexistrando incluso una lixeira redución. (Fonte. expansion.com)
Nos orzamentos das universidades para 2015, a pesares da melloría dos datos macroeconómicos, non se reflicten melloras en inversión xeral nin en investigación. Os recortes seguen reducindo os cadros de persoal. ( Fonte:nuevatribuna.es )
CCOO no seu informe sobre do curso 2015/2016 mostra como o gobierno do PP culmina a lexislatura cunha reforma letal para a universidad pública.
lunes, 21 de diciembre de 2015
Novas instruccións sobre xornada e horarios de traballo do persoal ao servizo das AAPP do Estado e organismos públicos.
No BOE de decembro de 2015 publícase a Resolución de 25 de novembro de 2015, da Secretaría de Estado de Administracións Públicas, poa que se modifica a de 28 de decembro de 2012, pola que se dictan instruccións sobre xornada e horarios de traballo do persoal a servizo da Administración Xeral do Estado e seus
organismos públicos
Extracto:
Por motivos de conciliación de la vida personal, familiar y laboral, los empleados públicos con hijos, descendientes o personas sujetas a su tutela o acogimiento de hasta 12 años de edad, podrán acogerse a esta modalidad de jornada intensiva desde el 1 de junio y hasta el 30 de septiembre de cada año. Este derecho podrá ejercerse también en el año en el que el menor cumpla la edad de 12 años.
Los empleados públicos que se reincorporen al servicio efectivo a la finalización de un tratamiento de radioterapia o quimioterapia, podrán solicitar una adaptación progresiva de su jornada de trabajo ordinaria. La Administración podrá conceder esta adaptación cuando la misma coadyuve a la plena recuperación funcional de la persona o evite situaciones de especial dificultad o penosidad en el
desempeño de su trabajo. Esta adaptación podrá extenderse hasta un mes desde el alta médica y podrá afectar hasta un 25% de la duración de la jornada diaria, preferentemente en la parte flexible de la misma, considerándose como tiempo de trabajo efectivo. La solicitud irá acompañada de la documentación que aporte el interesado para acreditar la existencia de esta situación, y la Administración deberá resolver sobre la misma en un plazo de tres días, sin perjuicio de que, para comprobar la procedencia de esta adaptación, la Administración podrá recabar los informes del Servicio de Prevención de Riesgos Laborales o de cualesquiera otros
órganos que considere oportuno sobre el tratamiento recibido o las actividades de rehabilitación que le hayan sido prescritas.
El plazo al que se refiere el párrafo anterior podrá ampliarse en un mes más cuando el empleado público justifique la persistencia en su estado de salud de las circunstancias derivadas del tratamiento de radioterapia o quimioterapia.
Con carácter excepcional, y en los mismos términos indicados, esta adaptación de jornada podrá solicitarse en procesos de recuperación de otros tratamientos de especial gravedad, debiendo en este supuesto analizarse las circunstancias concurrentes en cada caso.
lunes, 14 de diciembre de 2015
O orzamento da Uvigo para 2016 e o Pas Laboral
Hoxe presentáronse ante o Claustro as liñas básicas de actuación orzamentaria da universidade para o exercicio de 2016. O vicerreitor de economía salienta a previsión "conservadora" deste orzamento como vía para a consecución do superávit, o que traducido á lingua común que nos interesa, ven a dicir que hai que seguir contendo a respiración, ou sexa, seguir aforrando.
Pareceríanos moi saudable esta visión se non tivésemos pistas de que o aforro faise máis no personal que no ladrillo, pois seguimos a voltas con operacións de compras de edificios no centro de Vigo logo de ter malvendido a antiga sede.
Nas liñas básicas de actuación referidas ao PAS destácase como “de vital importancia” acadar o máximo consenso para a revisión e actualización da relación de postos de traballo do persoal de administración e servizos no marco das posibilidades actuais da institución pero con clara vontade de impulsar a estabilización e promoción do PAS”.
Semella que implícitamente están falando do proceso de funcionarización do Pas Laboral, que, como ben sabemos, vaille supoñer á universidade un aforro moi considerable, 450.000 euros aforraron na UDC (1). Dende o noso colectivo de PAS LABORAL debemos estar atentos a estas políticas de estabilización e promoción do PAS, non vaia a ser que sexan únicamente políticas de mero axuste económico.
(1) La universidad coruñesa hizo en un año funcionarios a 207 trabajadores. La medida, que acaba de iniciar su última fase, cumple con los estatutos de la UDC, que prevé un ahorro anual de 450.000 euros al final del proceso
Noticia no Duvi
Nas liñas básicas de actuación referidas ao PAS destácase como “de vital importancia” acadar o máximo consenso para a revisión e actualización da relación de postos de traballo do persoal de administración e servizos no marco das posibilidades actuais da institución pero con clara vontade de impulsar a estabilización e promoción do PAS”.
Semella que implícitamente están falando do proceso de funcionarización do Pas Laboral, que, como ben sabemos, vaille supoñer á universidade un aforro moi considerable, 450.000 euros aforraron na UDC (1). Dende o noso colectivo de PAS LABORAL debemos estar atentos a estas políticas de estabilización e promoción do PAS, non vaia a ser que sexan únicamente políticas de mero axuste económico.
(1) La universidad coruñesa hizo en un año funcionarios a 207 trabajadores. La medida, que acaba de iniciar su última fase, cumple con los estatutos de la UDC, que prevé un ahorro anual de 450.000 euros al final del proceso
Noticia no Duvi
sábado, 12 de diciembre de 2015
CCOO gaña as eleccións do PAS Laboral de Pontevedra
“Este resultado é para nós un desafío xa que estamos nun momento crucial para o PAS Laboral porque estamos a negociar o proceso de funcionarización”, sinala Marcos Estévez Orge, cabeza de lista da candidatura presentada por CCOO ao Colexio de Técnicos e Administrativos, que agradece o apoio dos compañeiros e compañeiras que depositaron a súa confianza neste sindicato".
Para Estévez a conformación do novo comité non deixa de ser unha cuestión formal dado que “o importante non somos nós, senón os compañeiros do PAS Laboral”.Tras lembrar que se trata dun proceso voluntario ao que o persoal laboral poderá acollerse ou non, Marcos Estévez amósase optimista en relación coa funcionarización que permitiría eliminar as dúas categorías existentes na actualidade na Universidade de Vigo de xeito que converxerían nunha soa que agruparía a máis de 800 traballadores e traballadoras de administración e servizos. “Pretendemos ser o máis veloces que nos sexa posible neste proceso que conta co apoio do reitor e no que tamén nos sentaremos a falar cos representantes sindicais dos e das funcionarias”, explica o sindicalista de CCOO.
jueves, 10 de diciembre de 2015
Resultados das eleccions ao comité de empresa de Pontevedra.
Nas eleccións ao Comité de Empresa do Pas Laboral de Pontevedra,
celebradas hOxe, CCOO logra ser a primeira forza sindical en
número de votos nos dous colexios, tanto no de Técnicos e Administrativos,
como no de Especialistas non cualificados.
Os resultados son os seguintes:
Colexio de Técnicos:
censo emitidos/validos nulos brancos CCOO UGT CIG
Vigo 182 113 110 3 1 54 18 37
Pont 28 23 22 1 1 3 3 15
Total 210 136 132 4 2 57 21 52
CCO0: 4 delegados.
CIG: 4 delegados.
UGT: 1 delegado.
Colexio de Especialistas:
censo emitidos/válidos N B CCOO UGT CIG
Vigo 70 58 / 57 1 0 28 8 21
Pont 22 18 / 17 1 1 5 1 10
Total. 92 76 / 74 2 1 33 9 31
CCOO. 2 delegados.
CIG: 2 delegados.
celebradas hOxe, CCOO logra ser a primeira forza sindical en
número de votos nos dous colexios, tanto no de Técnicos e Administrativos,
como no de Especialistas non cualificados.
Os resultados son os seguintes:
Colexio de Técnicos:
censo emitidos/validos nulos brancos CCOO UGT CIG
Vigo 182 113 110 3 1 54 18 37
Pont 28 23 22 1 1 3 3 15
Total 210 136 132 4 2 57 21 52
CCO0: 4 delegados.
CIG: 4 delegados.
UGT: 1 delegado.
Colexio de Especialistas:
censo emitidos/válidos N B CCOO UGT CIG
Vigo 70 58 / 57 1 0 28 8 21
Pont 22 18 / 17 1 1 5 1 10
Total. 92 76 / 74 2 1 33 9 31
CCOO. 2 delegados.
CIG: 2 delegados.
domingo, 6 de diciembre de 2015
Recuperación e mellora das condicións laborais do Pas Laboral
- Cobertura real das prazas segundo o cadro de persoal.
- Transparencia e actualización das listas de agarda. Propoñemos que o acceso ás listas de agarda esté aberto de xeito permanente durante todo o ano para o persoal fixo da universidade. As listas de agarda pechadas impiden o dereito á promoción do persoal fixo que se incorpora despois de se confeccionar a lista, situación que vulnera o dereito dos traballadores á promosicón e que pode manterse durante anos.
- Establecemento dun procedemento áxil de intercambio de traballadores entre as universidades do sistema universitario galego para todo o colectivo.
- Establecemento dun sistema áxil de mediación de conflitos laborais profesionalizado e obxectivo, no que se poidan atender as necesidades e problemas laborais dos traballadores e traballadoras, así como dos colectivos que teñen especiais problemas de orde interna.
- Recuperar de xeito urxente o poder adquisitivo salarios e demais dereitos previos aos recortes do Goberno e da Xunta, e propoñer melloras nas retribucións.
- Recuperación íntegra da parte da paga extraordinaria que falta por retribuír.
- Recuperación dos días adicionais negociados e acordados e que foron concedidos tras a negativa da universidade á compensación económica correspondente.
- Recuperación das prestacións por incapacidade temporal. Aboamento do 100 % das retribucións en caso de ILT. Dende a entrada en vigor das distintas normativas estatais e autonómicas, e a súa aplicación na universidade, as prestacións por incapacidade temporal minoraron nunha cantidade moi lesiva para as traballadoras e traballadores da Universidade de Vigo. Dende CCOO comprometémonos a loitar por recuperar o aboamento íntegro das prestacións por incapacidade
- Fomentar acordos entre a Universidade e asociacións de apoio ás persoas e familias con problemas de saúde ou psicosociais.
- Establecer un gabinete de apoio para os/as traballadores/as en situación de ILT que lles preste axuda nas súas necesidades de información e seguimento especial cando se precisar por necesidades especiais.
- Elaboración dun procedemento que estableza un baremo para regular os cambios de quenda e localidade que teña en conta a conciliación familiar.
- Traballar polo establecemento de acordos entre a Universidade de Vigo e asociacións de apoio ás persoas e familias con problemas de saúde ou psicosociais.
- Fomentar a implantación de prexubiliacións con contratos de relevo.
- Promover medidas correctoras e efectivas no ámbito da igualdade mediante a esixencia do funcionamento responsable dos órganos e comisións competentes.
- Establecer mecanismos para promover un clima laboral axeitado e no que se favoreza a participación e comunicación de todos os colectivos traballadores.
- Revisión e actualización dos protocolos relativos a conflitos interpersoais e de acoso no traballo, nos que se inclúan medidas efectivas para establecer de vías de comunicación que garantan o anonimato e o seguimento das denuncias de xeito responsable e efectivo, sempre co obxectivo de promover as boas relacións no ámbito laboral.
ACCIÓN SOCIAL
CCOO
tenlle presentado á Universidade de Vigo propostas concretas para
mellorar a actual normativa e tamén ten expresado repetidamente a
necesidade dunha replanificación xeral desta materia. Cremos que as
axudas deben adaptarse á realidade económica do solicitante,
establecendo criterios moito máis efectivos para que as familias con
menor renda per cápita perciban maiores cotas de axuda. Coidamos que
cómpre insistir na eliminación da contía máxima que perciben as
rendas máis baixas, para permitir unha mellor redistribución das
axudas. Temos elaborado medidas concretas, e seguirémolas
propoñendo, para mellorar a xestión neste importantísimo aspecto
social e solidario
FORMACIÓN
Dende CCOO sempre traballamos moi activamente no eido da formación porque a consideramos a ferramenta máis poderosa para acadar os estándares de calidade no traballo que demanda o vertixinoso contexto de cambios a todos os niveis en todos os sectores en xeral e en particular no sector da ensinanza superior como principal xacemento dos recursos humanos que esixe o mercado laboral.
Temos conseguido que anualmente se presente un Plan de Formación que recolla as demandas dos diferentes colectivos. Sentímonos orgullosos do traballo que se fixo e seguimos apostando pola dinamización neste campo.
Malia todo, pensamos que é moito aínda o que se pode mellorar. Pensamos que é imprescindible facer un traballo de difusión para que o noso colectivo dispoña de moita máis información e coñeza todas as acción e ofertas formativas así como as aportacións que cada un pode facer na organización presentando propostas formativas, por exemplo.
Reclamamos moita máis transparencia na información sobre todos os aspectos da formación a través dun sitio propio na web da universidade no que se informe de todas as acción que se desenvolvan e dos informes e memorias que se fagan para que todos e todas os traballadores podamos presentar as nosas demandas formativas de xeito acaído e eficaz.
Demandamos tamén que se compartan os resultados da formación externa. Temos constancia do investimento que supón esta formación e pensamos que dende a universidade débese tirar proveito desta inversión compartindo públicamente co resto dos traballadores o contido dos cursos adxudicados a título persoal.
Xa hai servizos que internamente comparten os resultados da formación do seu colectivo, e os resultados son non só un plus de transparencia senón unha mellora efectiva na formación xeral da área de traballo. Débese dar moita mais publicidade as ofertas formativas das que dispoñemos as/os traballadores e débese fomentar a asistencia a todas as accións que se organicen prestando dende a Xerencia o opoio necesario para a substitución de todas as persoas para que poidan asistir ás accións e cursos de formación.
Dende CCOO pensamos que ten que haber moita máis transparencia tamén sobre as valoracións tanto académicas como económicas dos plans de formación. Traballaremos na resolucion definitiva da problemática dos traballadores e traballadoras que prestan os seus servizos en quendas de tarde para que poidan disfrutar en igualdade do seu dereito á formación. Non se lle pode negar este dereito a ningún/a traballador/a polo simple feito de que sexan minoría na súa quenda e non sexa rendible organizar cursos de tarde nin facilitar que poidan gozar de permisos para asistsir na quenda de maña.
Dende CCOO temos moi claro que este problema ten unha doada solución, que pasa polo vontade do responsable de recursos humanos que tería que asegurar a sustitución de calquera traballador que nesta quenda solicitase a asistencia a un curso ou acción formativa. Dende CCOO consideramos que o deber de extender o dereito á formación ao persoal con cargo ao Capítulo VI.
FORMACIÓN
Dende CCOO sempre traballamos moi activamente no eido da formación porque a consideramos a ferramenta máis poderosa para acadar os estándares de calidade no traballo que demanda o vertixinoso contexto de cambios a todos os niveis en todos os sectores en xeral e en particular no sector da ensinanza superior como principal xacemento dos recursos humanos que esixe o mercado laboral.
Temos conseguido que anualmente se presente un Plan de Formación que recolla as demandas dos diferentes colectivos. Sentímonos orgullosos do traballo que se fixo e seguimos apostando pola dinamización neste campo.
Malia todo, pensamos que é moito aínda o que se pode mellorar. Pensamos que é imprescindible facer un traballo de difusión para que o noso colectivo dispoña de moita máis información e coñeza todas as acción e ofertas formativas así como as aportacións que cada un pode facer na organización presentando propostas formativas, por exemplo.
Reclamamos moita máis transparencia na información sobre todos os aspectos da formación a través dun sitio propio na web da universidade no que se informe de todas as acción que se desenvolvan e dos informes e memorias que se fagan para que todos e todas os traballadores podamos presentar as nosas demandas formativas de xeito acaído e eficaz.
Demandamos tamén que se compartan os resultados da formación externa. Temos constancia do investimento que supón esta formación e pensamos que dende a universidade débese tirar proveito desta inversión compartindo públicamente co resto dos traballadores o contido dos cursos adxudicados a título persoal.
Xa hai servizos que internamente comparten os resultados da formación do seu colectivo, e os resultados son non só un plus de transparencia senón unha mellora efectiva na formación xeral da área de traballo. Débese dar moita mais publicidade as ofertas formativas das que dispoñemos as/os traballadores e débese fomentar a asistencia a todas as accións que se organicen prestando dende a Xerencia o opoio necesario para a substitución de todas as persoas para que poidan asistir ás accións e cursos de formación.
Dende CCOO pensamos que ten que haber moita máis transparencia tamén sobre as valoracións tanto académicas como económicas dos plans de formación. Traballaremos na resolucion definitiva da problemática dos traballadores e traballadoras que prestan os seus servizos en quendas de tarde para que poidan disfrutar en igualdade do seu dereito á formación. Non se lle pode negar este dereito a ningún/a traballador/a polo simple feito de que sexan minoría na súa quenda e non sexa rendible organizar cursos de tarde nin facilitar que poidan gozar de permisos para asistsir na quenda de maña.
Dende CCOO temos moi claro que este problema ten unha doada solución, que pasa polo vontade do responsable de recursos humanos que tería que asegurar a sustitución de calquera traballador que nesta quenda solicitase a asistencia a un curso ou acción formativa. Dende CCOO consideramos que o deber de extender o dereito á formación ao persoal con cargo ao Capítulo VI.
jueves, 3 de diciembre de 2015
CCOO: Eleccións PAS 2015: Negociación de RPT sen recortes.
Negociación da RPT sen recortes
CCOO non apoiará ningún novo cadro de persoal que signifique a restrición de prazas en categoría ningunha. Ata o momento, as propostas da Xerencia son de mínimos e de recortes no noso cadro de persoal; mesmo de modificacións das condicións de traballo que non debemos nin temos que consentir pois, na práctica, implicaría a inexistencia de oferta de emprego nunha universidade que presume cada día de crecemento e aumento de infraestruturas, como reflicte o orzamento de gasto da propia universidade. En CCOO non entendemos que o aumento de servizos e infraestruturas nos diferentes campus poida planificarse en paralelo a unha previsión de recortes no persoal que tería que atender estes novos servizos.
Dende CCOO reclamamos tamén que o novo cadro de persoal reflicta a situación real con claridade, a clasificación e estrutura de todas as prazas, con estudos moito máis detallados por áreas e nos que se especifiquen as necesidades reais.
En CCOO non concordamos con ningún sistema de selección que non se basee en procesos respectuosos cos principios de capacidade, mérito e igualdade que recollen as leis básicas.
Traballaremos para que todas as prazas non dotadas con persoal fixo se cubran por oposición e se abandonen de vez as prácticas irresponsables que rematan en creación de prazas mediante sentenzas xudiciais ou outras vías, que o único que fan é impedir unha promoción de calidade para o noso colectivo, ao tempo que xeran a desconfianza no respecto aos principios básicos que a lexislación impón á Administración nos seus procedementos de selección de persoal.
Impulsaremos medidas de contratación que respondan a necesidades reais da universidade e a estabilización das prazas na RPT en canto se convertan en necesidades estruturais.
miércoles, 2 de diciembre de 2015
Eleccións Pas Laboral 2015: CCOO Compromiso coa funcionarización voluntaria, sen perda de dereitos e de recoñecemento da promoción do persoal
CCOO: Compromiso coa funcionarización voluntaria, sen perda de dereitos e de recoñecemento da promoción do persoal.
A Universidade de Vigo non é un ente illado do resto de universidades e da sociedade. Por iso CCOO, sindicato maioritario no sector do ensino superior, seguirá traballando por:
• Rexeitamento do modelo 3+2 proposto polo Goberno actual.
• Derrogación do límite na taxa de reposición que, vinculado ás reducións orzamentarias e medidas «excepcionais» impostas polo RDL 14/2012, contribúen á deterioración do modelo de universidade pública e, consecuentemente, ás políticas de precariedade laboral que vimos sufrindo dende hai anos.
• Fin dos recortes financeiros e salariais na nosa universidade.
• Pacto que blinde unha universidade pública, gratuíta e de calidade.
• Estabilidade e seguridade no emprego: que todos os postos estruturais sexan ocupados por persoal do capítulo I.
• Promoción da cultura da profesionalidade, o recoñecemento e a motivación.
• Substitución de cargos académicos por postos profesionais
En CCOO pensamos que estas melloras teñen que traducirse axiña na nosa universidade en medidas concretas que xa non se poden seguir adiando.
Propoñemos:
Traballar pola estabilización do persoal con propostas construtivas e responsables nos procesos de negociación en marcha, relativos á elaboración de cadros de persoal e de funcionarización do persoal laboral.
Funcionarización
Dende a Sección Sindical de CCOO levamos décadas traballando pola funcionarización do persoal laboral. Sempre consideramos que cumpría dar pasos en firme cara á estabilización de todo o colectivo e, sobre todo, sempre entendemos as vantaxes que tanto para o cadro de persoal como para a institución significa a existencia dun único modelo xurídico de empregado/a público/a. Simplificaríanse moito todos os procedementos de xestión dos recursos humanos, o que sen dúbida se traduciría nunha maior transparencia nos procesos de selección e provisión de postos de traballo, coa conseguinte diminución da conflitividade laboral.
CCOO sempre apostou por un proceso de funcionarización voluntario destinado ao persoal laboral fixo e que inclúa unha garantía plena de todos os dereitos económicos e laborais. Ou, dito doutro xeito, non negociaremos ningún proceso de funcionarización que supoña minoración ningunha dos dereitos adquiridos ata o momento.
Tamén esixiremos que se garantan completamente os dereitos de todo o persoal laboral que decida non participar no proceso de funcionarización.
Dende CCOO reclamamos un proceso de funcionarización que recolla o dereito que, conforme á lei, ten a universidade de crear escalas propias, e que se inclúa dende o momento inicial a posibilidade de promoción real para un colectivo que leva moitos anos sufrindo a falta de procesos de promoción ou de transformación de categorías.
Dende CCOO reclamamos que o aforro orzamentario que suporá o proceso de funcionarización do persoal laboral reverta na mellora do noso colectivo.
Dende CCOO reclamamos que, antes da funcionarización, se convoquen os procesos de promoción interna para respectar o dereito á promoción do persoal laboral fixo. Dende CCOO rexeitamos as malas prácticas que rematan na creación de persoal laboral fixo de grupos superiores por sentenza xudicial ou a reconversión de prazas en capítulo I sen respectar os criterios negociados canto á provisión de postos de traballo.
Fomentar a convocatoria de procedementos de promoción interna mediante concurso de méritos, independentemente da negociación, e fomentar a promoción horizontal que recoñeza as melloras continuas da traballadora e traballador no seu posto de traballo.
¡VOTA CCOO!
martes, 1 de diciembre de 2015
sábado, 28 de noviembre de 2015
viernes, 27 de noviembre de 2015
martes, 3 de noviembre de 2015
Once carreiras con menos de 10 alumnos. Malia as múltiples reformas na universidade, este curso hai grados con dous ou tres estudantes, como Xeomática ou Ciencias da Linguaxe.
| Fonte: La Voz de Galicia |
Por desgraza, este titular é xa un clásico na nosa hemeroteca.
O profesorado e colectivo de traballadorxs da Universidade de Vigo xa estamos afeitos a comezos de curso cos desacougantes datos da minguante matrícula.
Pero o máis alarmante é a falta de alarma precisamente entre a comunidade universitaria.
Esta apatía, por unha beira, semella, a consecuencia lóxica dunha deliberada pose de estar por riba da cuestión.
Unha inercia consustancial ao estadio de decadencia propia de rexímenes e institucións que se achegan ao final da dúa existencia sen que ninguén advirta absolutamente nada. É coma se malia todo este ruxe-ruxe mediático tivésemos a absoluta certeza de que, como diría Woody Allen, a cousa funciona. Todo ten moito que ver coa confusión do estado líquido das cousas en xeral, sen dúbida. Dese contino disimular que se fan cousas, dese facer que pareza que..de xeito que rematamos por seguir todo de frente no cruce, pérdese moito tempo ollando se veñen outros pola dereita ou se se interpón un xabarín no noso cammiño. Confiemos en que haxa xente esperta na Akademia que se faga e nos faga as preguntas imprescindíbeis. ¿por qué estan baleiros tantos asentos nas nosa aulas malia tanta reforma como se fixo nos últmos anos? ¿para qué tanta leria coa calidade, a certificación, a avaliación, e os procesos que non fan moito máis que agobiar con infinitos formularios a docentes que tiñan que estar a investigar e preparar convenientemente as súas clases?. Facerse preguntas pode que non sexa políticamente correcto, pero esto non debería importarnos, non somos unha organización política ¿ou si?
martes, 27 de octubre de 2015
A universidade converteuse nunda fábrica de certificación
Velaquí un artigo que aporta unha impagable dose de optimismo nestes tempos de apatía e brazos caídos nunha universidade dende hai moito invadida por procesos burocráticos que complican ata o imposible o traballo diario. Ogallá sea contaxiosa esta paixón da profesora María Acason ¿ou non?
Ver a noticia
jueves, 22 de octubre de 2015
Negociación RPT Pas Laboral, acta nº 8 de 29 de setembro de 2015
Podedes consultar AQUÍ a derradeira Acta da Comisión Negociadora da RPT Laboral, cuxo contido reproducimos a continuación..
jueves, 15 de octubre de 2015
Comeza o proceso de negociación da Funcionarización do Pas Laboral da Universidade de Vigo
O pasado 8 de setembro a Xerencia da Universidade convocou aos representantes dxs traballadorxs para sentar as bases de negociación da funcionarización do persoal laboral da universidade. Nesa reunión a xerencia presentou un documento de puntos básicos sobre os que iniciar o proceso, que se asinou polas partes o pasado 6 de outubro. Reproducimos a continuación o contido do documento para que nos fagades chegar todas as vosas inquedanzas e cuestións.
[o documento podedelo consultar no apartado de Funcionarización, en pdf é o seguinte:
[o documento podedelo consultar no apartado de Funcionarización, en pdf é o seguinte:
PUNTOS BÁSICOS PARA UN ACORDO
DE FUNCIONARIZACIÓN DO PERSOAL DE LABORAL
DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS.
1.- A funcionarización realizarase para todos os postos de traballo correspondentes que integren a relación de postos de traballo do persoal laboral
de administración e servizos (RPT) vixente na data
en que se asine o correspondente acordo,que
previamente se integrarán na RPT do PAS funcionario.
2.- Cada un dos actuais
grupos de titulación fixados no II Convenio Colectivo do PAS
Laboral da Universidade de Vigo integrarase necesariamente no seu correlativo subgrupo
de persoal funcionario,de
acordo coas titulacións
que aquel esixe para o PAS laboral
e as requiridas na lexislación de función
pública para o persoal
funcionario,ou
no seu caso a antigüidade que se determine por acordo na negociación.
Resultará a seguinte
correspondencia .
Subgrupo PAS Funcionario / Grupo PAS Laboral
A1 / I
A2 / II
B / II
Cl / III
C2 / IV
AP / V
3.- O acceso ás correspondentes escalas, subescalas e/ou
especialidades
realizarase atendendo ao grupo de clasificación, á titulación
académica e á natureza
das tarefas da categoría profesional de orixe.
4.-
A participación no proceso de funcionarización terá carácter voluntario,polo que quen opte por
non presentarse, permanecerá no seu posto, coa condición de persoal laboral fixo a extinguir,mantendo as condicións retributivas que lle correspondan; idénticas garantías serán aplicables ao persoal que non o supere
.
5.- A superación do correspondente proceso dará dereito a ser nomeado/a persoal funcionario de carreira. Con carácter xeral,a toma
de posesión efectuarase no mesmo posto que se viñera desempeñando.
6.-Garantira se ao persoal que adquira a condición de funcionario/a os dereitos retributivos mediante complementos persoa is que poderán ser absorbibles ou non absorbibles.
7.- Coa finalidade de promover e facilitar o proceso de funcionarización realizaranse cursos formativos específicos.
/?
Vigo, 6 de outubro 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






